Haberá moción de censura?

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sen entrar a nomear as promesas que moitas veces repetiu ate a saciedade o alcalde, promesas  que ningunha é realidade a día de hoxe,  e escoitando o que acontece  na economía do Concello, como  moitos ourensás pregúntome se os  grupos políticos da oposición  serán capaces de chegar a un acordo e buscar unha solución  á caótica situación que se vive na casa consistorial.

Son dos que penso que o principal causante deste desaguisado foron  os populares que, por manter a Deputación,  déronlle a alcaldía a quen hoxe   manda. Mais como eso xa é auga pasada, e despois de escoitar a posición  dos grupos  presinto que, por uns e polos outros,  a casa pode quedar sen limpar. E os ourensás seguiremos aturando o que non nos gusta, aínda sabedores de que logo virá unha derrama pra pagar o que debe o axuntamento.

Os do PSOE din que están abertos a falar sen liñas roxas. Os do PP de Ourense, que non os que mandan en Compostela,  din que están abertos a falar con todo o mundo. Claro que falar con todo o mundo pode entenderse que tamén é falar con Jácome a pesares  das falcatruadas  e humillacións que lles  fixo. E os do Bloque pídenlle ós populares que pidan perdón  e  están á espera do que non vai chegar.

Con este panorama, son dos que penso que como na política sempre hai que escoller a solución menos mala, pois a perfecta nunha sociedade plural como a nosa non é posibel, aínda espero polo milagre do acordo.   Sei  que algún dos tres grupos, quizais por manter aquelo de que con ises “nin auga” esperará o que non chega, e todo  por medo de perder a entrar nunha contrariedade que, no caso de Ourense, estaría máis que xustificada.

Polo que comenzo a sospeitar, ogallá me trabuque, que non haberá moción. E teremos que seguir o que queda de mandato cun concello desprestixiado e mangoneado pra vergoña de milleiros de ourensás. Todo un exemplo do que non debe acontecer.  A política local, dende que estamos no tempo da democracia, nunha estivo tan mal xestionada e tan falta de credibilidade como nestes últimos anos.

Hoxe falar deste Concello é tanto como falar dunha institución caciquil onde  todo camiña ó revés da normalidade. Onde todo o excéntrico  e  trangalleiro pode acontecer. Chega con ver  os plenos pois son a imaxe dunha comedia bufa.

Con todo, eu como cidadán fágome varias preguntas. A primeira: Se a Deputación a día de hoxe está asegurada pois  PSOE e PP  teñen acordos que semellan interesantes para moitos concellos  e non non son  precisos os votos de DO, os populares non teñen argumentos pra manter esa postura de non subir nin baixar. Ou sexa: de non sumarse á moción de censura con gañas de que salga adiante.

Dúas: Se  dentro do consistorio hai grupos que teñen pactos en centos de concellos, a que ven o de esperar a que un grupo recoñeza o seu erro. Non o entendo. Si hai gañas de arranxar o asunto sempre hai que dar un paso adiante. Logo viran as condicións e as negociacións e xa se verá. Ademais pode acontecer que PP e PSOE cheguen a un acordo e poñan ó Bloque nunha situación moi difícil que pode ter custes políticos. Pois ou se suma á moción,  ou apoia indirectamente a Jácome.

A teimosía de non querer facerlle ver ós que mandan en Compostela de que Ourense a día de hoxe no tema local é un caso especial,  semella medo, torpeza ou  non sei o qué.   Manterse no purismo de non ir a escoitar pra non entrar en contradicións co que  se dixo reiteradamente,  ou  manter un silencio interesado, deixa ben as claras que no concello non hai líderes capaces de gobernar e defender o ben común. Pois unha cousa é estar na oposición moi cómodos e conformarse con  opoñerse no pleno, e  outra remangarse pra solucionar os problemas dos ourensás, polo que  semella que   os intereses partidarios e de parte poden  impoñerse sobor dos xerais. E eso é  moi perigoso  ademais de ser un  grave erro.

Con todo, haberá que esperar que pasen as eleccións europeas  e saberase a posición dos Populares e dos demais grupos. Saberase con moita claridade  quen pon atrancos  a esa moción  pra normalizar a vida do Concello e quen está disposto a  afrontar os graves problemas  do mesmo. 


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas