Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo (III) O revolucionario “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Logo dun breve asueto tras a súa confesión ideolóxica, Karl recobrou azos para seguir respondendo ás miñas preguntas. Eu estaba interesado en coñecer a testemuña sobre a súa actividade revolucionaria, así como da súa crítica ao sistema capitalista coas repercusións que da mesma derivaron. Acordamos separar ambos asuntos aínda que nalgún momento se poidesen solapar. 

Iniciamos a conversación centrándonos agora na súa actividade revolucionaria. Ao rematar con este asunto, programaremos outro breve descanso para xa rematar este encontro coa crítica ao sistema capitalista, unha teoría que transformou a historia da humanidade. 

Despois de coñecer a súa faceta humana e de describir a súa aportación ideolóxica ás estruturas económicas e laboráis e ás relacións sociais, interesábame indagar no Marx revolucionario, que tantos desgustos lle provocou a el e á súa familia.

Creo que a revolución vai unida á túa filosofía desde a xuventude e forma parte desa crítica que caracteriza ás túas publicacións. Porque é especialmente revelador que a gran maioría dos títulos dos teus libros leven a palabra crítica. Así titulaches: Crítica da filosofía do dereiro de Hegel; Contribución á crítica da economía política; Crítica do programa de Gotha; Liñas fundamentais da crítica da economía política (Grundisse); A sagrada familia ou crítica da crítica crítica; O Capital ou crítica da economía política.

Pero a túa crítica non foi só teórica, senón práctica e revolucionaria. Por que tanta insistencia nesa palabra?

-Porque sen revolución non se poden explicar os cambios profundos que eu pretendía implantar na sociedade.  

O espírito revolucionario nace moi pronto en min. No ano 1843 abandonei o liberalismo apelando á revolución. Nese ano, envieille ao meu amigo Arnold Ruge unha carta onde lle informaba da miña aposta pola revolución. Naquela misiva dicíalle: “O fastoso boato do liberalismo quedou desenmascarado, e ante a mirada do mundo aparece o máis repugnante despotismo en toda a súa nudez. Quizais foi posible encher un barco de tolos e deixar un bo espazo de tempo a vontade dos ventos, pero se seguiu o seu rumbo foi precisamente porque os tolos non crían niso. O rumbo que aparece ante nós é o da revolución”.

Debo decir que a miña colaboración con Arnold Ruge foi importante a pesar das nosas discrepancias. Ruge centrábase nos cambios políticos dentro do humanismo democrático, en cambio eu defendía a revolución social integral cimentada na abolición da propiedade privada.

Houbo na historia numerosas revolucións que determinaron cambios nas relacións de propiedade, coas consecuentes transformacións na estrutura social e nas superestruturas ideolóxicas. Todas elas foron revolucións parciais ou revolucións políticas, e hai que distinguilas da revolución radical ou revolución xeral e total, que é a revolución comunista. A característica de toda revolución parcial é a particularidade do grupo ou da clase que a realiza; é a emancipación limitada dunha parte da sociedade que pretende conseguila. Regularmente, é a sociedade burguesa a que instaura a dominación, que pretende ser universal, aínda que só sirva aos intereses de clase. A revolución total só pode realizarse en nome dos dereitos xerais da sociedade e por unha clase que represente a toda a sociedade, que é o proletariado.

Como valoras a túa actividade revolucionaria? Consideras que estivo en sintonía coa túa función intelectual e creativa?

– Penso que os meus inicios revolucionarios comezaron a mediados da década de 1840, cando o meu pensamento evolucionou cara a unha acción política activa. En 1845, tras ser expulsado de Francia, instaleime en Bruxelas e empecei a colaborar co meu amigo Friedrich Engels. Xuntos escribimos A ideoloxía alemá, e máis tarde, en 1847, unímonos á liga dos Comunistas, unha organización que buscaba promover o comunismo a nivel internacional.

            Despois de publicar A ideoloxía alemá quedaba diante o activismo revolucionario. O meu propósito era daquela fundar con Engels un partido internacional comunista para derrocar a burguesía e instalar o poder na clase obreira, paso previo á creación dunha futura sociedade comunista.

            Desde Bruxelas, seguín coa miña actividade, tanto intelectual como activista, amosando unha intensa correspondencia con diversos grupos comunistas alemáns. Durante eses tres anos, creei un comité comunista, fundei a Sociedade obreira alemá, impartín conferencias aos obreiros… e toda esa actividade ía simultánea coas miñas publicación.

Pero unha vez que deixaches Bruxelas, non cesou a túa acción revolucionaria…

-Evidentemente, continuei exercendo a revolución por contemplala necesaria para liberar ao ser humano.

            Durante a miña estancia en Paris coñecera a Liga dos xusticeiros, unha organización de emigrados alemáns, pero con centro dirixente en Londres. E foi Engels quen conseguiu atraer á nosa ideoloxía aos máis revolucionarios da Liga. Así que eu tamén me inscríbín na Liga e celebramos un congreso en Londres onde se aprobaron uns novos estatutos que redactei eu mesmo. De conformidade con aqueles estatutos, a Liga reorganizouse nunha asociación comunista, con comunas, comité central e congreso. Tamén se substituiu o slogan do socialismo utópico (“Todos os homes son irmáns”) pola consigna revolucionaria: “¡Proletarios de todos os países, unídevos!”.

          (Eu deixeiche no libro de visitas a miña proposta de cambio actual desa última consigna).

Dese xeito naceu a Liga dos comunistas. En 1848 redactamos o Manifesto do partido comunista que, como dicía Engels, deu  volta ao mundo, servindo de guía aos movementos proletarios dos máis diversos países.

                                           Barricadas en Colonia

Durante o ano 1848, impulsamos a insurrección. Europa estaba abaleada por movementos revolucionarios, iniciados en Italia, pero que pronto se propagaron por Francia, Alemaña, Bélxica e outros países. Non obstante, a consecuencia daquelas revolucións, fun expulsado de Bélxica, retornando a Paris, onde o comité da Liga comunista me transferiu todos os poderes. Pouco despois, saín de París rumbo a Colonia, apoderándome da Nova Gaceta do Rhin, que acababan de fundar extremistas revolucionarios. En 1849 editamos o libro  Traballo asalariado e capital, que recollía as miñas conferencias impartidas anteriormente en Bruxelas.

            Pero inmediatamente sobreviu a represión anticomunista en Alemaña, quedando suprimida a Nova Gaceta do Rhin e procesándome, obrigado de novo ao desterro a París. Mais, despois da sublevación de 1849, prohibíuseme a miña permanencia en Francia, trasladándome a Londres, onde residín ata a miña morte.

O Manifiesto expresaba o optimismo daqueles tempos emocionantes. Criamos que todo era posible porque a imaxinación estaba tomando as rendas. Pero despois a realidade frustrou a nosa imaxinación introducindo a contrarrevolución. En  Francia, onde puxeramos as grandes esperanzas do noso proxecto, un pequeno arribista, coñecido como Napoleón, fíxose co poder para transformarse nun ditador que murchou as nosa ideas. Pero daquela eu xa non estaba neste mundo para velo.

Supoño que en Londres, con residencia fixa, cesaría o teu espírito revolucionario?

-Pois non. Pasados os primeiros anos en Londres, desachegado por algún tempo do combate revolucionario, asumín outra vez o traballo de organizar os distintos movementos e grupos comunistas reunificándoos nunha soa organización. Renunciei ao anarquismo, convencido de que a expansión do comunismo había de axustarse ao movemento da historia. E así, no 1864, constituiuse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores, coñecida como a Primeira Internacional, da que fun o seu autor.

            Os anos seguintes estiveron marcados polas discusións e enfrontamentos dentro da Internacional, pois os anarquistas de Bakunin, os seguidores de Proudhon e os socialistas de Lasalle enfrontáronse á miña ideoloxía.

