Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo (IV). Crítica ao sistema capitalista”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

COMERCIAL ORCELLÓN

Non quería despedirme de Karl Marx sen coñecer directamente a través da súa voz a crítica ao sistema capitalista, así como as grandes repercusións que dela derivaron. A crítica ao capitalismo é un dos piares fundamentais do pensamento político e económico moderno, especialmente no marco da política de esquerdas. Marx ofreceume unha análise das contradicións inherentes ao sistema capitalista, destacando os seus efectos negativos sobre a clase traballadora e a sociedade en xeral. A súa obra segue sendo relevante para entender as desigualdades e tensións que persisten nos sistemas económicos actuais.

            Explicoume que a crítica ao capitalismo non só busca entender as súas contradicións internas, senón tamén transformalas mediante a loita de clases. A súa proposta final é superar este sistema mediante a abolición da propiedade privada dos medios de produción e construír unha sociedade socialista máis equitativa e igualitaria. A súa análise segue sendo influente na actualidade para os movementos políticos e académicos que buscan alternativas ao capitalismo.

            En que obras túas aparece a crítica ao sistema capitalista, que transformou radicalmente a sociedade do século XIX e continúa sendo fundamental no século XX e XXI?

-Os principios e argumentos fundamentais da crítica ao capitalismo están nos tres libros da obra O capital. É unha obra de colaboración de Federico Engels e miña. O primeiro libro está dedicado ao “Proceso ou desenvolvemento do capital”. Nel explicamos como no fondo de toda produción capitalista, a realidade básica é a explotación do obreiro como resultado da compra da súa forza de traballo, que é tratado como unha mercadoría, e deducindo que a “plusvalía” se procrea polo traballo do obreiro.

O segundo libro explica “o proceso de circulación do capital”, que é a segunda fase do circuíto económico -a circulación do capital-, non como repartición do produto, senón como fenómeno de circulación das mercadorías e do capital-moeda.

No terceiro libro demostramos o “proceso de conxunto da produción capitalista”, estudando a unidade do circuíto económico, a produción e a circulación.

            Pero hai conceptos e argumentos sobre ese mesmo tema que aparecen distribuídos noutras publicacións anteriores, como O manifesto comunista, Os manuscritos económicos e filosóficos, A ideoloxía alemá, Teorías sobre a plusvalía

Imaxino que o concepto de plusvalía debe representar un papel importante nesa crítica…

-Así é. A plusvalía e a xénese do capitalismo. A mercadoría é un obxecto externo, unha cousa que mediante as súas propiedades satisfai necesidades humanas de calquera especie. A súa avaliación no mercado fai xurdir a dualidade de valor de uso e valor de cambio. 

A utilidade dunha cousa fai dela o seu valor. É o “valor de uso”, ligado ás calidades de cada cousa. Utilízase para satisfacer as necesidades do ser humano. Pero cando esas mercadorías entran en relación entre si por medio do intercambio transfórmanse en valor de cambio. É entón cando os distintos bens se comunican a través dun valor homoxéneo que serve de intermediario e do que cada un representa unha cantidade determinable. Trátase dunha relación, unha abstracción do valor de uso das cousas, porque abstrae as calidades ou utilidades específicas das mesmas. A diferenza do seu valor interno é variable segundo as continxencias do mercado. Aparece así o “valor-traballo”. Todas as propiedades útiles dos distintos obxectos quedan compendiadas neste elemento común: o traballo. O único que permanece de común no valor dos distintos obxectos producidos é “a forza do traballo humano neles acumulado”. 

Por conseguinte, “un valor de uso nun artigo calquera non ten máis valor que o do traballo humano materializado nel”. O valor dunha mercadoría é identificado coa “cantidade de traballo, ou o tempo de traballo necesario para a súa produción nunha sociedade dada”. As mercadorías que conteñen cantidades de traballo iguais teñen o mesmo valor. Esta cantidade mídese polo tempo de traballo empregado normalmente para a creación dunha mercadoría dada a técnica do momento. Trátase do “traballo social medio”, unha especie de medida da produtividade dos traballos efectuados nunha sociedade. É, ademais, un traballo socialmente necesario, porque un traballo que non ten valor de uso para os demais non ten valor de mercadoría.

Aquí entrará en escena o diñeiro?

-O diñeiro é unha clase especial de valor. O diñeiro constitúe a expresión universal do valor das mercadorías despois de que todas son intercambiables por diñeiro. Neste sentido, o diñeiro é unha mercadoría signo de todos os valores de cambio. O diñeiro convértese así nun fetiche, como un ídolo semellante aos produtos fantásticos da relixión. Non obstante, o diñeiro non ten valor en si, é só un equivalente universal das mercadorías. 

Pero, onde entra aquí a plusvalía?

Para entender a orixe do capital, a plusvalía é fundamental. Igual que tamén é preciso recorrer á “forza do traballo”. A plusvalía nace da venda e explotación da “forza de traballo”. Esta aparece como unha mercadoría nas condicións baixo as que se ofrece no mercado da sociedade capitalista. Tales condicións son as dun traballador que poida poñer por un certo tempo a súa forza de traballo ao dispor dun comprador, que é o posuidor do diñeiro ou capitalista. E que, ademais, ese traballador non teña ningunha outra mercadoría que poñer en venda máis que a súa forza de traballo. A forza de traballo posúe un valor; este valor é o tempo necesario para a súa produción. Trátase dunha forza vital. E o valor ou custo da mesma equivalerá ao custo da súa conservación e reprodución. Corresponde, pois, aos medios de subsistencia do traballador e aos medios necesarios para a reprodución da forza do traballo (crianza e educación dos fillos). 

A diferenza de valor do traballo excedente contido na mercadoría é a plusvalía, que o capitalista saca ao contratar a forza do traballador. A mercadoría é a orixe única do incremento constante dos capitais. Consiste nese excedente do valor da mercadoría sobre o seu custo e produción que o capitalista non pagou ao traballador e que se apropia como un beneficio neto. Desa maneira, o obreiro perde valor aínda que produza máis.

E onde radica a crise do sistema capitalista? Cal é o seu talón de Aquiles?

Na miña opinión, o sistema capitalista irase debilitando gradualmente pola mesma dinámica do seu desenvolvemento interno, porque as leis inmanentes da produción capitalista provocan crises periódicas que levan á disolución do sistema. As mesmas leis que explotaron ao obreiro e que produciron a acumulación do capital son as que van levar á crise do capitalismo. Estas leis poden reducirse a tres: No capital, é a lei da baixa tendencia da porcentaxe do beneficio; no traballo, é a lei de proletarización crecente; e no capital e no traballo, o ciclo inevitable das crises. 

En que consiste a lei da tendencia á baixa do beneficio?

-A primeira lei da tendencia á baixa da cota do beneficio ten a súa orixe en que a produción non se realiza para a satisfacción das necesidades, senón para a obtención dunha ganancia. O que importa ao capitalista é a cantidade total do beneficio que obtén e non o tipo deste. Trata, por iso, de mellorar os seus métodos de produción para conseguir mercadorías a menor custo, co cal obtén un beneficio adicional. Pero ao facelo, vese obrigado a aumentar a porción do capital constante respecto do capital variable, baixando, en consecuencia, a cota de beneficio. O aumento de masa total de beneficio conségueo diminuíndo a porcentaxe do mesmo.

E en que afecta á crise do sistema capitalista a lei da proletarización?

-A lei de proletarización constante dedúcese tamén do movemento xeral da sociedade capitalista. Derívase da explotación crecente da forza de traballo de cada obreiro e da superpoboación relativa que de aí resulta. Ademais, un número cada vez maior de pequenos capitalistas, eliminados pola competencia, son dirixidos cara á masa de proletarios, que deste xeito crece sen cesar.

E as crises periódicas, a que se deben?

