Avelino Muleiro: “Benvido, Daniel, a este lado da vida”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Din que as cousas boas da vida se fan esperar, e ti, querido Daniel, tomácheste o teu tempo. Pero non importa, porque nunca é tarde se a sorte é boa.
Queremos que leves o teu nome con orgullo, porque Daniel está cheo de historia. Levas nel unha promesa de forza, de rectitude e sabedoría, todo un fermoso presaxio que ecoa a integridade moral e a firmeza dos teus principios.
Quero confesarche que a túa chegada é unha das maiores fortunas que podiamos imaxinar. Estabamos a esperarte desde hai tempo cos brazos abertos e coa impaciencia contida de saber que estabamos a piques de recibir un agasallo único.
Afrontas o inicio dun camiño totalmente novo e cheo de contrastes. Entras nun escenario complexo e desafiante, pero non estarás só porque te guiaremos para que aprendas a superar cada reto por ti mesmo. Apoiarémoste nos momentos difíciles e celebraremos xuntos as boas noticias. Niso consiste a vida. Sei moi ben que ti non sabes aínda en que consiste o teu novo reto que se chama vida. Intentarei explicarcho.
A vida é unha viaxe fascinante, chea de rectas previsibles e curvas inesperadas. É o agasallo que recibiches ao chegar a este mundo, unha oportunidade constante para sentir, amar, rir, loitar, equivocarte e reencontrar o camiño as veces que faga falta.

Non esperes dela un camiño perfecto nin penses que a vida é un manual que, de principio a fin, che explíca o que tes que facer en cada momento do tempo que ela che ofrece. Irás aprendendo, porque a vida é unha aprendizaxe constante e laboriosa. Pero, non teñas présa por entendelo todo, porque a vida se descobre vivindo.
Enfrontaraste a unha vida que ás veces esixirá de ti esforzos titánicos, pero que case sempre se desesenvolverá cheo de oportunidades inesquecibles e como un espectáculo sorprendente, tan abraiante coma aquela eclipse solar total que vimos onte mesmo.
Irala descubrindo, tanto na sinxeleza dos pequenos detalles como na inmensidade dos momentos máis críticos. De todos os xeitos, sei que á túa chegada che agarda a maxia do descubrimento, disposta a mostrarche por primeira vez como funciona todo aquí. Nunca perdas a curiosidade polo mundo, porque nela reside o comezo da sabedoría.
A pesar de todo, sé optimista, porque a este lado da vida terás sempre o refuxio da túa familia e dos seus amigos, que serán a túa rede de seguridade e o teu porto seguro.
Querido Daniel: Hoxe pensamos no marabilloso que sería que chegases un pouco antes, porque hai ausencias importantes que doen no día da túa benvida. Fáltannos as miradas e os abrazos de persoas moi queridas que soñaban con coñecerte e que, polos azares da vida e a tiranía do tempo, non poderán terte nos seus brazos. É unha mágoa que non coincidisen nesta beira da vida contigo. Con todo, que non che caiba ningunha dúbida de que o seu cariño habita na memoria dos que quedamos, e o seu legado de amor é parte do estímulo que hoxe che dá a benvida. Dalgún xeito, en cada historia que che contemos sobre eles, tamén estarán aquí para coidarte.
Aprenderás a camiñar, a tropezar e a levantarte; descubrirás as marabillas coas que te obsequiará a Natureza. Darás e recibirás os bicos da túa familia e repartirás abrazos ás túas amizades e ás persoas coas que empatices. Enfrontaraste a dificultades, pero a vida non se define polos problemas que atopes no camiño, senón pola paixón, a alegría e o amor cos que elixas vivila.
Nesa aprendizaxe continua, querido Daniel, camiña sempre con firmeza e rectitude, facendo da ética o teu compás seguro e o faro que ilumine os teus pasos. Procura sempre obrar ben, non polo recoñecemento alleo nin polo eloxio oportuno, senón por ser fiel aos teus principios e por respectar aos demais. Co tempo decataraste de que esa conduta darache paz, que é a forma máis nobre de habitar este mundo.
Desexo que sexas unha persoa libre, sabia e, por encima de todo, moi feliz. Bienvenido a esta gran aventura, Daniel. Prepárate, porque aquí fóra, a este lado da vida, hai un universo enteiro que te está esperando a que o descubras… e nós estamos a desexar acompañarte a cada paso.
Con todo o meu amor.
O teu avó


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “As trampas da dialéctica”                

Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”

Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”

Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”

Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”        

Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”

Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”

Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”“

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo : ” Reclamos tóxicos “

Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)   ”

Artigo : “ Crise de Valores “

Artigo : ” A paz perpetua ”

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “

Artigo : ” Regreso ao futuro “

Artigo : ” Parte de guerra ”

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------