Amarrado polos ovos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O exemplo do dentista que puxo Jácome hai uns días falando coa prensa, e  vistas as frases literarias que deixa sempre que abre a boca e di algo, non debían chamarlle a atención a ninguén. O alcalde é clariño falando daquelo que lle convén, ainda que doutras cousas garde un silencio que sinala o  escurantismo no que vive o seu goberno. Polo que amosa que está cheo de culpabilidades que a día de hoxe   o  teñen en vilo.

Ourense cidade viven un tempo  institucional que conviría esquecer canto antes;  pois somos o faime rir, non so de Galicia se non de  todo o Estado. A linguaxe  do despótico e  chocalleiro alcalde  é unha boa mostra do poulismo barato ó que estamos sometidos todos. Pero, que naide se engane:  Jácome está moi nevioso e inquedo,  pois sabe que na política galega non pinta nada e xa é mais un estobo que outra cousa. Non é chave en Compostela e,  por moito que fale de ovos, ó PP non lle fai falla pra nada,  pois a Deputación non corre perigo ningún.

Polo que o PP, partido que sempre foi de goberno, debía dar un golpe na mesa e apartar a Jácome da lacaldía canto antes polo seu ben e polo prestíxio que perde dándolle un apoio, ben con abstencións, calando e tragando sapos,  ou co seu voto.  Eu ben sei que a moción é posible a día de hoxe. Polo que a pregunta é a seguinte: merécelle a pena o PP salvarlle os mobles a un alcalde e a un grupo de aproveitados  a cambio de nada e perder prestíxio diante a cidadanía?

Chegou o tempo de que o sr. Menor demostre quen leva os galóns e quen manda.  Chegou o tempo de que  actúe de xefe pois, o que acontece en Ourense é un caso especial e como tal ten que ser tratado.

Jácome movese  moi ben no lixo da confrontación marrulleira na que moitas veces anda  o debate político. O  seu campo mellor é  enzoufarse no lodo.  Mais ise  comentario, si, o dos ovos,   debía ter unha resposta contundente.  E eso  ímolo ver cando  presente os seus presupostos e llos rexeiten,  e logo pida unha moción de confianza. Agora xa non  está Baltar na cadeira da Deputación; agora a moción de censura tampouco  parece posibel na Deputación. Agora o PP non precisa en Santiago a ise deputado de DO.  Polo que as preguntas saltan á luz e poñen branco sobre negro. Na provincia hai tres forzas políticas que teñen unha forte implantación da que  carece o grupiño do alcalde. A que esperan pra porse dacordo e limpar o Concello das Burgas? A que esperan pra impedir o deterioro dunha institución como o Concello. Ben sei que a culpa non esta repartida por igual. Pois o PP é o que ten moita  máis cós demais.

Polo que, por moito que berre o dono do micro, por moito que predique quen dá e corta intervencións cando lle peta, a día de hoxe non ten a ninguén amarrado polos cataplíns. Eso é unha farolada dun home que ten unha gran diarrea verbal. E si Jácome sigue na cadeira de mando é porque, sobor de todo os populares, carecen de liderazgo en Ourense. Pois, si en Santiago non precisan de DO  e en Ourense tampouco, a que coño  esperan.

En política hai que facerse valer. E moitas veces hai que demostralo. Ate donde eu sei hoxe a moción de censura é posibel. Pois ben,  polo ben da cidadanía de Ourense convén que os grupos se poñan dacordo e actúen.  En fin,  chegou o tempo de  baixar da nube a quen non debía estar na cadeira de mando. Esperemos acontecementos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas