Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

As ciencias, despois de todo, son propias creacións nosas, incluídos todos os severos standards que parecen impoñernos. É bo lembrar este feito. É bo lembrar constantemente o feito de que é posible fuxir da ciencia tal como hoxe a coñecemos, e que podemos construír un mundo no que non xogue ningún papel (P. Feyerabend: Contra o método)
Non vou utilizar o concepto de ciencia nun sentido amplo, senón no seu sentido estrito. Baixo este enfoque, a ciencia debemos entendela como unha forma de comprender o mundo dun modo similar a como o fai a filosofía. E asumo o concepto ciencia no ámbito de ciencia pura ou básica, que se distingue da ciencia aplicada e mesmo da técnica. Poden valer como exemplos de ciencia básica a física clásica, a física relativista, a física cuántica, a teoría da evolución, a bioloxía molecular, a xenética, a neurofisioloxía, etc. En cambio, a ciencia aplicada ten a súa fundamentación na ciencia básica e o seu campo de aplicación é moito máis restrinxido que o da ciencia pura porque a súa finalidade é primordialmente práctica e controladora do mundo. Neste aspecto, poden servir de exemplos de ciencias aplicadas a química, que estuda e manipula produtos naturais, a silvicultura, que estuda un determinado tipo de bosque e de árbores, ou a farmacoloxía, que examina as substancias beneficiosas ou daniñas para certas especies de seres vivos.
Deberá entenderse que a ciencia básica preocúpase por descubrir leis xerais, mentres que a ciencia aplicada utiliza as leis que descobre a ciencia pura adaptándoas a determinados ámbitos do mundo real. Con todo, a ciencia aplicada e a técnica tamén dotan á ciencia básica de novos materiais propoñéndolle problemas interesantes.
A filosofía, desde unha óptica epistemolóxica, revisa a ciencia para, dentro da súa incuestionable grandeza, descubrir tamén os seus límites. A filosofía da ciencia e da técnica estuda problemas lóxicos, nosolóxicos ou metafísicos que xorden na investigación científica e tecnolóxica. Hai problemas metafísicos tales como que é o tempo, que é a vida, que é a psique. Ou problemas nosolóxicos, como a diferenza entre o coñecemento científico e o coñecemento vulgar. En todo caso, aceptamos que a ciencia está ontoloxicamente dependente do mundo.
O mundo no que vivimos
Acudo a un texto de Mario Bunge, extraído do epígrafe titulado ¿Descubrimiento o invención?, que pertence ao libro Cápsulas:
La Antártida y Neptuno, los átomos y los fotones, las neuronas y las moléculas de ADN, ¿fueron descubiertos o inventados? Si el lector es tan realista y poco rebuscado como el autor, dirá que todo eso fue descubierto. Y agregará que todos esos objectos naturales existían mucho antes de que lo supiéramos, como posiblemente existen muchísimas otras cosas acerca de las que no tenemos la menor sospecha, pero que, acaso, serán descubiertas eventualmente. El caso de las cosas naturales es muy diferente del de los artefactos: éstos, sean materiales como los automóviles, conceptuales como las teorías, o simbólicos como las palabras, las señales viales y los mapas, son construidos por seres humanos. Hasta aquí, el sentido común.
La novísima sociología del conocimiento niega lo anterior: sostiene que nada existe de por sí, que todo es construido y nada es descubierto. Muchos escritores pertenecientes a esta corriente sostienen además que todo conocimiento, incluso el matemático, tiene un contenido o significado social por ser una reconstrucción social, o sea, obra de un grupo de gente.
Como se pode inferir deste texto, Bunge confésase absolutamente realista e defensor da existencia dun mundo real, independente das teorías científicas. Non obstante, por medio dese texto, sitúanos dentro dun profundo dilema epistemolóxico: realismo-construtivismo. É posible que non existan obxectos físicos e que todo o percibido non sexa outra cousa que pura construción humana? O propio Bunge explica que Niels Bohr sostivo que non existen feitos atómicos ou nucleares que sexan independentes dos científicos, senón que todos son provocados polos experimentos.
