Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Viaxar significa moito máis que desenvolver unha simple actividade de ocio, porque en realidade a viaxe é unha inversión nun mesmo, unha oportunidade de progresión persoal e unha forma de enriquecer a nosa perspectiva do mundo. As viaxes ofrécennos explorar culturas alleas e bríndannos innumerables oprortunidades, desde recunchos escondidos e grandes monumentos, ata unha multitude de beneficios que impactan positivamente na nosa vida. É importante saber que os grandes avances no coñecemento proveñen moitas veces non de extraordinarias intuicións ou de grandes investigacións, senón simplemente de que se atende ás pequenas diferenzas.
Víctor Hugo valoraba as viaxes como unha experiencia transformadora e profunda, plena de achados interesantes. Para el, viaxar era “nacer e morrer a cada instante”, porque cada lugar novo ilumina ao viaxeiro cunha perspectiva inédita, mentres as despedidas implican pequenas pérdidas e vivencias importantes irreparables.
Víctor Hugo fascinábase coa magnificencia da natureza e buscaba captar a esencia dos lugares que visitaba. Consideraba a viaxe non só como un escape do mundo libresco, senón como un contacto directo coa realidade, unha oportunidade para reflexionar sobre a historia, os costumes e as paisaxes.
Tiven a emotiva oportunidade de visitar Luxemburgo hai uns días, cun frío que adormentaba as ideas e conxelaba a pel como un coitelo afiado. É un país que se coñece como o Xibraltar do Norte, un alcume que destaca a súa fortaleza militar e a súa ubicación estratéxica similar á Xibraltar no sur de Europa. Desde a súa fundación, Luxemburgo ocupou unha posición clave en Europa occidental, controlando rutas comerciais e militares entre Francia, Alemaña e os Países Baixos.
Unha primeira aproximación a Luxemburgo téntame describilo como unha metáfora literaria dun oxímoron. Un país incuestionablemente diminuto, pero ao mesmo tempo inmensamente grandioso. Pequeno e diminuto no que incumbe á súa xeografía -2.586 km2-, pero de riqueza e recursos inigualables -o PIB per cápita está nos 90.000 euros, superando o dobre da media europea que está ao redor dos 37.000€.

Luxemburgo, politicamente, é unha monarquía constitucional parlamentaria unitaria no corazón de Europa, sendo actualmente o único gran ducado do mundo. Como país, garda unha rica historia, goza dunha excelente cultura e ofrece paisaxes impresionantes. É un país ao que se pasan por alto as opcións de visitas turísticas pero que ofrece unha combinación interesante de tradición e modernidade.
Hai un Luxemburgo como capital do país e outro Luxemburgo con rexións diferenciadas e con características xeográficas propias. Considerado o sétimo país máis pequeno de Europa, presenta un terriotrio montañoso e agasalla con extensas áreas boscosas. A súa paisaxe inclúe dúas rexións notoriamente diferenciadas: Oesling, ao norte, -que ocupa o 32% da paisaxe luxemburguesa- e Gutland, ao sur, -co 68% restante-. Cada unha con características xeográficas propias. Oesling é unha zona montañosa con outeiros altos (uns 450 m.s.n.m.) e vales profundos, nos que se atopa o punto máis alto do país, o Op Kneiff (595 m.s.n.m.). Nesta zona, abundan os bosque con piñeiros e carballos, representando a zona máis fría e chuviosa do país. A outra rexión, Gutland, dispón dunha xeografía variada. Nela aparecen cinco subrrexións: o Val dos sete castelos, a Pequena Suíza, a Meseta de Luxemburgo, o Val do Mosela e as Terras Vermellas. Nestas áreas combínanse os vales, as mesetas e as zonas agrícolas.
Con todo, desde unha perspectiva antropolóxica, o territorio de Luxemburgo máis interesante é a capital. Esta presenta dúas partes ben diferencidas: a parte alta, Ville Haute, coñecida como a Cidade Vella, coas súas rúas empedradas e os seus tellados de pizarra danlle un encanto especial á cidade. Aquí está o Centro Histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, que alberga xoias arquitectónicas tan marabillosas como o Palacio Gran Ducal, a Catedral de Notre Dame -onde se fusionan o gótico e o barroco-, a Praza de Armas, o concello (Hôtel de Ville), ou as casamatas militares, unhas estruturas subterráneas excavadas por soldados españois desde 1644, que foron deseñadas para protexer as armas pesadas -metralladoras ou cañóns- e as persoas que operaban con elas. Dispoñen de trincheiras para disparar e observar o que pasaba no exterior.

E logo está a parte baixa da cidade, o Grund, un barrio histórico, coñecido polo seu encanto pintoresco, ubicado na beira do rio Alzette e famoso polos seus edificios do século XVII e XVIII, onde despuntan a Abadía de Neumünster e a igrexa de san Xoán. É un lugar popular para pasear, especialmente polo Muro de Wenceslao, e para practicar o deporte. O Val do Pétrusse convida a pasear tranquilamente entre unha vexetación exuberante, mentres a Ponte Adolfo sobre ese mesmo val ofrece unhas vistas impresionantes sobre a paisaxe circundante.

Un atractivo deste barrio é o concurso de patos de plásticos (o Duck race) no río Alzette. É un acto benéfico, organizado para axudar aos nenos necesitados e aos máis desfavorecidos. Pero tamén se reparten numerosos premios aos gañadores da carreira. Cada ano entrégase un coche ao afortunado do primeiro pato que chegue á meta e cheques de 1.000 euros aos seguintes mellor clasificados. Máis de 16.000 participantes se inscriben nesta competición cada ano. Por se alguén está interesado en participar, o próximo concurso, que se corresponde coa 24 edición, será o próximo 26 de abril.

A riqueza lingüística
Luxemburgo é un país onde se falan múltiples idiomas, incluíndo o luxemburgués, o francés e o alemán, que son obrigatorios nas diferentes etapas do ensino. No sistema educativo de Luxemburgo, ensínanse tres idiomas oficiais: luxemburgués, alemán e francés. No ensino infantil utilízase prioritariamente o luxemburgués como lingua de instrución. A nivel pragmático, apenas se utiliza entre os propios cidadáns luxemburgueses, pero é unha maneira de conservar esa lingua como sinal de identidade.
Este dato debería provocarnos unha interesante reflexión sobre o papel do galego en Galicia, unha lingua que, a diferenza do luxemburgués, si facilita a comunicación entre millóns de persoas, non só en Galicia, senón no mundo, da man do irmán portugués.
No ensino primario, comézase co luxemburgués, pero introdúcese o alemán para a lectura e a escritura desde o segundo ciclo, mentres o francés se ensina como lingua extranxeira.
No ensino secundario prioriza o alemán nos primeiros anos, pero progresivamente o francés convértese na lingua principal de instrución. Ademais, o inglés ensínase como lingua estranxeira na maioría dos liceos. Este enfoque multilingüe prepara aos estudantes para ser políglotas, facilitándolles a súa integración nunha contorna europea diversa.
O feito de dominar varios idiomas fortalece a confianza e reforza a autoimaxe dos luxemburgueses, pois non só lles permite comunicarse en diferentes contextos culturais e sociais, senón que se lles presenta a oportunidade de teren abertas as entradas ao mundo laboral en calquera país europeo.
O transporte gratuíto
Luxemburgo é pioneiro mundial no transporte público gratuíto, agás na primeira clase nos trens, que apenas se utiliza. Esta medida inclúe autobuses, trens e tranvías dentro do país, beneficiando tanto a residentes como a turistas. Ao parecer, o obxectivo principal da gratuidade do transporte é fomentar a mobilidade sostible, reducir a conxestión automobilista e equilibrar as desigualdades sociais. O custo destes servizos supoñénlle anualmente ao Goberno uns 500 millóns de euros, que se sufragan cos impostos progresivos dos cidadáns. En todos os medios de transportes poden viaxar mascotas sen teren a obriga de circular illadas e afastadas da xente dentro dalgún transportin.
Imperio da xuventude
Unha das miñas sorpresas, e foron dabondo!, foi observar que a xuventude eclipsaba coa súa presenza a existencia de persoas maiores nas rúas, nos restaurantes, nas cafeterías, nas grandes superficies comerciais e de ocio, e mesmo nos transportes públicos. En todos estes lugares desapareceron, de forma enigmática e intrigante, as engurras que puidesen retar aos rostros frescos e tersos dunha mocidade que impón de forma pacífica na capital luxemburguesa a intensa plenitude da vida.
Esa observación lévame a pensar que a razón desa asoballadora presenza de xente nova na capital de Luxemburgo débese, fundamentalmente, ao traballo. Confirmáronme, e constateino, que os traballos na capital luxemburguesa están relacionados, na súa inmensa maioría, coas finanzas, coa banca, coas institucións da Comunidade Europea, coas administracións públicas, coa loxística, coas tecnoloxías da información e coa enxeñería. Iso explica o imperio das persoas xoves, que son as máis idóneas e preparadas, tecnolóxica e intelectualmente, para esta clase de traballos. En cambio, nas localidades administrativas de menor rango, denominadas comunas (Gemengen), é a xente maior a que predomina.
Víctor Hugo escribiu en 1865, seis anos antes do seu exilio en Luxemburgo, que “Vianden, incrustada nunha paisaxe espléndida, será visitada un día por turistas de toda Europa, atraídos tanto pola súa sinistra, pero magnífica ruína, como pola súa xente alegre e feliz”. A ruína era unha referencia de Víctor Hugo ao Castelo de Vianden. E da súa xente “alegre e feliz” dou eu fe.

O pasado 15 de febreiro visitei Vianden, sen saber que nesa fin de semana celebraban en dita comuna os oitenta anos da independencia de Luxemburgo grazas ao exército norteamericano que se encargou de expulsar ao exército alemán do seu territorio. Ese día, as rúas de Vianden estaban tomadas por militares cos tanques, carros de combate, fusís, automóbiles, motos e armamento militar pertencentes ao exército norteamericano. A xente desa vila estaba na rúa participando da festa. Aquel impresionante destacamento, evidentemente, non era militar, xa que eran os mesmos veciños e veciñas, vestidos de militares, que trataban de reproducir a independencia do país. Entereime que aquel inmenso arsenal militar era propiedade dos veciños de Vianden, que mercaran ao exército todo aquel depósito armamentístico. Aquela manifestación festiva confirmaba o talante alegre e feliz daquela xente que Victor Hugo anticipara había cento sesenta anos, realzando ao mesmo tempo o elevado poder adquisitivo deses veciños que mercaron todo aquel material, e que non era, abofé, nada barato. Eran poucos os mozos e mozas que participaban naquela performance militar, protagonizada de modo preponderante por persoas maiores. A min invitáronme a participar naquela singular performance no papel de informar telefonicamente á duquesa Carlota, que se atopaba no exilio en Londres, que Luxemburgo quedara libre e que, polo tanto, podía regresar ao país.
Elegancia patrimonial
En contraste con outras moitas cidades europeas, incluída España, Luxemburgo destaca pola elegancia e señorío dos seus espazos públicos, libres de pintadas e graffiti. Esa categoría estética permítelle exportar a súa imaxe e gabarse nas pasarelas internacionais de tan recoñecible prestixio.
A ausencia de pintadas nas rúas de Luxemburgo reflicte un compromiso político e comunitario coa estética e co patrimonio urbano. As autoridades locais decidiron implementar políticas efectivas para preservar a estética da cidade, asegurando que os edificios históricos e as prazas se manteñan en condicións óptimas.
Non teño a menor dúbida de que Luxemburgo debería ser un modelo a seguir por outras cidades europeas, incluíndo as galegas, para que se comprometesen a preservar a súa identidade cultural e estética. A combinación dunha xestión politica eficaz e o respecto cidadán polo espazo público permiten que esa cidade luxemburguesa manteña o seu encanto. Nunha sociedade como a nosa, onde as pintadas se consideran a miúdo unha forma de expresión, Luxemburgo demostra que é posible atopar un equilibrio entre a creatividade e o respecto pola contorna urbana.
O modelo luxemburgués
Nun momento no que falamos dos populismos, nos preocupamos de crises económicas e da inflación, criticamos as ideoloxías políticas e nos atemorizamos ante posibles consecuencias da Intelixencia Artificial, Luxemburgo parece estar inmune ante tanta intoxicación. É evidente que vivimos momentos críticos de territorios disputados, como ben sabemos polas noticias sobre a guerra de Ucraína, sobre o intento de EEUU de comprar Groelandia, sobre o interese de determinados países de adquirir territorios que gozan de terras raras…pero Luxemburgo, como o lúcido espectador dun mundo multiforme, busca alternativas para illarse do mundo circundante e atopar refuxio na natureza, no traballo e no patrimonio cultural. Cos seus encantos logra seducir e cativar aos visitantes.
Outros artigos de Avelino Muleiro
Artigo: “Avelino Muleiro: “A banalidade do eu””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A crise da democracia baixo as fráxiles ás de Ícaro””
Avelino Muleiro: “As Festas do Nadal e a súa rocambolesca evolución”
Avelino Muleiro: “Matar ao reiseñor”
Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (II)”
Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (I)”
Avelino Muleiro: ” A terapia da paciencia “
Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”
Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”
Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”
Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””
Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.