Cutres,  premium  e odio ó diferente

Manuel Herminio Iglesias

Escoito falar a moita xente  de que, con todo o que acontece na vida pública, xa non hai  case a quen votar. Leo tamén o que di un comentarista de moita solvencia na súa columna da Vanguardia: “Todos pierden incluso Vox.”  E de súpeto lembro as verbas de amigos que din que  todos, referíndose ós grupos políticos actuais,  son unha merda. Logo, pasado ise pronto,  axiña descubro que son os votantes dos de sempre os que falan así; ou sexa, dos que nesta terra levan no poder case toda a vida dende que hai democracia. Todo isto axúdame a facer unha reflexión e quitar unha conclusión. O primeiro  semella que moitos cidadáns  son moi inxenuos  pois  pensan que un partido  político  pode darlle contestación a todos os problemas que teñen os cidadáns e asi satisfacer os seus asuntos, incluso os persoais. 

Os que nalgún momento da nosa vida fomos militantes  na  política sabemos  que non hai formación partidaria que colme na súa  totalidade as  demandas dos cidadáns. Pois se a sociedade no seu conxunto ten moitas contradicións e é moi complexa, sempre será moi difícil que esta complexidade no se reflictan nas organizacións políticas. Quere isto dicir que: na vida política tamén se reflexan as contrariedades sociais.  Hoxe, na vida política deste noso Estado, atopámonos con que as corruptelas afloran,  pois a liberdade de prensa  axuda moito a que sempre haxa quen investigue, pra que logo os fiscais destapen casos e leven a xuizo a moitos cargos políticos. Ben sei que como dixo un deputado no Congreso referíndose os asuntos actuais da corrupción,   uns son os Cutres e outros os Premium e da outra parte están os do odio ó diferente. E ten moita razón,  pois son moitos os asuntos que saen á luz e algúns como o de Montoro semella ser sistémico o que moi perigoso.  Con todo,  o asunto ven a apuntalar  o que sinalei ó principio. Pois, se os que están son tan ruíns como din os da oposición, e seica van rachar España,  e ademais rouban, e os outros, os populares hoxe na oposición,  xa están afeitos a mangonear pois seica España é deles, a grande maioría dos votantes semella que iran cara a abstención ou caerán nas mans dos neofranquistas, racistas e amantes da ditadura. Isto é o que seica sinalan as enquisas. Claro que o que din estes sondeos hai que collelo con moita precaución.  Polo que fuxindo dos que fan falcatruadas collendo  pequenas mordidas  e outros  roubando a mans  cheas, e outros, os que se envolven na bandeira de España    e que manteñen no poder en non poucos sitios ós populares, os  galegos teremos que meditar e non pouco, á hora de votar. Claro,   de non ser que miremos para o que temos dentro da casa, pois aínda que teña sesgos ideolóxicos que non casan co que queremos a maioría dos galegos, poidamos fuxir  de caer nas mans destas  formacións onde hai moitos, moitos  pillos. O mundo actual, coa chegada do Trumpismo ó poder trouxo unhas praga que xa existía, pero que animada polo feito do narciso, ególatra e ditador  inunda o vello continente e da que debemos  canto antes fuxir. Pois semella que a historia volve a repetirse. E se non mirade ó que aconteceu anos antes de chegar ó poder Hitler. Con todo, sempre se dixo que o home é ó animal que se esnafra contra a mesma pedra mais dunha vez. Polo que a esa xuventude que descoñece tantas cousas do pasado recente, que ignora  tantas cousas, e que xa naceu en democracia, non lle iría mal que lera máis e se informara pra distinguir o grao da palla.  En fin, non caiamos no desazo  e comparemos os cutres cos sistémicos, e pra fuxir deles  caiamos na mans dos do odio permanente ó diferente. E despois de comparar,  e ollar   con ollo crítico o que acontece,  obremos con moita cautela, pois volver a  un pasado  de triste recordo sería un retroceso social en dos os eidos.  Ah, feliz día de Galicia ou da Patria Galega.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------