Ludwig Fleck, un médico polaco, publicou en 1935 un libro titulado Xénese e desenvolvemento dun feito científico. O feito científico ao que fai referencia Fleck era a sífilis que, segundo o autor, foi unha “construción colectiva”. Fleck atreveuse a dicir que non había sifilíticos de non haber especialistas en “enfermidades secretas”. Esa infección venérea, a sífilis, nace ao ser pensada pola comunidade médica. A tese esgrimida por ese médico encaixa perfectamente coa teoría do filósofo G. Berkeley (1685-1753): “Esse est percipi”, o ser existe cando se percibe.
O libro de Fleck influíu de forma determinante na epistemoloxía de Thomas Kuhn (1922-1996). Este historiador norteamericano, ao que se considera heterodoxo da ciencia, pero un dos máis influíntes representantes da denominada “nova filosofía da ciencia”, distingue entre a “ciencia normal” (actividade científica que funciona de conformidade con paradigmas establecidos) e a “ciencia extraordinaria” (a actividade que produce un cambio de paradigma, que el denomina revolución científica). Pois ben, Kuhn compartía as ideas de Fleck ao considerar a verdade do coñecemento científico como unha convención social.
A partir de 1940, a socioloxía da ciencia abandona a etapa ideolóxica e ubicáse na científica. Un dos primeiros epistemólogos deste cambio foi Roberto K. Merton, quen valorou a actividade científica fronte a outras actividades epistemolóxicas.
Despois de 1970, as teses de Merton atoparon rexeitamento por parte dunha pléiade de filósofos, antropólogos, sociólogos e ideólogos que levaron a cabo o que denominaban “o mito da ciencia”, entre os que atopamos a P. Feyerabend. Estes posmertonianos son construtivistas porque negan a obxectividade da ciencia e a obxectividade do mundo, e sosteñen que é o ser humano quen constrúe a realidade. En contra da teoría de Merton afirman que o coñecemento científico é esencialmente local, non universal. Incluso se atreven a dicir que ciencia é o que cre a xente. O pensamento desta tendencia epistemolóxica queda sintetizado nesta famosa consigna de Feyerabend: “Todo vale”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Debemos admitir que o universo non está sometido á obriga de conformarse a calquera desexo científico ou conxectura intuitiva. De igual modo debemos aceptar que as formas que utilizamos os seres humanos para comprender e interpretar o universo amosan trazos e variantes diversas, tanto nos enfoques actuais como ao longo da historia. Sabemos que ao longo dos séculos os seres humanos sentiron curiosidade por coñecer o mundo que nos rodea e pretenderon dar explicacións a unha serie de interrogantes que nacían do propio contacto coas cousas. Así foron aparecendo os mitos, as relixións, a maxia, a filosofía, a ciencia… deixando cada unha destas formas de ver o mundo (o que Wilhelm Dilthey denominaba weltanschauungen) unhas pegadas imborrables nese longo camiño da historia.
Nas últimas décadas, dous modelos cosmolóxicos rivalizaron por impoñer o seu dominio no ámbito científico nuns momentos en que imperaba a Teoría da relatividade e se obtiñan grandes achados no micro e no macrocosmos.
Por un lado, a teoría do Big Bang (gran explosión), postulada entre outros polos físicos Alexander Friedman, Georges Lemaître, Edwin Hubble e George Gamow, segundo a cal o desenvolvemento do universo primitivo e a súa forma prodúcese desde unha singularidade primixenia a partir dunha cantidade finita de materia.
