Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Imaxe da portada: Casa dos Reque, Carballiño, con patín, solaina e parra

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Cando cavilo nunha casa tradicional  galega co seu emparrado na fronte, penso nas do meu carballiñés barrio de Flores: na casa dos Reque, na da Cambesa, na do Piros… na parra da taberna do Chupete, na da Gazpara, que non sei porque motivos non se deixou que seguira agarimando aquel concorrido resío, sobre caldeira do pulpo e das mesas.

Falar da casa tradicional galega levaríanos a un longo debate entre que tipoloxías escoller como antolóxicas. Teríamos en conta esa relatividade do espazo e do tempo: casas que caracterizan bisbarras e diferentes épocas. Aínda que existe unha casa esencial, rural, labrega, gandeira e mesmo mariñeira que caracterizou Galicia: casa cuns prototipos moi comúns, como o patín, con parte baixa dedicada á adega, espazo con algo de sacro e misterioso, sempre entre penumbra medida. Parte pegada ao chan na que tamén poden estar ás cortes para o gando e onde gardar os apeiros do traballo. Accedese a esta parte baixa por un portalón, quizais na parte superior da súa carpintería aburatado en retículas, a fin dar ventilación ao interior. Parte enmarcada polas ménsulas que sosteñen a soleira. Fachada que da acceso ao sobrado mediante unha escaleira, xeralmente de pedra, logo a unha solaina cos seus balaustres, cuberta coa prolongación do tellado. Espazo ben orientado ao sol da vida que abre portas ao interior, zona  pois illada das humidades, onde esta a lareira con máis ou menos cambota, calefactorio  dos cuartos. Casa sinxela, iso si, funcional, a que, segundo os posibles se complementará con mellor ou peor cantería ou carpintaría, labras, cintados, caleados….

CASA CASIANA CARBALLIÑO, Foto Felipe-Senén 1975

 Como dixemos accedese ao sobrado por uns chanzos, escaleiras de pedra, o patín, moi significativos na tradición: chanzos que serven de asento para a conversa, para aqueles parladoiros, onde borbullaba a conversa de vellos de caxato e se debullaban ideas que eran escoitadas con respecto relixioso, historias e contos cargados do tan inspirador realismo máxico: aconteceres no camiño, de feira en romaría, de aparicións, milagres, mouras, señas, compañas, fauciosos, Pepa Loba, guerras de noutrora…

Chanzos, que quizais directamente o nun xiro de ángulo recto, subían e remataban en devandita solaina, balcón con varanda de madeira ou mesmo de balaustres de pedra, segundo o poderío dos seus propietarios. Miradouro, acolledor lugar, tanto pola fresca dos seráns do verán, como na invernía para a protección da chuvia. Solainas que a finais do século XIX e durante todo XX, moitas delas, cubriríanse de carpintería e vidro plano, orixe da galería, outras veces co mal gusto das ladrilladas feistas. Espazo que, como dixemos, abre portas á lareira e aos cuartos… un deles, pequeno, podería ter un escusado de madeira, con burato que daba ao galiñeiro, nas casas máis pobres semellantes necesidades poderíanse facer no campo…

Emparrado antigo sobre pilón

E de vello, quizais de tempos romanos, ou ao menos medievais, o emparrado era o complemento do fronte da casa, continuidade do aleiro do tellado ou do chan da soleira, viseira natural de espeso verde, a desafiar a raxeira do sol, para a mellor sombra e frescura  nas raxeiras do verán, madurando acios de uvas no setembro, ouridourando follas polo San Martiño dos Magostos , as que murchas, bailando caen mainamente co ventiño outonal, para deixar espida a retorta parra, agarimando aleiros, esteos, agora deixando furar ás raiolas xenerosas do sol tísico invernal. A parra foi complemento imprescindible e aínda a ollamos sobrevivir, rebelde, nas máis vellas, ameazadas pola insensibilidade e a ignorancia.

Plantar unha parra na dianteira da casa, herdo grecolatino, poético, simbólico…

Emparrados que podían complementar resíos, eses espazos para o uso da casa, dando sombra: diante, na fachada, sobre un rueiro, sobre a fonte, quizais tamén como pérgola sobre uns banquiños, cando non con mesa de pedra. Necesaria parra á porta de moitas tabernas, baixo as que ademais instalar a caldeira de cocer o pulpo e as mesas e bancos de madeira. Pois a sombra era fundamental na feira, velaí as carballeiras baixo as que os feirantes e o gando tanto se acollen do sol como da chuvia. Mesmo a arquitectura cultura, a que re-crea sobre a tradición, ofrece lembranzas do que dicimos. Velaí  sobre os chanzos da compostelán praza da Quintana como asoma a chamada “Casa da Parra”, todo un documento barroco da capital que dicía don Ramón Otero Pedrayo “a gran aldea de Galiza”.

iman-calendario-agricola-septiembre-r-c-de-s-isidoro

Ben  acaído o título que ao seu blog internáutico deu  o sempre lembrado amigo ourensán Marcos Valcarcel , o de “As uvas na solaina”. Epígrafe que suxire canto vimos dicindo e un universo de Auria, sabendo que Martiño de Dume, alá  nos tempos priscilianistas, polo século V, edificou na cidade das Burgas unha ermida dedicada ao seu paisano e homónimo da Panonia húngara, Martiño de Tours. Templo que o cronista Hidacio di, tiña a dianteira cuberta cun emparrado…Otero Pedrayo, herdeiro de casa grande en Trasalba, gabábase das súas dúas solainas e patín, a da entrada de carpintería deseñada por Castelao.

Acae o fado portugués interpretado divinamente por Amalia Rodriguez, o que tanto describe a “Casa portuguesa” como o espírito que nela habita. Con retrouso que fai referencia ao “cacho de uvas douradas”, acios que maxinamos pendurados sobre a entrada: “… Quatro paredes caiadas/Um cheirinho á alecrim/Um cacho de uvas doiradas/Duas rosas num jardim/Um são José de azulejo/Mais um Sol da primavera/Uma promessa de beijos/ Dois braços à minha espera/É uma casa portuguesa, com certeza…” Herdo esencial da casa grecolatina.

Rúa de Cambados 1

Emparrados que en setembro deixan ver pendurados acios de uvas, a materia prima do viño e de canto supón a viticultura e a vinicultura, como a arqueoloxía do viño. Rifándose varios países a orixe da cultura do viño: algúns coidan que foi alá polo 6000 a.C. en Mesopotamia, onde naceron tantas cousas que aínda nos caracterizan,  incluso atopándose en Armenia unha adega, a de Areni, do 6000 a. C, con cacharros de barro. Os exipcios coñecérono tamén. Viño moi presente na Biblia, nas borracheiras dos patriarcas, de Noe, Lot… sorprendentes acios da Terra Prometida…entre tantos episodios do Novo Testamento: parábolas, vodas, ceas e aquel “Eu son a vide e vos os sarmentos…” Foron os fenicios, logo gregos, etruscos e romanos os que  melloraron técnicas de elaboración, os que fixeron da parra símbolo decorativo de espiritualidade, dunha eterna placidez, de festividade e fertilidade, en palacios e tumbas… Viño que pasará a ser bebida representativa do occidente, vinculado polos gregos a ritos dionisíacos, e polos romanos cos báquicos, o Cristianismo con Cristo… exaltación anímica, da vida, dos banquetes… Resultado dunha longa ascese que supón a selección, o coidado da terra e dos viñedos, para logo a vendima, pisar, recollelo en cubas, fermentar e…  entendelo como sangue da terra, dos deuses e da que se fai sacramento. E velaí a misión cristián, a dos mosteiros bieitos, a que espallou  neste confín a vitivinicultura. “In vino veritas”,  así pois dos cerimoniais fúnebres…”y con el vino e apagan las penas…”

A arqueoloxía castrexa parouse neste aspecto, descubrindo que os castros asentados nas ribeiras daquel orientativo gps que na antigüidade foi o Miño, como San Cibrao das Las e os castros da Bracarense, como Briteiros, Mozinho, etc, ofrecen pebidas de uva. No sc. I comenta Estrabón, que estes pobos celtas non beben viño e si algo elaborado de froitas , “zythos” (sidra, cervexa?) O que si abonda, xa de época romana, e  mesmo por esta mesma área, son lagares labrados en pedra…

E non queremos deixar a cousa no pintoresquismo, pois a vide ten  un profundo simbolismo que se perde na antigüidade, representada en labras decorando pazos, tumbas, gregas, etruscas, romanas… Por algo simbolismo eucarístico tamén, representadas envolvendo as columnas salomónicas tan características do barroco galego, con apoteose sobre o altar maior de Celanova, traballo escultórico de Castro Canseco e que para min, compiten coas do baldaquino que Bernini deseñou para cubrir o altar da basílica vaticana.

En resume, unha parra á porta da casa é algo máis que unha metáfora: Brindemos polo feito.

______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño