Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Marshall McLuhan publicou en 1964 Comprender os medios de comunicación: as extensións do ser humano, un libro que alertaba de estar a nos achegar a “simulación tecnolóxica da conciencia cando o proceso creativo de coñecer fose estendido colectiva e corporativamente á totalidade da sociedade humana”. Este escritor canadense foi realmente un profeta da era dixital moito antes de que existise o primeiro dispositivo da Internet. McLuhan non se refería no seu libro soamente a calculadoras, senón ao feito de trasladar o pensamento humano ao silicio dos dispositivos actuais. Grazas a Internet e á Intelixencia Artificial, a nosa conciencia operativa está na nube e non só na nosa memoria biolóxica. Por iso, coñecer agora xa non só se adquire nos libros e nas bibliotecas, senón en millóns de dispositivos e de persoas que editan información en tempo real e orixinan o que McLuhan denominou a aldea global.

No ano 2010, Nicholas Carr publicou Superficiais. Que está a facer Internet coas nosas mentes? Nese libro, o escritor estadounidense apóiase na neurociencia para explicar que os nosos cerebros son plásticos, é dicir, cambian fisicamente en resposta ás nosas experiencias e ás nosas ferramentas. Explica que Internet está cableando as nosas neuronas para axustarse á rapidez e á multifunción con que actúa esa rede informática mundial. Describe que antes de Internet, a lectura de libros fomentaba un pensamento acougado, enfocado e lineal. En cambio, Internet incítanos a “navegar de forma fragmentada. Saltamos dunha ligazón a outra, o que nos arrastra a perder a concentración. Parece que o ecosistema dixital está deseñado para a distracción constante -notificacións, anuncios, hipervínculos” (Superficiais)-.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Chega á conclusión de que nos estamos volvendo expertos en atopar información, pero menos capaces de interpretala profundamente. Non dubida en afirmar que Internet trata a información como unha mercadoría, que a fragmenta para ser consumida rapidamente, e nós estamos a delegar ás máquinas procesos mentais, como a memoria ou o cálculo, o que nos deixa cun gran baleiro intelectual. Conclúe, que nos estamos volvendo máis rápidos e eficientes procesando datos, pero máis “superficiais” pensando.

Preocupación polo impacto cerebral da tecnoloxía

McLuhan e Carr advírtennos dos enormes riscos e graves problemas que Internet, a IA e o uso excesivo de dispositivos tecnolóxicos poden ocasionar aos humanos. As redes sociais son un reclamo lambón para entrar nos seus espectáculos e participar nas súas sedutoras festas.  

Se as repercusións da vida dixital -desde danos neurolóxicos e sancións legais ata crises de saúde mental- xa son preocupantes en adultos, no caso dos adolescentes o risco é crítico. Expertos en psicoloxía e neuroloxía activaron as alarmas: o tempo desmedido que os mozos dedican a redes sociais e ferramentas de Intelixencia Artificial está a xerar un impacto sen precedentes no seu desenvolvemento. O cerebro adolescente é unha estrutura en plena remodelación, especialmente na cortiza prefrontal, responsable do control de impulsos e do xuízo crítico.

Ignacio Morgado, neurocientífico e catedrático de Psicobioloxía, advirte como o uso intensivo de dispositivos dixitais e a exposición constante a estímulos breves (como mensaxes e notificacións) pode afectar a atención e a profundidade do pensamento. Nunha recente entrevista sinalou que abrir o móbil e recibir moitas mensaxes moi rechamantes dificulta deterse e profundar en actividades que requiren concentración, en cambio as formas de lectura máis longas ou reflexivas son cognitivamente máis beneficiosas. Nun artigo titulado “Fainos parvos internet?”, Morgado reflexiona sobre a dependencia tecnolóxica sinalando que mecanismos como Google e demais ferramentas facilitan a vida, pero tamén poden substituír funcións cognitivas como a memoria. Con todo, pedirlle a un adolescente que deixe o móbil por vontade propia é pedirlle que use un freo que aínda non ten instalado de fábrica. Por iso, a intervención externa de pais e educadores é bioloxicamente necesaria.

         Morgado introduce un factor hormonal como explicación psicolóxica da adicción dixital. E establece unha distinción entre a dopamina, que actúa como causa do pracer inmediato da excitación, e a serotonina, como benestar que induce á paz. A trampa do consumo da internet está en que ofrece picos de pracer que son efémeros, pero cando o pico baixa, deixa unha sensación sen carga. A alternativa está na educación: a aprendizaxe e o esforzo sostido xeran un tipo de satisfacción máis ligada ao benestar duradeiro. Por iso o razoamento e o coñecemento son as mellores ferramentas para que o mozo aprenda a pospoñer a gratificación. Na súa opinión, a clave non é só “quitar o móbil”, senón potenciar capacidades que compitan con el, como o esforzo, xa que o cerebro valora máis aquilo que lle custou conseguir ou a curiosidade por saber, xa que a dopamina tamén se libera cando descubrimos algo novo que nos interesa de verdade. Unha recompensa sen esforzo debilita a vontade; unha recompensa tras un logro fortalece o carácter.  

