Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: O Volter – Ourense (1964)


Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Compre asumir este noso tempo, atento a  empaquetar  e dosificar a cultura en cabosdano e cerimonias. Aproveitemos pois as efemérides para dicilo. Insistindo en que a cultura, a que nos identifica no mundo,  é algo que levamos posto e forma parte diso tan poético que é o espírito, a alma dun pobo, a súa aura, como pregoaban os diferentes da Xeración Nós. E xa nos metemos no tema, cando conmemoramos o medio século do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, un 10 de abril do 1976. Egrexia figura das letras, nacida en Ourense, na rúa da Paz 25, en sobria casa, con xanelas abertas a enxergar a encrucillada de rúas que levan á catedral e ao bulir da urbe, centrada polo pingar cantareiro da renacentista Fonte de Ferro, espolio da Desamortización. Foi un 5 de marzo, día de San Adrián, de 1888, pois velaí nalgunha das súas obras o seu heterónimo, como Adrián Solovio (sub-lovios, de debaixo do emparrado) ou  mesmo como Silva ou  Adrián Soutelo,  este apelido dos devanceiros da casa paterna de Trasalba.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Otero Pedrayo por Bucños praza Correxidor Ourense

 Aquel seu primeiro Ourense era plenamente romántico, o de Lamas Carbajal, o dos sacerdotes Marcelo Macias, Rei Soto, o da Marquesa de Atalaya Bermeja, metida nos misterios da teosofía,  tamén o da misión  agrarista  do abade de Beiro, Basilio Álvarez…

No primeiro piso daquela casa de Otero Pedrayo – recentemente mercada pola admiración e a sensibilidade  ( que non tiveron os poderes públicos) do escritor Camilo Valdeorras – tamén naceu , viviu e morreu Vicente Risco, considerado por don Ramón como un irmán. Raiceiras, influencias que aquel mociño, estudante de Filosofía e Letras  leva presas, para medrar na universidade compostelán, co sentir galeguista do profesor  Cotarelo Valledor. Logo  a estudar Dereito nun Madrid onde pesa o grupo galego. Con parladoiros nos que se falaba  do feiticeiro perigo de ser galego dos bos e xenerosos. E xa nos seus derradeiros anos sentíndose como unha fantasma do romanticismo, mais coa responsabilidade de ser unha ponte de vontade, trazada dende Risco e Castelao aos máis novos. Transmitindo as leccións  daquel seu distinguido grupo , ao xeito do  Á rebours que propagaba Huysmans, como  dandis inadaptados, diferentes, mesmo tamén seguidores dos nacionalistas irlandeses, enchoupados no sentir bárdico céltico, tan de herdos orientalistas, nos misterios do Trasmundo, nunha nova ascese dun rei Arturo na busca do Cáliz da concordia, na relación paisaxe-paisanaxe, como recollendo o mellor dun cristianismo panteísta, franciscano, os que dicían ser os piares do espírito galego.

Otero Pedrayo, Conde Corbal, cor

Pois non abonda co nivel de vida Que fai o home con problemas económicos resoltos- sempre eles son relativamente resoltos, “sin un nivel de alma” que lle permita aturar a soedade e a visión e seguranza da morte?. E recollemos a encomenda.

É obrigada en toda biblioteca de Galicia a Guía de Galicia de Otero, con fotos do gran José Suarez,  de Allariz, tamén celebrado neste 2026 pola Academia Galega de Belas Artes. Texto e ilustracións que foxen de tópicos folclóricos, aos que tamén somos tan propensos.  Onde todo se humaniza,  a arqueoloxía, a historia, a arte, a literatura, a paisaxe, as tradicións… Como tamén é obrigado o Ensaio  histórico sobre a Cultura Galega para entendernos coa terra e a historia que nos define. Sempre profundando no espírito do pobo, como fai na novela  Os camiños da vida (1928), o universo da aldea galega e a súa transformación. Mentres que  Arredor de si (1930), ofrece datos autobiográficos. Así é que, non se entende a Otero Pedrayo, se non se entende a Galiza, como se non se entende a Galiza se non se entende a don Ramón. Iso si, son textos para ler de vagar, enxergando e  quizais acompañados dun dedal de tostado.

