Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)

Abre novembro en Galiza coas tradicionais lembranzas a Santos e Defuntos, agora globalizadas comercialmente e reconvertidas nun novo entroido de outono. Como base da coutada inspiración a agresiva e cinematografía de temática gore. Con versión do estadounidense Halloween, en orixe pasado pola emigración gaélica irlandesa do Samhaín. Sendo este par Galiza o tradicional tempo de Defuntos, tan nutrido de tradicións celtas, romanas, das traídas e levadas ás américas con apoteose en Día de Mortos en Centroamérica. Noite e xornada pois de cemiterios, das simbólicas e esféricas cabazas baleiradas en caveiras, de noces e castañas nas patelas. Tamén tempo de concorridas feiras de Santos, onde mandan no mercado o queixo, os ovos e as noces. Así abre Novembro ao Tempo dos Magostos, de fogueiras, cachelas de luz, de quentura e purificación, dando vida ao tempo escuro, tan asociado coa morte. Celebracións cristianizadas coa devoción e novenarios dedicados o Santo Martiño de Tours, natural da Panonia Húngura, persoeiro do sc. IV, distinguido equite, cabaleiro romano, seguidor da doutrina cristián de Hilario de Poitiers para converterse en afervoado cristianizador dos celtas das Galias. Santo de sona no panceltismo, con devoción espallada no extremo occidental de Iberia, na Gallaecia polo seu paisano Martiño de Dume (Braga), sc. VI, aristócrata, palmeiro aos santos lugares e cunha intensa formación e vida desprazándose a estes confíns do mundo antigo, a Gallaecia sueva. Sendo mesmo autor dun libro, De correctione rusticorum, anatemizando os cultos pagáns e de herdos célticos e romanos dos galaicos: ás pedras, ás árbores, ás fontes, aos montes, aos astros, ás celebracións de equinoccios e solsticios… Ademais traendo o de Braga ao Ourense dos celebres e curandeiros mananciais das Burgas, as reliquias daquel santo, homónimo seu e paisano, mediante as que intervén nunha curación de lepra, interpretada como milagrosa, ao fillo do rei suevo Charrarico, convertendo así á cristiandade a aquel pobo xermánico, suevo, tan incidente na organización social deste confín.

Así o santo cabaleiro Martiño de Tours será un dos máis celebrados en parroquias e altares de Galiza. Imaxe que se representa montada a cabalo branco, neste caso humildemente repartindo a súa capa cun pobre espido, mesmo a competir con outras imaxes de santos cabaleiros, como Santiago ou San Xurxo, os que, dalgún xeito, queren rememorar ao mítico rei Arturo, os que, como cabaleiros, combinan andantes tradicións celtas e cristiáns.
Nome de magostos en relación con mago, campa e fogueiras
Nome de magostos que leva a unha serie de teorías que seguramente teñen que ver con ustus que significa fogueira, mentres que o de mago xa presenta desviacións, aínda que acaídas, como en relación coa maxia, co ídolo do meco, como mesmo con magno, pero tamén con mag que significa campa ou mac, montón. O certo é que os magostos, en orixeson fogueiras nas campas abertas e que moito ofrecen do non entendido, desa maxia que arrodea Galiza. Ritos de iniciación, de pasaxe para os mozos e mozas, de relación catártica, panteísta, paisaxe- paisanaxe, arrodeadas coa aura máxica de herdos ancestrais.

O souto, o castiñeiro, a castaña, o cultivo e a cultura das pilongas, castañas secas, xunto coas as cocidas ou zunchos ás veces en leite entre follas de anís ou nébeda. Asuntos que esvaecen na prehistoria e tan activos cos romanos e máis aínda na misión medieval dos mosteiros. Castaña que foi alimento fundamental, para a partires do sc. XVI e das viaxes ultramariñas ser substituídas na dieta cotián polas mariñas ou patacas
Encontro ao que convoca a forza do instinto, entre vellas crenzas xa perdidas, como os nenos cargados ao pescozo de colares de castañas, acudindo a visitar os camposantos… e ese xeito de oración gastronómica, que di que quen xanta unha castaña asada ou un deses zonchos axudan redimir un alma do Purgatorio. Almiñas de defuntos que na soidade destas noites buscan a luz, a quentura e a algarabía de lume. Remol de cultos ígnicos xa reconvertidos en novas e atractivas fórmulas de pirotecnia e mesmo de videoproxeccións, mapping, laserTronic sobre fachadas monumentais. Sempre sobrevivindo a idea de que a luz e a creatividade vence sobre as tebras.
Festas tradicionais sempre presididas polos Catro Elementos. Lume, Auga, Terra, Aire