A psiquiatra Marian Rojas Estapé explica, dentro do seu estudo sobre a neurobioloxía da atención, como o consumo de pantallas xera picos de dopamina que volven aos mozos adictos á gratificación instantánea. Argumenta que a sobreestimulación dixital impide que os menores desenvolvan a cortiza prefrontal, dificultando que no futuro poidan concentrarse ou controlar os seus impulsos.

Jonathan Haidt, profesor de psicoloxía social na Universidade de Nova York, investigador das emocións morais e unha das figuras máis relevante na actualidade sobre o impacto dixital, no seu libro A xeración ansiosa argumenta que o cambio dunha infancia “baseada no xogo” a unha infancia “baseada no smartphone” provocou un aumento da depresión e a ansiedade. Nesa obra propón non permitir redes sociais ata os 16 anos e manter os colexios como zonas libres de teléfonos. O argumento de tal proposta fundaméntase en que o cerebro adolescente é altamente sensible ao recoñecemento social e os algoritmos das redes explotan esta vulnerabilidade antes de que o córtex prefrontal estea maduro.

Educar antes que prohibir

A historia ensínanos que prohibir por decreto, pero sen convencer pola razón, adoita ser ineficaz. O verdadeiro campo de batalla non está no boletín oficial do Estado, senón fundamentalmente no fogar e na aula. Creo, pois, que non se necesitan muros legais que impidan aos mozos dixitais entrar na feira dunha Ítaca tecnolóxica, porque ao cumprir a súa maioría de idade eses muros caerán. E, ademais, o talento adolescente sempre logrará saltar as barreiras legais. Educar é a vía máis eficaz para que os mozos aprendan a vivir sen redes sociais durante a súa etapa formativa e, cando chegue o momento, a utilizalas con criterio.

A educación familiar debe basearse no exemplo e na autoridade moral. Non se pode impedir ao adolescente e ao mozo usar o teléfono se os pais están coa pantalla iluminada fronte a eles. E, ademais, a influencia dos pais en prohibir o consumo dixital dos fillos non debe exercerse desde o autoritarismo, senón desde a autoridade moral.

Para que un mozo ou adolescente decida afastarse das redes, non basta con prohibirlle o dispositivo, hai que formalo nas técnicas dixitais e convidalo a alcanzar a súa propia maioría de idade mental. Xa o advertía Immanuel Kant coa súa soada consigna: Sapere aude (atrévete a saber). No contexto dixital actual, este imperativo kantiano adquire unha vixencia urxente. Atreverse a saber implica atreverse a pensar por un mesmo. As redes sociais son máquinas de persuasión deseñadas para predicir e manipular o comportamento humano. Só cando os adolescentes e os mozos se atreven a saber como funciona a rede que os atrapa, recuperan a autonomía sobre a súa propia vontade e deixan de ser reféns na cadea da dopamina dixital.

Nunha situación análoga se atopou Ulises cando regresaba de Troia rumbo a Ítaca. No undécimo canto da Odisea, Ulises enfróntase ás Sereas, quen sabendo que ao ideólogo e creador do cabalo de Troia embargáballe a curiosidade e as ansias de saber, buscaban cos seus cantos a súa morte. Circe non lle ordenou a Ulises que prohibise cantar ás Sereas, senón que lle deu a estratexia adecuada para sobrevivir ao perigo. E así, Ulises tapou os oídos dos seus mariñeiros con cera e el mesmo fíxose atar ao mastro da súa nave. Non fuxiu do risco, senón que o xestionou con intelixencia.

Hoxe, Internet é o océano repleto de sereas -TikTok, Youtube, X, Facebook, Instagram-, e prohibir a súa navegación aos menores de 16 anos é como tentar secarlles o océano na navegación da vida. Nun mundo onde os algoritmos están deseñados para reter a atención, o que necesita a mocidade é o mastro dos valores familiares e a cera da educación dos profesores para non sucumbir aos enganos da era dixital e poder seguir o rumbo á súa propia Ítaca vital. Para tal fin, as institucións deben prescindir de tanta burocracia legal e facilitar máis recursos e ferramentas pedagóxicas a familias e profesores sobre os que recae esa dura responsabilidade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------