Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Os humanos somos os únicos seres que levamos dentro da nosa natureza a contradición dos nosos actos. E así, desexamos a liberdade, pero buscamos a seguridade, que implica normas que nos limitan. Usamos a intelixencia para crear tecnoloxías, que logo criticamos porque poñen en risco a nosa existencia. Somos seres racionais, aínda que algúns desexan converterse en animais irracionais, como é o caso do fenómeno therian, unha conduta que emerxeu como consecuencia dunha crise de identidade que desafia por igual a lóxica evolutiva da bioloxía como a herdanza e o patrimonio cultural.
Eses trashumantes zoomorfos argumentan que defenden o seu instinto ou sentimento interior sacrificando a súa realidade biolóxica e psicolóxica. Eu creo que nin a pletórica imaxinación dos gregos chegou tan lonxe no desprezo da razón nas súas mitoloxías como estes transespecies posmodernos.
Na mitoloxía grega, a distinción entre o ser humano e o animal era sacra porque consideraban que non soamente existía unha diferenza biolóxica entre eles, senón unha fronteira moral. No diálogo Protágoras de Platón relátase o mito de Prometeo, a historia de como os deuses entregaron un conxunto de facultades aos irmáns Prometeo e Epimeteo para que as distribuísen entre os animais e os seres humanos. Epimeteo encargouse de repartilos, pero esgotou nos animais todas as facultades que lle entregaran os deuses, deixando sen ningunha aos humanos. Por iso, Prometeo saíu na súa defensa roubando o lume aos deuses para entregarllo aos humanos e regalarlles non soamente a calor, senón tamén a capacidade para transformar a natureza mediante a linguaxe e a técnica. O lume era o símbolo que implicaba elevar ao ser humano por encima dos animais, cuxa conduta se rexe exclusivamente polo instinto. Con todo, Zeus, temendo que os seres humanos chegasen a extinguirse por non saber convivir, enviou a Hermes para que distribuíse entre os humanos a moral e a xustiza.
O ser humano ocupaba na mitoloxía un lugar intermedio entre os deuses e as bestas. No mito grego, o elemento distintivo no ser humano era a razón, que proviña do lume roubado aos deuses, quedando o instinto e a forza para os animais. Pero se saltamos miles de anos desde a mitoloxía grega e nos situamos no momento actual da historia, comprobamos como a distancia ontolóxica entre o ser humano e o animal é inmensa.
Con todo, seguindo o roteiro da mitoloxía, talvez poidamos atopar nela unha explicación ao movemento therian. Platón narra en tres dos seus diálogos –Fedón, A República e Fedro– que a alma, pasado certo tempo (dez mil anos –Fedro) de separarse (morte) do seu anterior corpo e forma de vida, se reencarna (metempsicose) noutro corpo, elixindo un corpo de animal ou humano, de acordo co tipo de vida levado anteriormente. Aplicando a tese platónica aos therian, non será que as súas almas se equivocaron de corpo, elixindo un corpo humano cando o que pretendían era entrar no dun animal?
Se tomamos en serio a vida, desde unha perspectiva científica, sabemos que a nosa natureza se foi fraguando por evolución. A teoría da selección natural de Charles Darwin ensínanos que cada trazo humano é o resultado de millóns de anos de loita pola supervivencia, onde a razón xoga un imprescindible papel. Con todo, o movemento therian parece ser unha adaptación inversa á evolución, unha regresión da racionalidade ao instinto da animalidade. Unha involución en toda regra. En realidade, se se tomasen en serio eses sentimentos, cada therian debería someterse a unha terapia de substitución xenética radical e comprobar que o seu ADN corresponde co da clase de animal que se sente.
Darwin advertiunos que non podemos desposuírnos da nosa herdanza evolutiva. Somos o resultado dunha liñaxe específica e dunha natureza determinada; intentar habitar a mente dun animal sen posuír a súa estrutura neuronal é un anacronismo biolóxico. A nosa mente ten o selo indeleble do primate social que desembarcou no sapiens sapiens.
Pero, como o therian que di sentirse lobo, león, can, gato ou crocodilo sabe como senten eses animais? Como se sente o can como can? Como se sente o gato como gato? Identificarse como un lobo ou un can é un acto de ingratitude cara á natureza humana e un atraco á esencia do animal.

O filósofo estadounidense Thomas Nagel publicou no ano 1974 un artigo que levaba por tiítulo Que se sente ser un morcego? Nel explica que é imposible ser un humano e saber que sente un animal. Nagel argumenta que a conciencia está indisolublemente ligada aos sistemas sensoriais. Un morcego percibe o mundo mediante a ecolocalización; a súa realidade son ecos, vibracións e distancias temporais. Pero un ser humano que se identifica como morcego carece do aparello sensorial necesario. Por tanto, o que experimenta calquera humano non é a sensación pura do animal, senón unha tradución humana. Se un therian di sentir instinto de caza nocturna de lobo, non está a procesar o mundo a través dun tecido ocular que fai brillar os ollos destes depredadores, nin dun olfacto miles de veces superior ao noso. Está a experimentar unha emoción humana á que lle coloca unha etiqueta animal.
Por moito que un humano estude a bioloxía dun morcego, dun lobo ou dun gato, nunca poderá experimentar a sensación natural de ser ese animal. Onde queda a vivencia do therian que afirma sentir esa conexión interna cun animal determinado? A tese de Thomas Nagel ofrece varias reflexións, unha delas a dun ángulo filosófico profundo sobre a identidade e a subxectividade. Intentar habitar a mente dun animal usando a razón humana é unha aberración psicolóxica e un fracaso ontolóxico.

Desde unha perspectiva científica, o therian cae nun antropomorfismo inverso -zoomorfismo, o ser humano transformado en animal-, o cal non deixa de ser un suicidio intelectual. Ademais, a etoloxía ensínanos que os animais non teñen unha identidade no sentido metafísico; non se preguntan se a súa forma de ser encaixa coa súa pelame ou se prefiren ser outro animal de distinta especie. Por tal motivo, desde o darwinismo, o desexo do therian é imposible. Un humano é o resultado dunha liña evolutiva que perdeu os trazos doutras especies para gañar os seus propios, e a evolución nunca regresa ao pasado. O cerebro humano evolucionou para a lóxica, non para o instinto animal.
A pesar de todo, se dalgún modo queremos ser comprensivos co movemento therian, lanzo o paracaídas da neuroplasticidade, que nos outorga unha visión máis compasiva e técnica dese movemento. A neurociencia explica como o cerebro humano pode mapear o corpo, e mesmo crear, psicoloxicamente, un membro pantasma que a persoa sente como seu. Ignacio Morgado describe este fenómeno nunha persoa que sente un brazo como membro real do seu corpo despois de ser amputado (Como percibimos el mundo).
Normalmente, asociamos o membro pantasma con persoas que perderon unha extremidade. Con todo, no movemento therian, ocorre algo distinto: a mente proxecta partes do corpo que nunca estiveron aí fisicamente, pero que internamente a súa conciencia reclama como propias. Para un therian auténtico, o membro pantasma non é unha fantasía ou unha ilusión, senón un aviso constante de que o seu mapa mental é diferente á súa anatomía. E iso crea un grave problema ontolóxico, pois nos leva a preguntarnos: Que papel xoga o corpo na identidade dunha persoa? Onde termina o corpo e onde empeza a identidade?
De todos os xeitos, paréceme tremendamente sospeitosa a existencia real de seres therian, máis ben considero que é un movemento extravagante e pouco fiable intelectualmente. E nesa extravagancia mental -que diría Descartes-, en doses de vaidade -que denominaría Schopenhauer-, ou sinxelamente nese absurdo -como o cualificaría Albert Camus-, soamente faltaba que os therian, alén de revestirse coa pelame postiza e coa morfoloxía externa (cornos, cola, patas…) do animal co que senten identificados, intentasen reproducirse cun deses animais para implantar na Terra unha nova especie, a especie híbrida dos antropozoos.
Desde o meu punto de vista, o movemento therian non é un regreso á natureza, senón un escape da responsabilidade de ser humano. O therian non experimenta a animalidade, senón unha versión humana dela. Se entrar na conciencia doutra persoa para coñecer que sente como humano é imposible, máis imposible resulta entrar na dunha especie animal para saber que sente como tal. Como dixo Einstein: “Dúas cousas son infinitas: a estupidez humana e o Universo; e non estou seguro do do Universo”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”
Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”
Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.
















