Tempo de charlatáns e predicadores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como acontece en case todas as eleccións, sempre hai sorpresas que chaman moito a atención.  Pois uns grupos melloran os resultados e outros minguan, ou se o prefiren fenecen.  Mais nestas derradeiras Europeas a sorpresa maior deuna unha candidatura que, polo nome,   parecía ser unha  chanza mais ca un proxecto político. Ben sei que a política ten moito de saber falar e convencer ós votantes. Ten moito de saber vender o que propós e ate de engaiolar ós cidadáns acudindo á tocarlle fibra das emocións que sempre camiñan á  contra de sopesar as propostas e, en resumo, van á contra do sentido común  e a racionalidade.  Mais nunca pensei que propondo fume e contando catro trolas  podería chegarse tan lonxe.  Con todo e cós anos que levamos de democracia tampouco maxinei que un charlatán  dicindo  e berrando catro cousas e  sin ter un  partido  de apoio engaiolara a oitocentos mil votantes. Afirmo que tampouco pensei que, o tempo dos predicadores que circulan por ises países onde as sectas  relixiosas teñen moita acollida, poderían  ter un espazo neste solar peninsular. 

A antipolítica parece que se abre camiño facendo a súa propia política. Ou sexa: desprestixiando   todo o que hai e que nos trouxo con moitas luces e tamén algunhas  sombras  ate onde hoxe estamos. E iso lévame a que todos temos que asumir certos erros como sociedade. Todos, como humanos,  temos que  sopesar un chisco máis a  crítica pouco reflexiva e moi dura que camiña sen facer propostas serias, razoadas e argumentadas., e que soamente desfai sen aportar ren. Esa crítica que non ten nada positivo mais que envelenar  a vida colectiva como obxectivo.   Aceptar solucións que semellan ser moi sinxelas nun mundo tan complexo e interconectado por moitos intereses  é un grande erro. Polo que matinando sobor dos  que votan a esas opción de chiste venme á memoria un tema que penso que non é menor e que moi pouca xente lle da a importancia que merece.

Estou a falar da transmisión de información  e das experiencias no seo familiar que é onde se cocen e se aprenden moitas cousas positivas;  que é onde se labra e pule a personalidade do individuo e  a forma de actuar na vida da xente. Pois ben,  a día de hoxe  acontece que moitos rapaces e adultos que escoitan nesas opcións  o  seu  berro de protesta, e que as ven como   unha saída e solución ós seus problemas, descoñecen  moitas cousas do noso pasado.  E pesan  que vivimos nunha sociedade que soamente ten  defectos. Mais  esquécense  que pra  chegamos a ela houbo moito traballo e esforzo. Pois non se acadou  o nivel de vida actual por  casualidade si non fora   co esforzo dos  proxenitores e da colectividade. 

O momento actual cos seus problemas é moi complexo. Mais que ninguén  espere solucións milagreiras como predican eses persoeiros.

Polo que, os que viven pensando que só teñen dereitos e non obrigas, van de lado. Os que viven crendo en solucións populistas eu diría que son uns cabreados e  uns inmaduros.  Pois estamos nunha sociedade,   nun mundo,  que nos  di que todo está ó alcance da nosa man sen esforzo e traballo, e iso é un grande erro.  Por eso o dito  lévame a afirmar que: Aquel que non sabe do seu pasado;  que o descoñece e ignora,  nin  sabe de onde ven, non entende o presente,  e menos poderá maxinar ou aproximarse a  como será  o futuro.

O estado de benestar e a democracia, por mor de moitas cousas actuais como a circulación de trolas e medias verdades interesadas na desinformación e na antipolítica, corre un grande  perigo. Pois a manipulación escápase ó control da racionalidade, e eso lévanos  camiño dunha verdade ficticia, falsa e perniciosa para a sociedade. Unha falsedade que ven da man dos predicadores e charlatáns populistas que propoñen solucións sinxelas e drásticas  e que non son nada máis ca  un perigo para a democracia. Lembrar o que trouxo o nazismo e o fascismo nesta vella Europa  pode facernos reflexionar  a todos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas