Volve o tempo das promesas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cando remata o ano ou cando comenza  ademais das felicitacións de costume, como se fose un rito,  faise un balance do acontecido no periodo  que queda atrás e márcanse obxectivos para o tempo que comeza.

Seguindo ise principio, nas familias sempre se fai un reconto dos mais salintabel que aconteceu e tamén se marcan metas para os 365 días que empezan. Nos medios de comunicación,  a modo de resume, cóntanos en reportaxes o acontecido no mundo  e  refréscanos  a memoria, pois témola  moi  saturada por tantas novas que se produciron nese tempo. Nas asociacións de todo tipo, tamén se fan as asembleas con semellante orde do día. 

Mais iste ano, como nesta terra están convocadas eleccións, percibo que ó do balance, alomenos por parte de quen goberna,  non vai ser realidade e no seu canto  volverán saír á palestra as promesas electorais. Claro que prometer é unha maneira de atraernos e camelarnos pra que votemos a tal ou cual fomación política. Pois ise é un dos obxectivos das campañas. Mais con tantos anos de democracia ás costas penso que antes de prometer o ouro e o mouro, sería bo falar do que se fixo gobernando   pra  comparalo co que se porometeu no seu día. Pórque na maioría dos casos poderíamos comprobar que as promeas foron contos,  ou se o prefiren,  mentiras piadosas que nos largan e repiten como mantras  os que están no poder pra engailoarnos e seguir no machiño.

Pois ben, como pechamos o ano, compriría que no Concello nos contaran as cousas positivas se fixeron neste 2023. Cales foron as inversións que Jácome e o seus acadaron para este concello. Cales foron as melloras nos servizos, se as houbo, pois non as vexo por ningures. Como  se pensan resolver os graves problemas que ten Ourense e unha chea de asuntos que están sen arranxar e  foron promesas moi publicitadas.  Ademais do dito, tamén compre saber: canto se gasta en festas e outras entelequias pra divertir ó persoal. Igualmente como andan as contas do Concello e un longo etc. No referido á Xunta acontece algo semellante. Pois, compre saber que se fixo pra mellorar a vida dos galegos. E todo iso sen cargarlle o morto ou a culpa a autras administracións do Estado.

Vivimos no tempo das promesas electorais. Prometer é a base de todas as campañas electoriais. Aínda que do prometido, pasado un tempo, nada se saiba. Pois, por máis voltas que lle dou o asunto,  como moitos ourensás e galegos percibo que moitas decisións e acordos políticos que toman os nosos gobernantes  por seren ilegais e malas par o xonxunto dos cidadáns, acaban cargando ó concello de debedas que logo pagamos todos.  E os responsables desas decisións desaparecen, ou no se presentan ás eleccións e deixanlle o morto, ou sexa a carga económica,  á institucion, e o  desaguisado sainos moi caro.

Prometer resulta barato. Prometer pra engaiolar xa é unha táctica que  case todos  estudan con moito coidado. Polo que, nunha democracia madura e responsabel, quen goberna ten a obriga  de render contas  por non facer o  prometido. Eso  debía ser unha obriga. En Ourense, son moitas as  promesas que dende o poder  nos diversos medios escritos se lanzaron a bombo e platillo e que todas foron un conto, que arrepía ver como nos tomaron o pelo. Citarei unha de anos atrás: Lémbrase os ourensás  do proxecto da cidade deportiva na Benposta? Lembran a ristra de  promesas de Jácome fixo? Supoño que sí. Pois mirade canto  se gastou e maquetas virtuais e publicacións.  E que hai  a día de hoxe: nada de nada. En fin, como estamos no tempo dos balances, e como percibo que por parte de quen nos goberna en Santiago e en Ourense   non  se farán.  Coidado que chega o tempo das promesas  pra engaiolarnos. Feliz  2024.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas