Foto: San Trocado, San Amaro, Ourense
Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
Por Felipe-Senén
Son fáciles de ollar, outeiros, altares, picos, faros, fachos… erguidos, apuntando ao ceo entre a foresta e os caprichosos penedos da paisaxe galega. E así aparecen naquelas pinturas de creadores que buscaron o espírito de Galiza. Sempre solicitados montes e máis neste noso tempo, tan de especulacións, enchafallalos e crucificalos de depósitos de auga, antenas, eólicos…. Son os nosos sacred landscape, espazos aos que se lle outorgan valores sacros, espirituais , relixiosos e sobre os que se rousea certa aura mitolóxica. Noutrora orientando ao viaxeiro na incerteza da paisaxe, tan divulgados en culturas cos que Galiza comparte raiceiras panceltistas, o camiño do Atlántico, arqueoloxías e tradicións.

E un cavila nos míticos Himalaias, no Ararat, no Sinaí, no Nemrut Dağı, como mesmo no Fuxi, no Ulurú e como non, no Olimpo das divindades gregas, nos sete outeiros sacros que lle poñen aura a Roma… no Monte de San Victoria venerado polos celtas galos do castro de Entremont, na Provenza, paisaxes que inspiraron a Cezanne para deconstruír as formas e crear o cubismo. Monte en devalar nas horas de cada tempo e sobre o que petan apoteóticas as luces do solpor, baixo o que, no castelo de Vauvenargues, a derradeira compañeira de Picasso quixo erixirlle túmulo para os seus restos mortais de Picasso e os dela, como derradeira intervención, agora sobre unha paisaxe tan nimbada de cultura… E os montes máis achegados, como o Monsegur cátaro, Monserrat…e tantos, tamén de Galiza, algúns dos que falaremos abaixo. Montes aos que noutrora, en tempo de festa subían os fregueses en procesión, portando os seus estandartes e santos. Así se fai no Aquiana sobre o Val do Silencio en terras bercianas . E así o viu e contaba Otero Pedrayo como nas veciñas parroquias da súa Trasalba, pola banda de Punxín, Freas e Listanco, en ringleira, con canto e gaitas, camiñaban cara ao alto do monte do San Trocado.

Altares nos que recibiron cultos prerromanos, os que os mesmo os romanos dirían celtas, a divindades indíxenas das que sabemos algúns nomes, moitas delas acuáticas, pois nos montes están as fontes dos ríos, como Edovius en relación con caldas, Salama, Navia, Coventina, a Reve das Burgas e do Castelo Cabeço das Fraguas, terras lusas do concello de Sabugal (A Guarda) documentando a suovetaurilia, o sacrificio do carneiro, o porco e o boi, como entre os penedos das Panoias, tamén no Vale de Nogueiras, da portuguesa Vila Real, a presencia de espazos para sacrificios ao deus Serapis (unha mestura das divindades, Osiris e Apis). Aínda que nos trae aquí son divindades indíxenas asociadas con montes significativos como Laroucus Candiedo, Saelemus, Tilenus, Susarrus, Dercetio, Tullonium, Lucus, Neme… que mesmo darán topónimo. Asumindo que os romanos, igual que fixeron con outras culturas, sincretizarían estas divindades coas súas, especialmente co deus da luz, do raio e das alturas, Xúpiter, pero tamén con Marte, o deus defensivo e da guerra. E do mesmo xeito fará a misión cristián, mudando aqueles nomes para poñelos en relación con San Pedro, con Santos Mártires ou coas diferentes advocacións da Virxe. Universo no que nos enguedella a arqueóloga Mª. Lourdes Albertos Firmat, autora de El culto a los montes entre los galaicos, astures y berones y algunas de las deidades más significativas (1974).

Cultos animistas aos montes da Galaecia, anatemizados no sc. VI por Martiño de Dume
Cultos animistas contra os que arremeteu o misioneiro cristianizador da Gallaecia Sueva, o panonio (Hungría) Martiño de Dume ou de Braga, de familia de funcionarios romanos, formado en oriente, na cultura grecolatina, tal como conta Gregorio de Tours, aquel seguidor do seu homónimo e paisano o cristianizador dos celtas galos, Martiño de Tours, ambos considerados entre os Pais da igrexa e do que trouxo reliquias a Ourense e curando con elas ao fillo do rei suevo Carriarico. Feito que se entendeu como un milagre e polo cal os suevos abandonan o arrianismo. Pasando o de Dume a coñecerse como o Apóstolo dos suevos, teimoso en rematar coas vellas devocións panteístas, as que xa mesmo foran reconvertidas á cristiandade por Prisciliano. Así é que no II Concilio de Braga, ano 572, os bispos presididos polo de Dume, encamiñaranse a visitar esas organizacións de antigas raiceiras, castrexas e romanas, esenciais á Gallaecia e que darán orixe ás parroquias, a fin de ensinar e celebrar os novos símbolos da cristiandade e o uso dos sacramentos. Ao respecto o bispo de Astorga Polemio pídelle a Martín de Dume unha guía… e velaí o de Correctiones Rusticorum, coñecido tamén como De origine idolorum, ofrecendo leis disciplinares en contra da maxia e da superstición, sobre as costumes rústicas, a adoración ás fontes, ríos, penedas, bosques, montes, os cultos aos astros… Texto no que a influencia De Catechizandis rudibus de Agostiño de Hipona faise patente. Sendo un xeito de anatemizar a adoración a antigos ídolos, como de invocar, venerar e mesmo facer sacrificios. Di, máis parte do culto aos anxos caídos ao Caos, precipitados por soberbia, símbolos do mal, afastados da veneración a Deus da harmonía cósmica. Demos, herdeiros de cultos como a Xúpiter, Mercurio, Saturno, Venus… os que perverten á xente infiel, a que non sabe protexerse co símbolo da cruz, di. E os dous Martiños , Gregorio de Tours e os seus seguidores, alí por onde pasan e se venera a deuses pagáns, farán misión e erguerán sartego e templos cristiáns, permitindo que se faga romaría.

Moitos castros, que o popular dicía habitados polos mouros (moneo: os da memoria) foron cristianizados cunha capela, velaquí algúns: o Castro de Ourazo en Silleda, o Castriño de San Antoíño de Campo Lameiro, o Viso sobre Soutomaior, vixiando os camiños que do Mar de Vigo meten no interior, nos montes do Faro, do Suído, cara a Avión e Beariz pasando pola Pena Corneira….na Lama o Monte do Castro, o Castro de Troña en Mondariz, o da Ermida en Quiroga, onde apareceu o Crismón , sc. V; o Castro sobre o punto onde o Lor verte no Sil… O castro de Altamira, en Taboexa , o da Lanzada, dedicado á Virxe, con tantas tradicións en relación co culto ás nove ondas salutiferas do mar….como Santa Comba de Covas, no Ferrol…

Faros, fachos, visos, altamira…. referentes, orientadores no pasado para quen camiña
Pegadas destes cultos que a arqueoloxía atopa en outeiros de amplos horizontes, por algo denominados Viso, como o estudado por Xocas na súa terra de Lobeira; Altamira, como o de Brión, sobre o que campa o Castelo, berce da casa de Trastámara… tamén a Guía, como o tómbolo que, de Rande abre ao mar de Vigo… o Santuario da Xestosa no Faro (O Covelo), o Facho de Donón apuntando ás Cíes, con probas do culto á divindade indíxena Berobreo…. A Curota sobre Mar de Arousa, sombras ben sabidas de Valle-Inclán, como da outra banda, sobre Vilagarcía o Lobeira, envolto nas lendas da Raíña Lupa…. e mesmo o abundante topónimo Moureira, (repetimos, en relación co verbo moneo, monte de vistas, orientador)….sobre Ponteareas a Picaraña, coroada de penedos de estrañas formas. Sobre o Carballiño a Madanela, nas inmediacións dun emporio aurífero romano, silueta de monte, manso moi referenciado na literatura de Otero Pedrayo, Pena de Francia en Dozón… San Fins no Val de Deva, Santa Mariña no Cando, Os Ánxeles (Escuadro A Lama) San Bieito da Uceira en Sandiás, o Castelo do Santo Andro de Trasmirás, a Pena Furada de Coirós coa súa moura…Nas terras de Salvaterra o Monte Castelo, coa Cova e veneración da Virxe da Asunción… o Neme en Bergantiños, o Corzán, sobre Negreira e o Xallas, tan referido por Murguía, Larouco…