Do que non teño dúbida é de que o teu espírito revolucionario funcionaba coa álxebra da dialéctica hegeliana.

-Non podo negar esa dependencia hegeliana da miña acción revolucionaria, porque asumín a dialécticacomo instrumento conceptual para comprender unha sociedade intrinsecamente antagónica. Calquera outro modo de pensamento que rexeite da súa lóxica a contradición, necesariamente alberga unha lóxica defectuosa. Comprender a realidade implica decatarse do que son as cousas, o que esixe, á vez, a non aceptación da aparencia. Esa non aceptación conduce á rebelión, á insubmisión, á sublevación… que constitúen o proceso do pensamento tanto como o da acción.

            Pero mentres Hegel concebía a dialéctica como un proceso idealista centrado no desenvolvemento do pensamento e do espírito absoluto, eu  transformeina nunha ferramenta materialista. As contradicións non se dirimen no plano abstracto, senón na loita de clases, que son consecuencia das condicións materiais e sociais reais. En definitiva, deille a volta á dialéctica hegelina para enfocala nas estruturas materiais e sociais, desprazándoa das solucións abstractas de Hegel.

Para ti, sería posible unha filosofía do materialismo histórico sen integrar a revolución nesa ecuación?

-Considero que a revolución é a fase culminante do materialismo histórico, o momento dialéctico da historia que ha de conducir á supresión de todas as alienacións e de todos os conflitos sociais coa liberación plena do ser humano. E todo iso debe realizarse na sociedade comunista.

Non obstante, existen outros modos de socialismo e de comunismo que non admiten como factor determinante a revolución nas súas propostas das transformacións sociais.

Non comparto esa filosofía. Sen revolución non se chega ao verdadeiro comunismo.
A acción revolucionaria é esencial no movemento xeral do materialismo histórico, xa que forma parte da dialéctica da historia. A súa orixe está nas contradicións que xorden co desenvolvemento das forzas de produción, base da historia. Ao chegar a unha determinada fase de desenvolvemento, esas forzas produtivas chocan coas relacións de propiedade existentes. Podúcese entón a colisión, e con iso a acción revolucionaria, que fai cambiar a base económica e as relacións sociais que dela emanan. É a mesma dialéctica en termos de loita de clases. Toda revolución consiste nunha transformación violenta xurdida do antagonismo das clases, ou da contradición entre o movemento das forzas produtivas e o estado das relacións sociais coa finalidade de achar unha forma harmónica entre ambas.

Actualmente, non existen países que lideren unha revolución marxista no sentido estrito de aplicar completamente as teorías de Karl Marx. Con todo, algúns países manteñen sistemas políticos influenciados polo marxismo, como Cuba e Corea do Norte, que continúan sendo exemplos destacados de gobernos socialistas con principios marxistas, aínda que adaptados aos seus contextos nacionais. E mesmo en  América Latina, países como Venezuela e Bolivia adoptaron políticas inspiradas no marxismo, como a redistribución de riqueza e a nacionalización de recursos.

Despois de todo, estimei suficientes para as miñas pescudas as explicacións do Moro sobre o seu espírito revolucionario e a súa aplicación na praxe social. Así que nos demos outro breve descanso antes de afrontar a crítica ao sistema capitalista para rematar a visita á casa-museo, en Tréveris, onde Marx nacera hai dous centos sete anos.


Outros artigos de Avelino Muleiro

Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo (II) O ideólogo “

Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo. (I) O ser humano “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Descubrindo o encanto de Luxemburgo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A banalidade do eu””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A crise da democracia baixo as fráxiles ás de Ícaro””

Avelino Muleiro: “As Festas do Nadal e a súa rocambolesca evolución”

Avelino Muleiro: “Matar ao reiseñor”

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (II)”

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (I)”

Avelino Muleiro: ” A terapia da paciencia “

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”

Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”

Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””

Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.