Felipe Senén: “Setembro das vendimas, a posta en valor da  cultura do viño en Galiza”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Museo dos viños de Galicia, adega, Camporedondo (Ribadavia)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Setembro é un mes moi celebrado en feiras e festas e máis nas vilas que vixían os ribeiros viñateiros de Galiza. Así abrindo a este mes Ribadavia, a capital dos cinco ribeiros, agasalla a súa santa madroeira a Virxe do Portal. Días despois será o Carballiño quen celebra e saca en procesión ao San Cibrao.  Concorridos encontros  nos que se agasalla e mostra a afouteza  da tribo e será arredor dos telderetes, das tómbolas, dos carruseis, da  oferta e da demanda, do pulpo e do viño, entre luces, música das apampantes orquestras… e folión pirotécnico. Dias de alboradas e verbenas na que sinalan un antes e un despois dese traballo tan esperado que é a vendima:  fase intermedia, nun xeito de ascese, a que da o paso da viticultura, como estudo e práctica dos tipos de vides e do seu cultivo á vinicultura, á que abre a vendima co ritual do pisado das uvas e festa moza nos lagares e nas adegas, onde o viño fermentará e creará pouso, para logo abrir as billas e brindar con il, celebrando a vida.

Adegas 1 (Debuxo Felipe Senén)

A circunstancias do cambio climático fan que se adianten as vendimas ao mes de agosto, cando o tradicional era setembro. Xa, no medievo representábanse os meses con escenas do agro que lle correspondían, así para agosto era o labrego con fouciño en man, segando o trigo; setembro era o viñateiro co corvo podón cortando un acio de uvas… e en outubro a sementeira, o arado…  Esperada vendima, traballo e festa que da paso do verán ao outono e  que significa un rito ascético. Parte dun longo proceso que vai de sementar as vides ou podalas no inverno, seguido dunha secuencia de traballos, até brindar co viño novo. Cultura do viño que dignifica un pobo,  viticultura e vinicultura, sintetizada en vitivinicultura.  Sendo o viño símbolo de tradicións, de saberes para finalmente erguelo ao ceo nunha cunca e brindar. E, ao redor deste xeito de liturxia crear amizade, cánticos, contos. Ben soubo a cristiandade facer do viño sacramento, sangue de vida. E así o atopamos coa vide e os acios en parábolas, fábulas, contos… Pan e viño que significan tantas cousas herdadas, melloradas no tempo, arquitecturas, saberes, experimentación… Atinou Galiza dende o medievo  en escoller cáliz e o molete de pan como símbolo do seu armorial…  e detrás disto, tribo en harmonia, saberes, innovacións,  traballo e unha forte economía que rodeaba reitorais, pazos, quintas , casas e conseguintemente a sedución, o enoturismo. E o Carballiño está nesa encrucillada que abre a tanta historia, saberes, paisaxe e paisnaxes,  idea ben recollida  naquel retrouso ou cantar de Para Carne, pan , Pulpo e viño..o Carballiño.

Cartel de Virxilio, homenaxe ao viño do Ribeiro

Tradicións que enxalzan o traballo e o misterio da vida, que se asocian simbolicamente co Cáliz do primeiro Xoves Santo, co que logo Xosé de Arimatea recolle o sangue do costado do Crucificado…Cunca transportada en periplo aos confíns do mundo, os países celtas, para ser o buscado  Santo Grial (sinónimo de Sangre Real) co que se bendicen liñaxes de rango. E velaí unha nova odisea, perigrinatio na súa demanda, como a de Arturo e os seus…raiceira das novelas de cabalerías que tanto incidiron na cultura europea, como en tolemias ou fanatismos.

Galiza, país de viñedos, de socalcos e camiños entre eles,  de lagares, con tan antiga historia, de adegas , como as de Vilachá  en terras do Brollón, as da Rúa en Valdeorras ou as de Gomariz, Paradela no ribeiro . Cavas, construcións consideradas na tradición como templos pagáns, escuros , de temperatura fresca e constante, entre variedades de pipotes e cubas con doelas de carballo ou castiñeiro, envoltas en abarcas antigas de madeira ou aros de ferro… onde o viño fermenta de vagar e colle pouso. Para, finalmente ofrecelo nas tabernas, esas institucións que Roma espallou co seu imperio, punto de encontro, onde se ofrecen os produtos da terra e saberes da cociña, onde se canta e se conta, onde aniñan tantas tradicións, as que tanto risco corren neste noso tempo, tan macdonalizado. Ben saben os célticos irlandeses defender os seus pub, onde se sementa e medra a súa creatividade, os poemas bárdicos, os cantares e a música…

Columna barroca, decorada con vides

A vitivinicultura galega, a ecomuseoloxía, o enoturismo e o historiador Chamoso Lamas

Historia da vitivinicultura galega, enxertada na súa propia cerna e modelos do bo facer haber hainos: véxanse viñedos e adega da Provenza , modélica na xestión do seu patrimonio cultural, por exemplo Beaujolais; como a Toscana  ou mesmo Cataluña, a Rioxa, o Douro portugués, os que entenden como facer das súas adegas catedrais, mesmo da contemporaneidade e dos seus produtos dignidade de país e para iso os seus museos. Así o entendeu o historiador da Arte Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), ribeirao de Moldes (Boborás, Ourense) quen,  no II Congreso de Artes y Costumbres Populares, celebrado en Córdoba en maio 1971 presentou o relatorio La creación de Museos de Artes y Costumbres Populares en Galicia, actas  editadas en Zaragoza en 1974.  Proposta na que se refería a unha súa vella teima, algo xa tramado en 1969, que comportaba a adquisición de espazos significativos, históricos rehabilitar e revitalizar continentes e contidos , os oficios en relación co lugar, pioneiro pois na idea de ecomuseo. Como así se fixo coas pallozas do Cebreiro para Museo da Montaña, coas adquiridas casas de Combarro para Museo do Mar, aínda nun esperpéntico proceso…  ou en Ribadavia coa recuperación do pazo urbano  dos marqueses de Baamonde, tamén coñecida como Casa da Fundación, situada na rúa de Santiago 16, á beira da súa igrexa. Casona con orixes no sc. XVI, mercada nos anos da Independencia polo filántropo José María Martinez Vázquez, servindo de escola maristas. Chamoso recupéraa para Museo do Viño do Ribeiro. Comezouse entón  a  facer un plan museográfico relacionado coa vitivinicultura :  a xeoloxía,  vides, os tipos e orixe de vides, de emparrados… a reunir documentación e pezas que puideran servir á pedagoxía, dende  ánforas, fotos de lagares romanos, tipoloxías de socalcos, de ferramenta, podallas,  coleiros, molidas… de porróns, olas e alfares, odres, xerras de xunco trenzado, embetumadas en resina pez por dentro; tipos de botellas e etiquetados , propagandas e carteis, pipotes de todos os tamaños, coas súas doelas de madeiras de carballo, de castiñeiro, cos diferentes aros… o viño na literatura galega, nos refráns, cantares, como nas cantigas de Alfonso X que se refire ao bon vinho de Ourens, nos cancioneiros dos camiños de Compostela, nas narracións…e  cavilamos na novela da Pardo Bazán El Cisne de Vilamorta, onde a condesa muda os topónimos de o Ribeiro por el Borde e o Avia -Arenteiro polo de Avieiro… interacción de paisaxe/ paisanaxes enxergada pola escritora dende o balcón desa poderosa casa dos Quiroga que co Concello enmarca a Praza maior da nosa Vilaviva que ela dicía Vilamorta .  Pensamos tamén na novela da donostiarra de ascendencia emigrantes galegos – o pai mariñeiro pontevedrés, a nai de Corme –  Dolores Redondo, Todo esto te daré, (Premio Planeta 2016), ambientada na Ribeira Sacra que cae ao Sil… seguido dunha proposta de itinerarios polos antigos camiños.  O plan de Chamoso complementábase  coa  ansia de rehabilitar e revitalizar a Ribadavia histórica, centrada polo seu castelo, capital dos cinco ribeiros,  igual que fixo con Compostela, Tui ou Pontevedra…  No 1951 autor dunha Guía de Ribadavia e que no 1962  levárono a ser nomeado  fillo adoptivo. Finado Chamoso aqueles espazos pasarían a depender da Consellería de Cultura e redefiniríanse como Museo Etnolóxico de Ourense. Despois, conveniaríase coa Igrexa  para dedicar a casona  do prioiro  de San André de Campo Redondo ,  o que dependeu do Compostelán  mosteiro de San Martiño Pinario,  para abrirse como  Museo do Viño de Galicia o 19 de xullo do 2019.Nunca é tarde, ao fin e ao cabo o que está de ser será e un museo é a posta en escena, un aula de historia, dunha cultura que avala presentes e encamiña futuros.

Xerras de xunco embetumadas de pez,

As cinco denominacións dos viños galegos e a súa espiral cultural

A Xunta de Galicia, dende 1996 distingue cinco denominacións de orixe oficial, cada unha delas cunha longa historia e mesmo subrexións, pola situación, tipos de chan, clima, variedades de uva… Viñedos inicialmente vinculados a mosteiros, igrexarios, como a pazos ou a casas aldeáns. Pois velaí o Ribeiro, no que incluiriamos os seus 5 ribeiros: Avia, Miño, Arnoia, Arenteiro, Barbantiño, con sona polo tipo de uva treixadura. A denominación Ribeira Sacra,  a que mesmo deberiamos precisar, do Sil, do Miño, Mao, Bibei… con socalcos trazados en empinadas abas e que fan que se coñeza como viticultura heroica, célebre pola uva mencía…

Viño e pan

A denominación Rias Baixas, ribeiras pontevedresas do Ulla, Umia, mesmo do  Miño  e do Condado do Tea sobre o que campa o castelo de Vilasobroso ; A denominación Monterrei , a que corresponde coval do Támega presidido polo seu castelo, berce de cabaleiros e santos. Viñedos caracterizados polo godello e polo tinto de mencía. Non queda atrás, a denominación e Valdeorras, seguindo o Sil,  temen cos seus brancos godellos e mesmo os tintos mencía. Habendo outras regulación e de longa historia, como os viños de Betanzos ou os de Padrón. Ben o sabemos os do Carballiño con adn arrieiro que estableceron á beira dos camiños parada e fonda nas que  mostrar a experiencia das adegas, como catadores e corredores de viño, de xamón e queixo.

Montes ondulados deses ribeiros viñateiros achanzados en socalcos, eses muros que achanzan as abas do monte, coa feitura dos mellores canteiros,  con orixes que van do mundo romano  ao medievo, seguindo ao século XIX…como os que debuxan a paisaxe do Santuario das Ermidas, en terras do Bolo, algúns recuperados, outros aínda  pardiñeiro . Os nosos de Sagra a Banga, de Moldes a Cavadoso…

Risco no Ribeiro Foto Chamoso

Celebrados viños en festas e mais deberan a fin de desestacionalizar a concentración parcelaria estival. Presumir de ancestrais saberes, da arte da alquimia e das alquitaras, as augardentes, o licorcafé, o tostado, o eucaliptine, arte dos frades, abadesas e adegueiros… E velaí no Pazo de Arxeriz ( Saviñao)  a mostra da cultura da súa Ribeira Sacra, de viños, compañeiros da cociña:  troitas, anguías, magras de xamón, pementos, queixo…

Emparrado, pazo de Oca

Ben aquece neste tempos de profanacións, sustento do botellón, con estrañas mesturas,  voltar a saber beber, ao saber vivir a brindar coas tradicións melloradas…como proclama a Orde dos Viños Galegos, instituída no polo sabio e lembrado Xosé Posa e Nemesio Barxa, aura de Ourense. O traballo dos Paadin, Luis e o seu fillo Alexandro , autores  das Guías de vinos destilados y bodegas de Galicia de cada ano; o de Xavier Castro  Los grandes vinos gallegos , co organización de cursos, sumillers, visitas, catas… Un potencial símbolo de madurez, de saber beber e vivir, o que compre celebrar e saber poñer en escea de dignidade.

——————————————————————————-

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Trasalba e a Casa Museo de Otero Pedrayo para enxergar Galiza”

Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”

Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”

Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas

Felipe Senén: “O Meirás, da Condesa de Pardo Bazán, residencia estival do ditador… xa nas mans do pobo”

Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------