Non todo vale pra acadar o poder

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pedro Sánchez sigue ó frente do goberno. É unha decisión que parece acaída e sensata. Pero máis que criticar o paron de cinco días, haberá que falar do que parece que se afrontará.  Pois  desde hai moito tempo precísase abrir  un proceso pra comezar a limpar o lixo e a intoxicación  na política, e  dotar á vida pública  do valor da ética  na práctica diaria. Son moitos os casos  de denuncias falsas ou con intereses  espúreos que se usaron  pra  forzar demisións  e  que axudaron  a cambiar de signo ós gobernos de distintas administracións. 

Exemplos recentes hai moitos. Facendo un chisco  de memoria,  alguén aída se lembrará de  cando Feijoo gañou as elecións primeiras en Galicia. Foi  no 2009. Supoño que moitos acordaranse  do caso dos coches oficiais,  das cadeiras e do acoso que se lle fixo o Sr. Quintana con bulos de maltrato a unha muller. O obxectivo era que  había que derrubar o bipartito. O certo que aquela campaña liderada por un medio galego foi o acicate pra que bailara un escano e Feijoo chegara á presidencia da Xunta. Houbo máis casos, pero citarei o máis recente que foi o  de Mónica Oltra. Denunciar tentando acadar réditos políticos seguro que seguirá existindo, e sempre haberá xente da vida partidaria, que facendo esas manganchas,   terá aliados  nalguha  prensa para tentar   influir na opinión da cidadanía  e mudar o sentido do voto.

A maneira de actuar é moi sinxela: unha organización copia unha nova deses  medios  que son lacaios de grupos vinculados á extrema  dereita e  que citan a persoas  cargándolle corruptelas. Logo veñen as asociacións vinculadas  a esas forzas e van ós tribunais coa denuncia. Despois ven un xuíz deses que ignora ou esquece  os criterios de ponderación e abre dilixencias. E o acusado  que se amole.

Facer ver que todo  é corrupción sempre foi un obxectivo que a dereita política  empregou con moita frecuencia.  Pois aínda que lle afectou  é moito, o seu electorado apenas o penaliza. Mentres que na esquerda eso págase coa perda de moitos apoios.

Non hai moito tempo aconteceu no veciño Portugal co presidente Antonio Costa, este tivo que dimitir por acusacións das que falamos, e despois da dimisión e  convocatoria de eleccións, chegou un cámbio de tendencia que favoreceu  ós conservadores e aupounos  ó poder na república veciña. Poucos días  despois, o asunto arquivouse.

Nesta cidade tamén aconteceu algo semellante co bipartito hai uns cantos anos.  As imputacións da man da xuiza De Lara foron a causa. Mais no seu afan xusticieiro esta  señora esnaquizou unha alternativa de goberno que tiña unha maioría sólida. Tampouco me quero esquecer de quen hoxe é alcalde desta cidade, que  denunciando  a compañeiros fixo moito dano. As denuncias  foron todas  arquivadas, pero antes pasaron polo calvario dos xuizos. E logo ó preguntarlle ó denunciante, iste contestou: nos dixemos o que publicaba un medio, que a xustiza   investigue.

A política debera ser a prestación dun servizo á sociedade e  tamén debera ser un exercicio noble. Máis, a día de hoxe, non o parece. Vivimos no  tempo do insulto e da falla de argumentos e propostas. Vivimos no tempo da descalificación e de enmerdar todo.  O  paso  que deu o presidente Sánchez debera abrir un debate na sociedade pra tentar dotar á vida pública dunha ética respetada por todos. Nunha democracia non hai enemigos, hai adversarios.  Con todo, si as eleccións  de  Cataluña lle saen ven o PSOE  e hai un presidente na Generalitat socialista, quedando eliminado Puigdemon,  ós populares terán as cousas  moi dificiles por un tempo  pra chegar á Moncloa. E xa veremos se toda esta pandemia de acoso e derribo cae o chan polo seu propio peso, pois non todo vale pra chegar ó poder.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas