Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda
Estamos aproximándonos aos días importantes e significativos das festas do Nadal. Ben é certo que o ambiente e as mensaxes navideñas nos veñen acompañando desde hai semanas, mesmo meses, como un impulsivo intento de camuflar e desactivar as actuáis tensións políticas e os desencontros sociais. E todo iso para substituílo por uns insistentes e gaioleiros desexos de paz e dunha obsesiva procura de felicidade. Pero o cerne das celebracións está nos próximos días. Os festexos do Nadal veñen cargados de simbolismo relixioso e de connotacións fundamentalmente cristiás, aínda que a evolución desa festividade transitou por múltiples e abruptas fases no longo itinerario da historia.
Os primeiros datos da festa do Nadal apuntan ao século III, cando os primeiros cristiáns celebraban nas catacumbas a Natividade de Xesús. Con Constantino, o primeiro emperador romano que legalizou o cristianismo polo edito de Milán no ano 313, as celebracións do Nadal saíron ao exterior e lograron expanderse polo Imperio romano. Na actualidade soe utilizarse para esta celebración o nome de pascua, palabra que provén dos xudeos. Estes celebran a pascua (Pesaj), que significa “pasar”, como a data da liberación do pobo hebreo da escravitude de Exipto, segundo relata o libro do Éxodo. Esa pascua hebrea coincide sempre no mes de abril do calendario gregoriano. A expresión “felices pascuas” utilízase para desexar alegría e felicidade durante todo ese período festivo que vai desde Nadal ata a pascua de resurrección.
O cristianismo celebra catro pascuas, ou grandes festividades relixiosas: a de Navidade, a da epifanía (6 de xaneiro) ou día dos Reis, a de Resurrección e a de Pentecostés. Os primeiros cristiáns celebraban o nacemento de Xesús o día 6 ou 7 de xaneiro. A partir do século IV, a Igrexa traslada a data do 6 de xaneiro ao 25 de decembro, que era a data na que o Imperio romano celebraba as saturnais (festa rural que duraba sete días) para así eliminar esa festa pagá. Ademais, coincidindo co solsticio do inverno, Roma celebraba a festa do Sol Invito, cando os días empezaban a medrar grazas á presenza do sol.
Porén, non todos os cristiáns celebran o Nadal en decembro como se adoita facer, pois os ortodoxos, a diferenza dos occidentais, fano máis tarde. Os cristiáns ortodoxos celebran a Noiteboa o 6 de xaneiro, mentres que para eles é o 7 de xaneiro a súa festa do Nadal. E celebran o Aninovo o 14 de xaneiro. Como se ve, as súas celebracións teñen lugar dúas semanas despois de que o celebraran os cristiáns occidentais. E cal é o motivo desta diferenza? Principalmente, un desacordo co calendario entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. A Igrexa católica toma como referencia o calendario gregoriano, introducido en 1582 polo papa Gregorio XIII, calendario que se corresponde co ano solar. Este é o calendario máis utilizado do mundo. A Igrexa ortodoxa toma como referencia o calendario xuliano, introducido por Xulio César no ano 45 a. C., e que tamén é un calendario solar, pero lixeiramente desfasado con respecto ao ano solar, co que presenta unha diferenza de 23 días que o calendario gregoriano corrixiu.
Pero en que data naceu Xesús?
Só dous evanxelistas –Lucas e Mateo- fan referencia ao nacemento de Xesús. Nin Marcos nin Xoán aluden a ese dato. Si hai alusión a este asunto nos evanxeos apócrifos, en especial o Protoevanxeo de Santiago e o Evanxeo do Pseudo Mateo, onde se cita a San Xosé como carpinteiro, ao boi e ao burro como animais que lle deron calor ao neno en Belén, á chegada tardía dos Reis Magos á cova -non citan ao pesebre- onde estaba o neno Xesús…
Ata o século XVI, o calendario vixente era o calendario xuliano, implantado polo emperador Xulio César no ano 45 a. C. Ata daquela, os anos rexíanse pola fundación de Roma (ab urbe condita, de Tito Livio). O monxe medieval do século V, Dionisio o “exiguo”, quixo cambiar o calendario Diocleciano, da etapa dos mártires, por un calendario cristián que comezaba a conta co nacemento de Cristo. E tomou como referencia a Pascua de resurrección, como propuxera o concilio de Nicea no 325. A partir de aquí quixo reemprazar os anos dioclecianos que se usaban nas táboas de Pascua por outras que confecionou el mesmo. Pero equivocouse na data do nacemento de Cristo, porque ao datar a morte de Herodes I, que perseguiu aos nenos menores de dous anos, colócaa catro anos antes de nacer Xesús. Dionisio sitúa o nacemento de Xesús no ano 753 desde a Fundación de Roma –ab urbe condita (AUC), que equivale ao ano 1 despois de Cristo, cando debería situalo no 748.
O historiador xudeo Flavio Josefo sitúa tamén a morte de Herodes I no ano 754 AUC, catro anos antes de nacer Cristo. Polo tanto, está case admitido por todos os estudosos deste tema que Cristo nacera o ano 4 antes de Cristo.
Pero hai outro problema: o mes do nacemento. Aténdose aos evanxeos, segundo Lucas, o arcanxo san Gabriel comunícalle a Zacarías que a súa muller, Elisabeth, vai quedar embarazada. Seis meses despois, o arcanxo visita a María e dille que vai concebir un fillo que se chamará Xesús. Pois ben, botando contas entre o nacemento de Xoán Bautista, fillo de Zacarías e de Elisabeth, que tería lugar 280 días da aparición de Gabriel a Zacarías (tendo en conta o mes que lle tocaba a Zacarías coidar do templo -era agosto-), sería entre o 19 e 20 de abril, Xesús nacería seis meses depois, é dicir, entre setembro e outubro. Esta tese aválana varias circunstancias:
1.- O que di o evanxeo de Lucas sobre os pastores, “que tiñan os rabaños á intemperie”, e polo tanto non podía ser inverno.
2.- César Augusto obriga a censarse. En consecuencia, non podía ser inverno cando a xente se tiña que desprazar.
Os calendarios xuliano e gregorino
No ano 1582 aparece o calendario gregoriano, impulsado polo papa Gregorio XIII, que substitúe ao calendario xuliano, cumprindo a proposta do concilio de Trento (1545-1565). No concilio de Nicea (325) decidiuse que a Pascua se tiña que celebrar o domingo seguinte ao plenilunio do equinoccio de primavera no hemisferio norte, e no do outono no hemisferio sur. Pero co paso dos anos, o desfase entre o cálculo do ano trópico no sistema xuliano (365 días e 6 horas), que incluía un ano bisesto cada catro, orixinou un desfase de algo máis de 11 minutos (xa que o ano ten 365 dias, 5 horas, 48 minutos e 45,16 segundos). Dese modo, entre o concilio de Nicea, 325, e a implantación do calendario gregoriano, 1582, había máis de 10 días de error. Pois ben, o calendario gregoriano modificou a regra dos anos bisestos establecendo unha excepción: que os anos que sexan divisibles por 100 non sexan bisestos, con excepción dos divisibles por 400 que si o serán.
A iconografía do Nadal e o seu significado
Luces. Actualmente, a iconografía do Nadal é prolífica e polícroma nos seus recursos decorativos. Empezando polas luces, que representan as velas que se utilizaban nos primeiros tempos do cristianismo, simbolizando a Cristo como luz do mundo. Hai quen as interpreta, porén, como símbolo do Sol Invito dos romanos. Nos últimos anos, o desafío das luces nas cidades forma parte dos retos políticos. Instalouse unha obsesiva competencia nas grandes metrópoles por superar en número de bombillas ao resto do Estado. Nalgún caso, hai cidades nas que o seu alcalde só quere competir en luces con Nova Iorq.
Os beléns de Nadal, coñecidos como nacementos ou pesebres, son representacións do nacemento de Xesús e teñen un profundo simbolismo na tradición cristiá. Introducidos por san Francisco de Asís en 1223 -a España parece que chegaron no século XV da man da orde franciscana-, simbolizan a humildade e a simplicidade do nacemento de Xesús nun pesebre.
As figuras principais dos beléns inclúen ao Neno Xesús, á Virxe María e a san Xosé, representando o amor, a fidelidade e a obediencia, respectivamente. Pero tamén soen estar no pesebre a mula e o boi, animais representativos da cabana daquela zona. Diante do pesebre aparecen os pastores, que expresan unha alusión ás persoas ás que se lles apareceu o anxo para notificarlles o nacemento do Mesías. Fóra do pesebre cabalgan Melchor, Gaspar e Baltasar, os tres Reis Magos, que representan a universalidade da mensaxe, orientados por unha estrela, que simboliza a fe e a guía espiritual. E pendurado sobre a porta do pesebre aparece o anxo anunciante do evento. Nos beléns actuáis multiplícanses as figuras instalando imaxes de personaxes populares, de políticos, de monumentos, de símbolos, de profesións…
Árbores de Nadal. Proceden do norte de Europa, aínda que tamén se supón que proceden de Alemaña, berce do protestantismo, que é iconoclasta. Despois foi exportado a América. A árbore considérase un símbolo da vida de Xesús.
Villancicos. Son cancións populares (da vila), de carácter profano, aparecidas en España e Portugal, e que co tempo se asociaron ás festas navideñas.
Papá Noel (papá de Nadal), Santa Claus ou San Nicolás son nomes diferentes para nomear a San Nicolás, identificado como Nicolás de Bari, un bispo do século III-IV nacido en Licia, na actual Turquía, do que se conta moita xenerosidade e milagres. Seica resucitou a rapaces que foran asasinados, repartía ouro ás persoas necesitadas… Desa maneira naceu o mito de relacionalo cos agasallos, recobrando a antiga relación coas saturnais onde se facían agasallos.
O nome de San Nicolás foise traducindo ás distintas linguas e sempre en relación coas festas do Sol Invito. En España tomou o nome de Papá Noel, derivado de Francia do “Père Noël”. No século XVII os holandeses ao fundar Nova Amsterdam (despois Nova Iorq) levaron alí os seus costumes, entre eles o de Sinterklaast, patrón de Holanda, que máis tarde se deformou na pronunciación de Santa Claus. Escritores do século XIX e XX acabaron de popularizalo.
A mediados do século XIX, de America pasou a Inglaterra e de Inglaterra a Francia, de onde copiou España. Na actualidade colócase no Polo Norte vivindo entre trasgos e arrastrado por un trineo e un saco chego de agasallos.
A evolución das festas do Nadal
Penso que para moitas persoas o Nadal perdeu o seu significado relixioso orixinal. Nunha inmensa maioría, as celebracións céntranse especialmente en aspectos seculares máis que nas tradicións relixiosas. O protagonismo do Xesús nado no pesebre de Belén foille arrebatado por Santa Claus, Papá Noel e polos mesmos Reis Magos. Fronte á sobriedade e humildade do neno Xesús do pesebre, estes personaxes importados doutros países aparecen contornados dunha aura de dadivoso e desbaldidor dispendio.
As reunións nas datas previas do Nadal multiplícanse e son algo xa habitual na sociedade, non só coa familia, senón e sobre todo cos amigos, coa empresa, cos compañeiros do ximnasio, cos grupos do WhatsApp… aínda que frecuentemente poden percibirse como unha obriga máis que como unha celebración xenuína. A presión para asistir a múltiples eventos pode xerar estrés e facer que as persoas se sintan esgotadas, restando así valor ás interaccións significativas e importantes.
O Nadal tamén abastece á política con mensaxes directos e con símbolos facilmente descifrables pola cidadanía. Claro exemplo destes últimos é o Nacemento do Vaticano deste ano, no que o berce do Neno Xesús está decorado cunha ‘kufiya’, o tradicional pano ou bufanda palestina, un símbolo dos máis recoñecibles mundialmente da loita dese pobo.
Como entender esa deriva do orixinal Nadal do século III ata este Nadal mercantilista e consumista? Se acudimos á hermenéutica de Hans-Georg Gadamer, os horizontes representan as perspectivas desde as que comprendemos o mundo. A “fusión de horizontes” é un proceso clave que describe como se logra a comprensión ao integrar o horizonte do pasado co do presente. Este concepto implica un diálogo crítico entre diferentes perspectivas, permitindo unha nova comprensión. Aplicando esa teoría á evolución destas festas podemos comprender un pouco máis o sentido desa profunda transformación.
O berce destas celebracións, ubicado no século III, estaba tecido cos vimbios varudos dun novo cristianismo desafiante e pertinaz. Sen complexos e con entusiasta afervoamento, aqueles primeiros cristiáns conmemoraban o nacemento do neno Xesús tentando imitar e reproducir as mensaxes que relucían na figura do fundador da súa relixión. E así reproducían e exaltaban a sinxeleza, a humildade e a angostura económica dos pais do recén nacido, que provocara nos veciños e coñecidos da contorna unha enorme empatía e admiración. E imaxinaban que aqueles veciños irían achegándose ao pesebre de Belén, no que circunstancialmente se instalara aquela familia xudea, para ofrecerlle axuda e colaboración. Eu imaxino que baixo o dosel deses valores, tecidos con certo encanto imaxinativo, naceu o primeiro Nadal.
O Nadal da Idade Media era unha festividade de 12 días que combinaba tradicións cristiás e pagás. Durantes eses días celebrábanse misas especiais, banquetes, bailes, cantos e xogos. As casas decorábanse con ramas de acivro e hedra, e queimábase o tronco de Nadal como símbolo de boa sorte. Tamén se intercambiaban agasallos e se organizaban desfiles, pantomimas e torneos.
Durante a Idade Moderna, o Nadal en España era unha celebración profundamente relixiosa con tradicións herdadas da Idade Media. No século XVI, popularizáronse os beléns e panxoliñas, e a Misa do galo era un evento central. As ceas de Noiteboa fixéronse máis opulentas e ademais a tradición dos beléns estendeuse por todo o país.
Pasados tantos séculos desde os inicios desta festividade, aquel espírito entusiástico orixinario foise minguando ata o punto de que actualmente quedou intencionadamente esmorecido polo espectro incisivo e corrosivo dun insaciable consumo. O Nadal converteuse nun oxímoro ontolóxico onde a austeridade e a humildade que marcan a mensaxe fundacional se transformaron en boato, ostentación, fasto e dispendio. O consumismo, nun labirinto de delirio, alcanza nestas festas o seu máximo exponencial, porque o gasto desenfreado, impulsado pola presión social e a publicidade, aumenta significativamente nos fogares contribuíndo a reforzar as desigualdades sociais e afectando negativamente ás finanzas persoais.
Sería necesario conciliar a tradición coa modernidade, recobrando a sensatez nas celebracións, afastándose da publicidade exaltada con motivacións sempre ocultas, apostatando das emocións bulímicas, evitando as compras compulsivas e innecesarias, programando orzamentos para regalos, priorizando as reunións familiares, rexeitando ofertas e presións externas…Todo iso implicaría celebrar as festas cunha mínima dose de racionalidade e así poder saír indemnes desa batalla consumista que ten a punto todo o seu arsenal publicitario para atacarnos de cerca.
As fotos son produto da IA que me aportou a súa visión icónica do Nadal
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Matar ao reiseñor”
Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (II)”
Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (I)”
Avelino Muleiro: ” A terapia da paciencia “
Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”
Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”
Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”
Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””
Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.