Pero no ano 1949 apareceu un modelo alternativo ao Big Bang, outro modelo cosmolóxico coñecido como teoría do Estado estacionario, desenvolvido por Hermann Bondi, Thomas Gold e Fred Hoyle, segundo a cal a cantidade de materia no universo é infinita. Cando se expande, está creándose continuamente materia para evitar que o universo se enrareza. Este modelo sostiña que o universo nunca tivo unha orixe, senón que sempre existiu do mesma xeito como o coñecemos hoxe. Pero no ano 1965 esta teoría sufriu un duro golpe ao se descubrir a radiación de fondo de microondas e a presenza de quásares nas galaxias máis distantes. Era evidente que o universo estaba cambiando e que o modelo estacionario, no que se defende un universo sempre igual, xa non servía para explicar estes novos achados.
Aparece así a teoría do Gran Rebote, que representa unha aportación á teoría do Big Bang. Esa teoría explica que o universo actual, en lugar de empezar da nada nunha singularidade de densidade infinita, é resultado do colapso dun universo anterior. É dicir, que o Big Bang non sería o inicio do tempo, senón o momento en que un universo anterior que regresaba ao seu inicio no Big Crunch, rebotou para empezar de novo.
En todo caso, no mundo no que vivimos está interpretado por incalculables teorías científicas, entre elas estas últimas. Pero hai moitas máis.
As trampas na ciencia
Un preludio das actuáis fake news está no xa recoñecido escándalo Sokal, un dos episodios máis controvertidos na historia académica moderna. Este caso non só puxo en dúbida o rigor de certas disciplinas, senón que iniciou un debate intelectual sobre a natureza da verdade e da ciencia.
Era o ano 1996 cando Alan Sokal, profesor de física da Universidade de Nova York, decidiu realizar un experimento social nada convencional. Na súa opinión, había un evidente declive nos modelos de rigor intelectual nas humanidades. Por iso decidiu enviar un artigo á prestixiosa revista de estudos culturais Social Text, que publicaba a universidade de Duke, pero era dirixida por membros vinculados á universidade de Nova York. O título era tan rimbombante como incomprensible: “Transgredir as fronteiras: cara a unha hermenéutica transformadora da gravidade cuántica”. O propio Sokal manifestou máis tarde que ese artigo era unha parodia, xa que el o deseñara para que soase como sofisticado, pero que carecía de sentido. O texto estaba deliberadamente infestado de afirmacións absurdas, citas fóra de contexto e unha xerga posmoderna utilizada como ornamento máis que como ferramenta de pensamento. Na súa argumentación citaba autoridades e intelectuais famosos como Derrida ou Deleuze para validar afirmacións científicas absurdas. Unha das afirmacións que aparece no artigo era que a gravidade cuántica era unha construción social e política. Pero, a pesar diso, o artigo foi aceptado e publicado pola revista Social Text sen sometelo a unha revisión por pares de físicos especialistas, asumindo que o contido científico era correcto porque encaixaba coa súa liña ideolóxica.
O mesmo día da publicación, Sokal revelou o engano noutro artigo na revista Lingua Franca, deixando claro que o seu artigo era un absurdo total. As súas conclusións foron devastadoras pola falta de rigor. Non se explicaba como unha revista académica publicara un texto que calquera físico cualificaría como absurdo. Sokal revelou que o seu artigo era un experimento deseñado para comprobar se unha revista prestixiosa publicaría un texto sen sentido sempre que confirmase os seus prexuízos ideolóxicos. Na súa opinión, o artigo foi aceptado porque dicía o que os editores querían oír, é dicir, que a ciencia é subxectiva.
Este caso debe provocar unha reflexión ética e científica, avogando que o pensamento crítico e a claridade deben estar por encima da ideoloxía, e que a utilización de léxico rebuscado non vale máis que para ocultar a falta de ideas.
A vixencia do escándalo Sokal maniféstase hoxe a través da IA. A recente validación de artigos médicos con representacións anatómicas ficticias pon de manifesto unha fenda perigosa no proceso de revisión por pares. Este fenómeno lémbranos que a aceptación acrítica de contidos, sexan humanos ou da IA, compromete a integridade do coñecemento científico. Non todo vale!
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.
