-As crises periódicas proveñen da mesma dinámica capitalista. O sistema capitalista vai impulsando cara a unha acumulación cada vez maior de capitais, pois o capitalista vese obrigado a incrementar ata o máximo o seu capital para compensar a redución da taxa de beneficio. Pero a superabundancia do capital produce unha superprodución, unida á subida de prezos pola insuficiencia de materias primas. Ao mesmo tempo, limítase o consumo da produción por parte dos traballadores, que non lles chega o seu salario par mercar os productos que eles mesmo producen. Prodúcese demasiado en comparación co que os obreiros poden comprar. Esa desproporcionalidade entre a superprodución e o subconsumo das masas son as causas que provocan as crises. 

Así, os capitais maiores empezan a competir entre si por gañarse venda nos mercados. Pero para competir deberán baixar os prezos dos seus produtos, co cal gañan menos. Haberá capitalistas que non poderán facer fronte a esta baixada de prezos, co cal pecharán as súas empresas e despedirán aos obreiros, aumentando o paro. Só algunhas empresas poderán soster a súa produción, aínda que sexa á conta de gañar menos. Cando os mercados nacionais estean saturados de produtos que non poidan venderse, as grandes empresas capitalistas sairán ao exterior para crear mercados en lugares non industrializados. Pero alí acudirán empresas de diversos países, enfrontándose por vender os seus produtos. Isto é o comezo dos conflitos e das guerras internacionais, cuxa meta é crear colonias para asegurar a venda dos seus produtos.

En cada país industrializado, a maquinaria substitúe cada vez máis ao obreiro que se ve forzado ao desemprego e condenado á miseria. Por iso os traballadores deberán unirse, primeiramente nas súas fábricas e empresas, despois pola especialidade en que traballan, máis tarde deberán unirse todos os traballadores de cada país a través de folgas, manifestacións, etc. para, unha vez tomada conciencia de clase, unirse todos os traballadores do mundo para derrocar ao capitalismo: “Proletarios do mundo, unídevos!”.

Agora decátome da túa actitude revolucionaria e da finalidade da revolución. Sería posible a implantación do comunismo sen unha mobilización da clase proletaria?

A abolición do sistema capitalista vai dinamizada pola revolución. Toda revolución consiste nunha transformación violenta xurdida do antagonismo das clases. Na historia houbo moitas revolucións que acometeron determinados cambios nas relacións de propiedade. A todas elas chamamos revolucións parciais ou revolucións políticas, e distinguímolas da revolución radical ou revolución xeral e total, que é a revolución comunista. Pero antes de que esta chegue é necesario establecer a ditadura do proletariado que prepare a chegada do comunismo. O comunismo debe suprimir todas as alienacións. Por esa razón, desaparecerá a superestrutura (política, relixión, literatura, filosofía, Estado etc.), que estivo sempre á beira das clases dominantes e que actúa como freo fronte á estrutura (a economía e os medios económicos de produción). Co advenimento do comunismo desaparecen a moral cristiá-feudal e a moral burguesa -coas súas diferentes ramificacións- e implantarase a moral proletaria. A substitución da sociedade burguesa, co seu instrumento do Estado político, por unha “asociación libre” de cidadáns iguais e unidos nas relacións de traballo e produción social, permite o desenvolvemento libre de cada persoa, unido ao libre desenvolvemento das actividades dos demais.        

Así que a loita de clases implica que a clase traballadora debe tomar o poder político a través dunha revolución e establecer unha “ditadura do proletariado” para construír unha sociedade socialista. É dicir, unha sociedade comunista sen clases nin Estado.

Despois destas últimas palabras, reparei como aquela voz de Karl se estaba apagando. Suplicoume que finalizásemos a conversación porque o que acababa de confesarme, seguindo o guión das miñas preguntas, era o máis importante da súa vida.

Agradecinlle a súa impagable deferencia, porque para min -díxenlle- fora un auténtico privilexio. 

Logo daquelas inesquecibles conversas, convencinme de que Marx non se limitou a interpretar o mundo, senón que o seu obxectivo era transformalo. En obras como O Manifesto Comunista (1848) expuxo que a loita de clases entre proletariado e burguesía é o motor da historia. Avogaba por unha revolución social que abolise a propiedade privada sobre os medios de produción e establecese unha sociedade sen clases. O seu activismo político levouno a participar en movementos revolucionarios europeos, fundar a liga dos Comunistas e redactar textos crave como O Capital, onde analizou as leis do capitalismo.

Aínda que as súas ideas inspiraron movementos socialistas e comunistas globais, os intentos de implementar as súas teorías enfrontaron críticas polos seus resultados económicos e sociais. Con todo, a súa análise do capitalismo segue sendo relevante para entender as desigualdades contemporáneas. Marx é lembrado como un pensador implacable e un líder revolucionario que buscou emancipar á clase traballadora mediante a unión entre teoría e práctica.

Despois da súa morte, o seu pensamento evolucionou a través de diversas reinterpretacións que trataron de adaptalo ás  novas realidades sociais, económicas e políticas. Nesa evolución apareceu o denominado Marxismo Ortodoxo, liderado polo seu amigo Engels e por Karl Kautsky, defensores do determinismo económico e científico que consideran o colapso do capitalismo como inevitable sen necesidade da intervención da acción política activa.

Fronte a este marxismo naceu o marxismo hegeliano, defendido por Georg Lukács, que rexeita o determinismo económico do marxismo ortodoxo e concede importancia a acción política e ás dinámicas sociais.

E gran impacto suscitou nas primeiras décadas do século XX a Escola de Frankfurt, con figuras como Adorno, Horkheimer e Marcuse, reinterpretadores do marxismo desde unha visión crítica do capitalismo, incorporando aspectos filosóficos para analizar as estruturas ideolóxicas do poder.

            Con todo, o gran activismo marxista foi reproducido lamentablemente polo marxismo-leninismo e polo estalinismo, que son correntes ideolóxicas derivadas do marxismo, pero presentan diferenzas significativas na súa aplicación.

                             Folga de traballadores o 23 de febrero de 1917 en San Petersburgo

O marxismo-leninismo é unha ideoloxía política inspirada nas ideas de Karl Marx e Vladimir Lenin, utilizada como doctrina oficial na Unión Soviética tras a morte de Lenin en 1924. Propón unha revolución comunista en dúas etapas: primeiro a ditadura do proletariado mediante un Estado socialista dirixido por un partido comunista, e logo a transición cara unha sociedade comunista sen clases nin Estado. Defende o centralismo democrático, o internacionalismo proletario e a planificación económica estatal. Este marxismo é adoptado como ideoloxía oficial por varios países socialistas, como China, Cuba, Vietnam e Laos.

            O estalinismo é unha interpretación do marxismo-leninismo despregado por Iósif Stalin, relacionada co concepto de socialismo e que rexeita a revolución mundial como requisito para construír o socialismo. Distínguese pola forte centralización política, polo culto á personalidade, pola colectivización forzada da economía e polos plans quinquenais para industrializar. Critícaselle polo seu autoritarismo, represións políticas e distorsións do ideal leninista da “extinción do Estado”.

En conclusión, mentres o marxismo-leninismo busca unha transición global cara ao comunismo, o estalinismo adapta esas ideas a un enfoque máis nacionalista e autoritario.

            En conclusión, o marxismo  segue sendo un proxecto filosófico e político suficientemente relevante no mundo actual, a pesar de que a súa aplicación tradicional minguou significativamente. A pesar de todo, a figura de Karl Marx foi quen de transformar o mundo a partir de Trier (Tréveris), esa pequena, pero famosa, cidade alemá onde naceu Marx e foi executado Prisciliano.


Outros artigos de Avelino Muleiro

Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo (III) O revolucionario “

Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo (II) O ideólogo “

Avelino Muleiro: “Karl Marx: De Tréveris ao mundo. (I) O ser humano “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Descubrindo o encanto de Luxemburgo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A banalidade do eu””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A crise da democracia baixo as fráxiles ás de Ícaro””

Avelino Muleiro: “As Festas do Nadal e a súa rocambolesca evolución”

Avelino Muleiro: “Matar ao reiseñor”

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (II)”

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (I)”

Avelino Muleiro: ” A terapia da paciencia “

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”

Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”

Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””

Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------