Ben sabe, debe e coida Ourense e a súa terra as vellas tradicións, como o Nadal, a Candeloria, o Entroido, os Maios, o San Xoán, os Defuntos. Encontros onde os Catro Elementos: Lume, Auga,Terra e Aire, se entenden como a cuadratura dun circulo esencial para a vida, de cada persoa, da casa, da tribo, os que entran en rolda nas festas. Velaí as do seu patrón e da súa diocese, o cabaleiro san Martiño de Tours. Do 1 ao 11 , o pequeno verán do San Martiño, tempo das matanzas, de abrir os pipotes co viño novo xa fermentado, de recoller as castañas dos espiñentos ourizos, para espulgalas e metelas entre as cinzas desas fogueiras alimentadas con frouma sobre as campas abertas. Campos de feira e romaría, escenarios do encontro que xa faltan pola desmedida avaricia especuladora, algo que non deben esquecer tanto aparato apelidado “ de cultura” ou de “ferias e festas”, cando non de “turismo”.

E en Ourense cada 11 de novembro, pese ao paternalismo das normas instituídas polos poderes públicos, a instintiva forza da tradición empuxa aos grupos a subir, pola tardiña, como se fixo sempre, ao Monte Alegre, arredor daquelas penedas que, como outras, seguindo vellas tradicións falan de namorados… Sitio onde acender e celebrar os magostos
Lume e mesmo remol de fogueiras tradicionais considerados sacro, sobre o que existe a prohibición de mexar, como de chamuscar ese loureiro case divino ou botarlle o pan noso de cada día. Asuntos, entre moitos outros que teñen a súa significación. E velaí, tomen nota quen queira recuperar as orixes, a luz, a quentura e a algarabía de cantos e contos que rodean outras celebracións de fogueiras, como a das Fachas na noite do 7 ao 8 de setembro no Castro de Taboada, as de San Mauro, avogado contra os males dos osos, cada 15 de xaneiro, como días despois as de San Antón, cos seus fachóns ou as de San Sebastián de Castro Caldelas… as da Candelaria, as queimas do Meco e da Sardiña que poñen fin ao Entroido; do San Xoán, dos Magostos, do San Silvestre… No mes de xuño e nunha noite, teño ollado dende terras da Eiras, entre Goián e Tabagón, tan pintadas por Antonio López, como por Xavier Pousa, como na noite roulaban bolas de lume monte abaixo da veciña Vilanova de Cerveira. Tradicións asociadas á domesticación do Lume, fundamentais na cultura: aprender a temer e coutar aos Catro Elementos.

…E cada porquiño terá o seu San Martiño
Celebración de San Martiño, cimo dos Magostos que ten día e hora na tardiña de cada 11 de novembro, cando o que queda de grupo, familias, amigos soben ás campas para recoller frouma…queimala e nela meter algunha castaña sen espulgar, incluso para que armen estrondo e estoupen… as mais espulgadas. A mesa sobre o chan, esencialmente para castañas e viño novo, logo iranse incorporando os produtos do tempo, os chourizos e os coiros asados…e agora o churrasco integral ao xeito crioulo. Ao final, no luscofusco, uns e outros aproveitan as cinzas e o viño para emborrallarse, como máscaras prehistóricas e baixar así, do monte con tanto que simboliza de selva ao rutineiro mundo urbanizado. E será tocando pandeiros, a gaita e cantando vellas e retrouseiras cancións, folión catártico, á espera de ser recollido e con novas versións.
Aquel meu Ourense dos anos sesenta, o dos sobrevivintes de Nós, como Risco, Otero, Xocas, Ferro Couselo, Benchosey, García Paz, Leuter, Taboada Chivite..contribuía a patrocinar, con carteis de Virxilio, de Manolo de Dios, de Quessada, de Baltar, de Conde Corbal…con poemas de Blanco Amor e doutros tal ancestral festa dos Magostos


As cousas mudaron polo intervencionismo, convocando a magostada nas prazas, incorporando novos trebellos asadores, como tambores aburatados de vellas lavadoras, a dar voltas entre musicas de orquestras e disfraces do mercado chinés.
Alégranos ollar como hai aldeas, vilas, que entre o desbaratado comercio de máscaras terribles recuperan a creatividade da tradición, mesmo mantendo o nome de Tempo de Defuntos, de Magostos, desafiando o medo, entendendo a morte como parte do yin-yan da vida, amable e conselleira á beira dos Catro Elementos, asomando cando a luz da alborada e do solpor orienta templos e enterramentos. Gustamos volver aos clásicos para “orientarse”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
______________________________________________________________________
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes
Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside
Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

















