Cuniupuyara

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tiña escoitado  falar de moitas historias dos galegos polo mundo da emigración onde algúns, non todos,  fixeron fortunas, ou como se dicía as Américas  creando empresas moi importantes. Algunhas aínda seguen con grande éxito nos nosos días. Citarei a do veciño de Seixalbo “César Iglesias Freire 1910” na República Dominicana.  Tamén  sabía doutros que inventaron  xogos  como  o Futbolín “Alejandro Campos en 1937” aínda que este foi emigrante en Cataluña.  Ou  de que  cantigas moi populares como a  Rianxeira, que non son tradicionais  como din algúns libros, pois   teñen autor con nome e apelidos. E aínda que moitos galegos no o saiban,  está melodía escribiuna un galego na Arxentina e despois de estreala nun teatro de Bos Aires volveuse a cantar  pra recibir o ilustre exiliado Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.  Atahualpa Yupanqui cantautor dixo con insistencia: Cando as cantigas son queridas e asumidas polo pobo xa non  pertencen ó seu autor,  aínda que a legalidade o diga. Este é o caso da Rianxeira. Pero vou o asunto deste comentario, pois a historia do rei dos Xíbaros, que seica foi o galego Alfonso Raña natural dunha parroquia de Avión provincia de Ourense, animou a miña curiosidade pola novela que comento.  As historias de galegos polo mundo, sobor de todo os da primeira ola de emigrantes sen papeis de finais do século XIX, agochan moitos persoeiros que deixaron pegada no que  daquelas se chamou o novo mundo. 

Pois ben, hai un par de semanas asistín á presentación dun libro dun autor ourensán  que polo seu nome  e co que escoitei no acto chamoume a atención. O nome  resultoume un chisco misterioso. E, canso de escoitar tantas novas  e trolas do mundo actual; novas que non me gustan ren, ou ver  disputas políticas nas que a culpa do que acontece nesta península  sempre é dos outros, metinme nas súas tripas coa idea de descubrir algo que descoñecía. E así foi.  O relato comenza nas terras desta provincia onde uns  pais danlle o seu fillo maior uns papeis do avó pra que os lea e se pode ordene  toda a correspondencia   e así coñecer o que neles contaba. El xunto cos seus irmáns comezaron unha tarefa de investigación na que relata as andanzas  de varios mozos desta terra  que na súa xuventude acordaran que na súa vida manterían contacto contándose as súas  peripecias  polo mundo. Pois ben,  un  grupo deses mozos atraídos pola ambición dun tesouro que se atopa nunha cidade misteriosa   soñan con acadalo  pra  repartilo entres a xente máis necesitada, aínda que  outro quéreo  pola cobiza de facerse rico. E desa maneira  comenzan unha viaxe por diversas cidades ate chegar á selva amazónica. Van  na busca dese tesouro que seica está  nunhas terras descoñecidas e realmente misteriosas.  Nese devagar pola xungla caen presos dunha  tribo. E como prisioneiros conviven con eles un tempo  no que comparten a maneira de existir e  ven as barbaridades que cometen, así como as virtudes que amosan cara a nai natureza. Os nativos  son moi supersticiosos  e  fan ritos que os deixan moi asustados, dado que incluso  temen pola súa vida.

Despois de gañarse a amizade dos xefes  seguen  na busca do tesouro.  Percorren  a foresta e navegan polos  ríos  ate chegar ás terras misteriosas  e acadar o tesouro  pra  rematar as súas peripecias dunha maneira moi inesperada.

Na lectura desta novela de Xusto Calviño, un ourensán de pro, e un activista cultural como o cualificaron hai uns días en Lugo tras recibir unha distinción polas súas actividades a prol do mundo da cultura e da dinamización social, aparecen cantidade de nomes de pobos e cidades  que chaman a atención, pois para nós que estamos  a outro lado do Atlántico  sonnos  un tanto raros e certamente exóticos. Nomes que falan de lugares onde a natureza ten as súas leis e onde a xente a respecta moito, pois é a nai de case todo e tamén das súas vidas.

En fin, de Cuniupuyara  non direi nada máis. Soamente que é unha  novela  que lin con certa paixón, pois adentroume nun mundo descoñecido para min. Un mundo moi distinto ó noso. Polo que de seguro que nos abrirá ós ollos  como lle pasou ós protagonistas desta historia. Noraboa para o autor por legarnos este fermoso relato que está entre a realidade e a fantasía.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas