O mundo ó revés

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Din que a historia ciclicamente repítese e os  que iso afirman teñen razón. Pois aínda  que as circunstancias da vida e os momentos son diferentes, os feitos que  relataban agresións,  invasións  e conquistas de países  cando iamos a escola volven como ameazas  coa chegada de certos   persoeiros  ó poder.  Mais as intencións veñen de vello: mandar dalgunha maneira  no mundo sometendo a moitos estados e pobos.  

Na  especie humana existe de todo, xente con principios, valores  e ética, e tamén xente egoísta, narcisista e ególatra que soña con levar coroa sen ser rei. Mellor, que soña con gobernar o mundo ó igual que o Hitler ó facía na  escena da película de Chaplin: O gran ditador.

Pois ben, neste mundo polarizado dous persoeiros andan á disputa por ver  quen controla máis espazo xeográfico e, desta maneira, poder  neutralizar e someter  segundo as súas entendedeiras a existencia de moitos  países  que hai no globo terráqueo. E o máis triste é que todos actúan en nome da liberdade; mellor do que eles entenden como  a súa liberdade. 

Rematada a segunda guerra mundial houbo un tempo de crecemento no que tamén  naceron as declaracións e leis mundiais que tentan unha convivencia dos pobos baseada nuns principios xerais acatados por todos os países.  Mais os países que algún día foron imperios e outros novos como o caso dos EE.UU.  que aspiraban a sel0os  endexamais viron esas leis universais con algo que  tiñan que cumprir. E comenzaron os descolgues. Polo que  agora, que os sistemas económicos son iguais en todo o planeta; agora que non hai loita ideolóxica entre economía  comunista e o liberalismo capitalista, emerxen de novo  as ansias imperialistas coa intención de  repartirse o planeta para exercer sobor de moitos estados  un certo grao de submisión e control político e económico.

Con ese fondo escóitanse voces que din que os invasores son os invadidos; que os que eliminan á oposición e a encadean son  demócratas; que os que falan de que a terra é finita e hai que coidar o medio natural,  son un atrasados  e intervencionistas, etc. E eses que non asinan os  principios  humanos, nin respectan as resolucións das Nacións Unidas, e viven ó marxe das lexislacións internacionais queren ser os que mandan no globo. E todo eso lévano a cabo  pra facer o seu capricho, a súa obstinada  megalomanía, e así  tentar mandar nos demais estados onde as liberdades son lei e os cidadáns elixen ós seus gobernantes libremente. Aínda que ás veces cometan erros de bulto.

Asistimos, dende a chegada de Trump ó poder a moitas  decisións que sinalan que imos cara un liberalismo sen control político dos cidadáns;  decisións que marcan un camiño que soña con ditaduras e onde soamente importa o poder dos cartos. O humanismo  e o racionalismo base da cultura europea  actual é apartado e menosprezado como se soamente a técnica e o poder do diñeiro é o  que importa. O desprezo polos organismos mundiais  deste grandes estados é unha evidencia que debía facernos meditar a todos. Pois se na aldea global non hai leis  que nos  obriguen, a forza do máis forte sempre se imporá sobre ós estados  máis pequenos. Tristura  de ver que a humanidade camiña cara un  enfrontamento que perxudicará  a todos. Di o mandatario americano que a terceira guerra mundial non está lonxe. Eu quero pensar que iso é unha farolada deste narciso e ególatra  presidente. Mais tamén entendo que vivimos no tempo do consumismo sen freo, e que a terra como planeta ten recursos finitos. E iso debía abrir un debate reflexivo que a todos, e tamén a  estes imperialistas, os fixera ver  que o camiño polo que imos non é o correcto. En fin, o mundo a día de hoxe semella que camiña ó revés. Que nos leva cara un punto de non retorno que pode castigar as novas xeracións, pois cando se invirten os termos e os agresores son os agredidos, ou os invasores os bos,  a milleiros de cidadáns sensatos  arrepíasenos  a pel.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas