Manuel Herminio Iglesias
Levamos un tempo no que, por medio das urnas, están chegando ó poder gobernantes que, con faciana de demócratas, actúan como persoas egocéntricas que se achegan moito á tiranía. Persoas sen alma, que se endiosan e cren que son os amos únicos da razón, e como tal actúan. Sobran exemplos: citarei tres ou catro. O ególatra e narciso Donal Trump, o ruso Bladimir Putin, o israelí Netanyahu e o arxentino Milei. Quedan máis, entre eles o nicaragüense Ortega e incluso o venezolano Maduro e podería seguir. Todos eles empregan o poder como se o cacho de terra onde gobernan fose da súa propiedade. Mais o certo é que este planeta está cheo de mandaríns que ignoran aposta os principios básicos do que debe ser un gobernante e os dereitos dos cidadáns ós que representa. Dereitos que son: o respecto ás normas básicas que amparan ós humanos. Pois pra eles, as leis internacionais semella que non existen. Unha frase que dixo o papa León XIV pode que nos faga meditar a todos: coidado co dominio da tecnoloxía, o diñeiro e o poder. E, en certa medida, ten moita razón. Dado que si soamente seguimos o camiño que marcan eses tres temas: Tecnoloxía, Diñeiro e Poder a sociedade irase deshumanizando cada día máis e creará unha clase social que, apoiada nese control, escravizará ós seres humanos. O finado Pepe Mujica, expresidente uruguaio, marcou un bo contraste co que fan estes ditadores e persoeiros sen alma e o que el representa. Polo que unha sociedade, por moi avanzada e moderna que sexa, si perde certos principios éticos, morais e tamén espirituais, camiña tendo unha loita que a deshumaniza e a converte en despótica, insolidaria e antisocial. O liberalismo económico sen ningún control, como predican estes persoeiros, é unha loita de todos contra todos que soamente trae egoísmo e perda de valores. E eso conduce ó mundo cara unha confrontación duns contra outros. Todas as novidades tecnolóxicas e avances científicos son positivos, pero tamén son armas de dobre fío. E nos tempos que vivimos, todos eses avances teñen unha parte que si se emprega mal é un perigo para o ser humano.
Vivimos tempos onde a tecnoloxía permite moitas cousas que facilitan a comunicación e un longo etc. Mais dende o poder esa tecnoloxía pode empregarse pra controlar á sociedade, influír na súa maneira de pensar e de votar. Polo que, lanzar mentiras que semellan verdades e un sin fin de cuestións máis, pode levarnos a que unha minoría, con moito poder, nos manipule pra que logo elixamos a estes tiranos. Votar seguindo os sentimentos, e esquecendo a reflexión e a razón, trae estes fracasos. Polo que cando o gobernante carece de principios éticos e morais, aparece a persoa que se sinte amo das xentes, das facendas e de case todo, e actúa como un déspota. E dado ise paso, chégase á tiranía que leva ó individuo a pretender se o amo de todo, sen permitir que exista a oposicións que o poña en cuestión. Exemplos temos no réxime chino, no ruso, no iraní no ianqui e moitos máis. Persoas que se elixiron nunhas eleccións, máis ou menos libres, e que ó chegaren ó poder convertéronse pouco menos que en ditadores, Pois eso é o que pode acontecer no mundo actual, onde semella que si controlas á tecnoloxía, os cartos e por extensión o poder xa gobernas o mundo. En fin, corren tempos convulsos onde todo esta moi escuro. Esperemos acontecementos e iremos vendo.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política