E a carón do castro de San Cibrán das Las, outeado os cinco ribeiros, o pico do San Trocado
Velaí sobre a paisaxe compostelán, orientando nos camiños que nos aproximan á tumba do Apóstolo, o Pico Sagro, coa capela na que se venera ao San Sebastián, dende o que se outea ese outro monte sacro, o Faro de Chantada dedicado á Virxe María, como unha Venus. En terras ourensáns, encrucillada dos ribeiros do Barbantiño e o Miño o agudo Monte do San Trocado, inmediato ao castro da Cidade de San Cibrao das Lás, cristianizado baixo a advocación destes dous santos, os que tanto teñen que ver con mitos e cultos pagáns. Mesmo na acrópole Castro de San Cibrán das Las, nada máis pasar o corpo de garda,, pegada ao muro que a circunda, hai unha pedra coa imaxe do Monte do San Trocado, cara ao que mira e coa inscrición Iovi (Xúpiter) . O arqueólogo Ladislao Castro algo ten publicado ao respecto do San Trocado e os torques… Monte ben coñecido por Otero Pedrayo e á vista dende a súa casa de Trasalba, igual que o Coto de Novelle, como il dicía, coa súa silueta de mucho, outeando a confluencia do Avia, Miño e Arnoia… o Paradanta da venerada Virxe da Franqueira, a serra do Larouco, con divindade propia, a Serra bracarense do Gerês, con tanto monte agudo, como Pitôes das Junhas, o Leboreiro da Peneda con santuario e concorrida romaría…. E sobre as terras ourensáns e as súas ribeiras sacras, orientando a Vía Nova, a XVIII Brácara- Astúrica, o Monte de San Mamede coa capela deste santo e a fonte que fixo abrollar…e nesa Gallaecia Romana e altomedieval, de lindeiros aínda non ben definidos, os da Asturicense, o Mons Tilenus tamén con divindade propia.

Ríos Sil e Miño, abeirados de montes sacros: dende o Tegra, castro e santuario cristianizado que vixía o Ostium Minium, as portas do Miño… como sobre Tui o Aloia coa capela de San Xiao, coa cama do Santo (sartego do ermitán) , a que lembra á capela do San Guillermo sobre o cabo Fisterra, outeando ao mítico e tan cristianizado Monte Pindo, os Penedos de Traba… Como sobre a desembocadura do Eume o Breamo… e furando na espesura da fraga deste río o enigmático outeiro e mosteiro de Caaveiro … E velaí nas proximidades da Coruña, en terras de Culleredo, mirando ao Xalo, o castriño do San Cosme, paisaxes pintadas por Lloréns.

Enxebres lugares, cargados de arqueoloxía e lendas , locus amoenus, patrimonio cultural, merecedor de constantes atencións, de controlar e equilibrar a foresta, a campa, de evitar a tendencia ao intervencionismo que tanto descontextualiza o lugar de encontro na romaría.
——————————————————————————-
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “Setembro das vendimas, a posta en valor da cultura do viño en Galiza”
Felipe Senén: “Trasalba e a Casa Museo de Otero Pedrayo para enxergar Galiza”
Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”
Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”
Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas
Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”
Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”
Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes
Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside
Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

















