Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto:Xurxo Lobato


Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Sobre os eidos do desleixo, anunciando o espectáculo do nacer da primavera e o Entroido, inzan e asoman polos cinco sentidos os arbustos invasores e descontrolados das mimosas, cos acios dos seus delicados pompóns de ouro solar. Ramallos de pau negro, de follas verdeazuladas, en forma de pluma, foliolos abertos ao ser mimados polo sol, pechados coa noite Egoístas, acaparando a luz, que se queren sos, en grupo expansivo, asediando e sen deixar medrar a canto teñan ao redor. Mato, manto de ramallos de mimosas, tan coidados nas beiras do Mediterráneo, flor da Costa Azul, onde pola contra alí é  considerada exótica planta de xardín e de floraría, moi solicitada pola aristocracia e cunha linguaxe simbólica vinculada co amor, co renacer. Celebrada en festa e tendo capital internacional en Mandelieu- La Napoule, arredores de Cannes, onde se cultiva para distribuílas polo mundo, así como para elaborar perfume, xabón, facilitando a apicultura.  Recurso para pintores de bodegóns, como fixo Matisse e lembro as pintadas por Xavier Pousa de Goián, ribeiras do Miño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Mimosas de Matisse

Non tan queridas na tradición galega de noutrora, nin dignas de adornar o xardín, nin o interior da casa e menos polas sobre as sepulturas. Si  para estrar as rúas do Entroido ou para darlle cor a un carro  festivo. Ben sabe o labrego do andazo de cobiza insolidaria desta acacia, a que se apodera e inza sobre eidos deixados de man, preferindo os socalcos que foron dese viño do que por algo se fai sacramento.

Curioso paradoxo, cando as varas de mimosa eran tan cotizadas no agro, como guieiros para os cultivos que gabean, como as vides e os emparrados. Mais velaí: plantouse a vide  e protexérono de varas de acacia… prenderon as acacias, floreceron as mimosas e a vide murchou. Parábola, cousas da vida que ben aproveitou Castelao .

Exótica planta oriental, regalo de misioneiros, aventureiros ou embaixadores

Planta e flor da mimosa coñecida dos carpinteiros exipcios pola súa madeira resistente para os sarcófagos, para aquel mobiliario funerario, que se pretendía navegase co defunto a espiral da eternidade. Sendo a Acaia Dealbata , procedente de Australia e Tasmania a introducida en Galiza.  Sobre o que se ven dicindo, sen demasiada base, que foi o bieito tudense frei Rosendo Salvado, que as trouxo, xunto cos eucaliptos. Exótico agasallo para os predios de señores de pazos como para os de abades de mosteiros e reitorais. E si non foi o bieito, foron outros viaxeiros, aventureiros, misioneiros e embaixadores nos camiños de oriente, transmisores de curiosidades. Moito habería que contar da vida de cine de frei Rosendo Salvado Rotea ( 1814-1900), un deses trotamundos, seminarista en Tui, Compostela, gran organista, destinado á asturiana Corias,  despois a un mosteiro napolitano, a Roma con idas e voltas a Australia, onde funda Nova Nursia…morrendo en Roma. Frei Rosendo denunciou a explotación  e apropiación das terras dos aborixes por parte dos colonos europeos.

Camiño Real de Pazos de Arenteiro e mimoss

 Si as marelas mimosas invaden Galiza, os rododendros de flores mouras inzan sobre a Irlanda Celta. Considerándose estas acacias en España invasora, estando o seu cultivo regulado. Máis xa se ve como campan aturando a climatoloxía extrema das xeadas invernais ou as calorosas raxeiras de verán, mesmo rexenerándose despois do furor dos incendios, calor que favorece a súa sementeira, aínda que tamén fixando o solo, prevíndoo da erosión. A madeira das árbores centenarias da mimosa é ben cotizada.

Agora as cousas mudan, na estética, na arte e nas combinacións florais,  valórase a beleza espontánea e efémera dos acios de flores marelas e de veludo poeirento das mimosas. Floración, nai de alerxias e afogos, de arrecendo extenso, o que no tempo primaveral cobre os  cinco ribeiros sobre os que señorea, o do do Avia, do Arenteiro, do Miño, do Arnoia… mesmo até as Ribeiras Sacras do Miño, do Sil ou do Bibei.

San Clodio de Leiro e as mimosas

Festa e rotas da mimosa, en Portugal e Galiza

Por unha e outra banda, para os pregóns ou discursos primaverais,  era sempre reclamada a sedutora oratoria de don Ramón Otero Pedrayo. Máis aínda para aquela Festa da Mimosa , a que, dende 1966, celebraba o Casino do Carballiño. Encontro homenaxeando á primavera, á mocidade, á muller e anunciando o entroideiro  Domingo de Corredoiro. Alí eran convocados como mantedores grandes da palabra, como Cunqueiro, M. Victoria Fernandez España, a que, tan comedida, acudiu moi acaída para a ocasión, vestida de estampados florais. Don Ramón, na súa barroca disertación, recorría a algo como o que aquí queremos contar, insistindo na fugacidade desta flor, a que abre pola Candeloria e o San Brais para apagarse e morrer uns días despois, polo San Valentín,  dificilmente  chegando ao San Rosendo, o 1 de Marzo.

Dende 1946, cada 8 de marzo, a mimosa é símbolo dos Dereitos da Muller. Non queda atrás  a minhota Viana do Castelo, a que tamén atopa nesta flor un recurso festivo, a que pon chal de veludo marelo ás abas do Monte de Santa Luzia, aos predios dos pazos das ribeiras do Lima, encarándose ás parras do viño verde. Portugal que tamén as celebra en Mourâo, serra de Lousâ, entre Coimbra e Leiría, onde cobren os ondulados montes das aldeas de xisto, entre sobreiras, carballos e unha rica variedade botánica, creando unha Rota da Mimosa;  tamén Galiza ten a súa.

Mimosas do pintor de Goián Xavier Pousa

Aquece pois aproveitar febreiro, o mes das febres e das febras, dos purificadores vergallazos entroideiros, para viaxar a ese Ribeiro das Mimosas,  o que neste ano rememora  o medio século da morte de don Ramón Otero Pedrayo. Compre entón deixar os Chaos de Amoeiro e achegarse a Trasalba, lembralo, tan amigo el da primavera como do outono, das alegres mimosas e camelias, como dos tristeiros crisantemos. Unhas e outras flores efémeras, de final horrible, comparándoas con Margarita Gautier, a  Dama das Camelias na obra  romántica de Alexandre Dumas. A moza namorada que  morreu tísica, aos 23 anos. Compre visitar a súa casa- museo, a Casa Grande de Trasalba, a carón do vello pazo do Campo , e dende a solaina do oriente, a de pedra, a traseira, ollar as bocarribeiras do Miño e do Barbantiño, as  que soben cara ao Castro de San Cibrao das Las,  cubertas de mimosas estoupando en marelos. Ruta que seguiríamos polo Punxín do santo Wintila, subindo e ollando o abandono tristeiro do igrexario de Ourantes, cara ese altar dos ribeiros que o pico sacro do San Trocado, como conta o arqueólogo Ladislao Castro, tan en relación con lendas e torques célticos. E como non, dar un recorrido pola protohistoria e antigüidade  do inmediato castro da Cidade de Antioquía, ou simplemente a Cidade, o Castro de San Cibrao das Lás, quizais a antiga Lansbrica, vixiando os camiños que seguen ao Miño e eses seus afluentes, ribeiros do viño e de mimosas… Salamonde, O San Amaro, Cenlle e sempre Ribadavia…e senón, por Carballeda, seguir a Beade, a Berán, parroquias vixiadas pola Pena Corneira… e Leiro, o  que, dende Gomariz  podia levarnos a pazos de Arenteiro e de aquí a Moldes, Cabanelas, Banga. Camiños que inspiraron as novelas de Los Pazos de Ulloa, La Madre Naturaleza, El Cisne de Vilamorta, da xenial paisaxista e redactora a Condesa de Pardo Bazán…palabras maiores.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------