Manuel Herminio Iglesias
Aínda que ningún pais de peso no mundo americano o recoñeza, o ditador Maduro tomou posesión do cargo de presidente da república facendo un alarde de control da situación neste pais americano. Polo que os membros da oposición gañadores das eleccións atópanse nunha situación de certa indefensión, pois o sucesor de Chavez non deixa de encadear á xente que é disidente, e aspira a manter as súas pretensións totalitarios de gobernar ate levar ó pais á ruína total.
As imaxes da xente motorizada e armada polas rúas de Venezuela amosan que este dirixente, que se asemella a un charlatán de feira, carece de principios e soamente ten como obxectivo manterse no poder a toda costa. Con todo, a oposición liderada por unha muller, terá que tomar boa nota, porque nun pais dividido en dous sectores antagónicos non quedará outra saída mellor ca da negociación política. O chavismo, despois de culpar á xente que creou empresas, e os emigrantes incorporou á vida electoral a sectores que no seu día vivían ó marxe do sistema político. E despois de darlles algo e prestarlle algunha atención armou con eles unha especie de exercito paralelo que está disposto a defender o poder establecido a costa do que sexa.
Non sei como rematará a época de Maduro e os seus acólitos. Pois este coas súas nacionalizacións deulle á cúpula militar unha serie de prebendas que son as que impiden que o exército se sume para que cumpla o veredicto da urnas.
Venezuela a terra que acolleu a milleiros de galegos, a terra que lle deu oportunidade a moitos dos nosos veciños anos atrás, hoxe ten un horizonte incerto. Ten un conflito social que pode acabar en enfrontamento civil. E agora, diante esta situación humanitaria onde fuxen do pais milleiros de cidadáns, Galicia acolle a estas persoas que chegan co posto escapando dun réxime que camiña imitando á ditadura cubana. Ditadura onde, despois de moitos anos de existencia, aínda hai militantes da esquerda desta terra que a xustifican e falan do bloqueo a esa illa, cando non é nada mais ca un embargo pola reclamación económica das empresas que no seu día foron expropiadas. Hoxe, despois de tantos anos de revolución, o país cubano vive nunha crise permanente atenazado por un sistema político que non funciona e que cuarta as liberdades dos cidadáns e encadea ós disidentes.
Por iso non entendo como a estas alturas a postura de partidos políticos, tanto galegos como a nivel de Estado votasen no Parlamento Europeo contra a postura maioritaria que condenaba a ditadura venezolana. O silencio diante a situación do que acontece nese país, amosa que este camiña cara un sistema totalitario é arrepiante. Mais as declaracións que recentemente fixo Maduro afirmando que estarían dispostos a defender a soberanía do seu pais diante o que chama inxerencias o igual que Cuba coas armas, sinalan que as cousas non serán sinxelas e que o diálogo ate parece ser complicado con persoeiros como este non recoñecen o valor da democracia.
Con todo, cabe lembrar que os países onde o populismo tomou o poder as cousas nunca foron ben para tales estados. Por iso, ollo co que acontece en Venezuela, pois de seguir o camiño actual emulando a Cuba, ten un futuro moi incerto. Un futuro escuro, pois sendo un país rico, pode acabar como unha terra moi pobre. Unha terra onde parte do sector social, a cambio dunhas prebendas controla á parte que quere mellorar e evolucionar ó igual que acontece aínda en Cuba. E eso soamente crea miseria. En fin, esperemos que os acontecementos muden o rumbo desta terra tan vinculada a Galicia pola emigración. E que en Venezuela florezan as liberdades e a democracia.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política