Trasalba, Igrexa capitel entrada

Historia de Otero compartida e madurada con Vicente Risco e que algúns trataron fender. E, non temos máis que lembrar aquel graffiti con verbas de don Ramón, escrito pouco despois da morte de Risco, no 1963, amonestación  que campaba na parede daquela nova Cova Céltica, ao xeito dublinés, a taberna de O Volter, recanto do Eirociño do Cid , lugar de acollida en tempos da ditadura para artistiñas rebeldes. Como paradoxo espoliada na democracia: Vicente Risco, amigo/Mestre, ergueita e pura/Chama nas orelas do/Mar dos nosos destinos/Lámpada mantida co/Óleo deunha ialma de/Alborada e lembranza/Con nos, cos que han vir/Ca Galiza, alumando/Seus vieiros, sempre/ SEMPRE… Verbas  cargadas de espírito  que definen as pescudas daquela Xeración Nós, plural e maxestático,  como poñía en énfase. Homenaxe a un Risco que foi fábrica de ideas, creador de irmandades, seminarios, confrarías, parladoiros… fundamentado na filosofía decadentista e da que  foi un adiantado, mesmo a Spengler:  a revolución  do espírito fronte a canto supón a industrialización, a uniformización, anunciando a campante globalización e deshumanización. A súa era a posta en valor da persoa, das tradicións, dos códigos simbólicos, tan de herdo céltico-cristián, e sobre diso da creatividade. Un Risco sempre no risco do afiado fío, controvertido, aguilloando ao debate, heterodoxo en todo, agás nos misterios da relixión . Sementando a dialéctica dende un senso maniqueista, metido entre anxos e demos. Obra de alta cultura que  Atila en Galiza, trastornou .

Accidente a carón da Torre de Breogán… e un patriarcal caxato para sempre

Don Ramón e Fita, a súa compañeira, acoden á Coruña para o seu discurso de ingreso na Academia Galega.  E como non podía ser doutro xeito, antes, fan unha visita á Torre de Breogán (que Alfonso X – con ansias xenealóxicas de orixes grecolatinas, que non célticas.- dixo de Hércules ). Mais velaí que aos pes da milenaria torre e ao baixar do automóbil, este perde os freos e colle, de esguello, a don Ramón… Ferido, atendido  polo doutor Urbano Losada. Accidente que poido ser peor, aínda así  quedarán secuelas, para dende entón acompañar a súa xa patriarcal figura cun caxato, como báculo druídico. Retrasarase a data de Ingreso unha semana, ao 9 de Nadal do 1929. Institución da que era presidente o ribeirao, de Leiro, Eladio Rodríguez González. O discurso de Otero titulase  Romantismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal. Daralle contestación un Risco que entende moi ben ao amigo: declaración de intencións inscritas nunha nova renacenza de Galiza,  a de dar continuidade á misión de Murguía. Compara ao amigo co romántico lisboeta Alexandro Herculano, ebrio de literaturas europeas, director da biblioteca de Porto, autor da Historia de Portugal, ansioso en buscar e expor os valores de Portugal. Insiste en que ninguén mellor que Otero para interpretar a arpa bárdica de Pondal. Discursos desbordados de connotacións célticas, da interrelacion paisaxe-paisanaxe,  na sempre leal devoción que don Ramón sinte polo viaxeiro bretón, de Saint Maló, cidade tan parecida á Coruña, Chateaubriand, autor de As memorias de Ultratumba, libro lido de neno por Otero, en francés e naquel seu observatorio da Casa da Trasalba, aberto ao universo,  que é solaina do nacente, a carón da exótica árbore que plantou o pai Enrique Otero Sotelo, medico,  cando naceu o vinculeiro e que unha treboada levou nun entroido  de 1972. Feito interpretado como tristeiro agoiro para un don Ramón xa senlleiro, pois no 1970 finara a súa señora a  santanderina Xosefina  Bustamante Muñoz. Solaina de pedra que abre á bocarribeira dun Miño hoxe encorado en Castrelo e ao fondo a silueta de moucho do Coto de Novelle, máis achegado o Punxín de San Vintila e dos avós de Alberto Cortez, que non é pouca cousa… arriba, o monte do San Trocado. Memorias de Chateaubriand que don Ramón relee nos seus derradeiros intres.

Trasalba, Pazo de Gaión, cruceiro

Ourense, a cidade. Trasalba, a aldea

Chateaubriad, con casa e tumba ao pe do mar, en Saint Malo, con castelo en Combourg… Don Ramón con casa na encrucillada da urbe, en Ourense e pazo de ida e volta en Trasalba, este observatorio do acontecer aldeán. Casa Grande co pouso intocable dos devanceiros, coutada por un valado, a carón dun souto antigo, no curral con fonte, forno , cortes, adega baixo o sobrado  e dúas solainas:  a de madeira, orientada ao solpor, con porta ao corredor, á lareira-cociña, aos cuartos, salóns,   central presidido pola mapa de Fontán, como xanela aberta a Galiza enteira … e outra solaina, a de pedra, orientada á alborada. Casa Grande sen as pretensións do inmediato pazo, o  de Gaión ou do Campo, mercado polo pai, maldito cavilaban. Onde  o poeta  Noriega Varela foi mestre e contra o frío queimaron táboas do piso. Para esconxuralo, dona Eladia, no 1948, mandou erguer un cruceiro diante. Predios ao final vendidos  para sobrevivir. Compre pois visitar Trasalba, Ourense, onde contaxiarse coa aura de humanismo daquel espírito de Nós e que ben compre.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------