Frases  con moita retranca

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O devir da acción política sempre deixou frases que pasaran á historia non só polo que nelas se di  se non polo que agochan e tamén  polo que se intúe despois de escoitalas. Son frases moi pequenas mais levan dentro moita intencionalidade, incluso chaman e animan á loitar contra o que se considera un mal goberno como hoxe acontece.  Supoño que moitos galegos lembraran unhas poucas, e  xa que hai 50 anos da morte do ditador acórdome daquela que dicía: “todo queda atado y bien atado”.   Tamén lembro outras que me veñen á memoria  despois de que saíra á luz a sentencia contra o Fiscal Xeral do Estado. Citarei algunhas: a primeira é a do Senador Iglesias Corral cando foi a revolta contra o presidente da Xunta Fernandez Albor. Pois dixo: Aquí pasou o que pasou… Logo,  achegándonos   á realidade política do momento hai dúas que axudaron a incendiar  o tempo no que a bipolarización  política é moi  evidente. “El que pueda hacer que haga” dixo o enfurruñado señor Aznar. E a outra:  “El caso va pa lante,” referíndose ó fiscal Xeral agora condenado pola filtración  de datos persoais dun presunto delincuente. Polo que estes ditos hoxe teñen moita  actualidade e axudan a que reflexionemos sobor do que se di por certas persoas. Por iso  falarei de todos un pouco. A primeira cita, a de todo queda atado e ben atado, que ía  acompañada do testamento de Franco, deixa ás claras que a intención  de Franco era que o seu legado e os seus  principios do movemento perdurasen no tempo. Non foi así, pois o rei que xurou eses principios,  e un falanxista como Suarez mandaron esas leis ó caixón das lembranzas,  aínda  que hoxe, algúns desmemoriados  que non viviron a ditadura,   as reivindiquen.   A  frase do Sr. Iglesias Corral, soamente aspiraba a que se esquecese o que pasara na Xunta que presidía o sr. Albor. Pois segundo se di o cargo íalle moi longo. E por iso veu aquela  posta en escena  de varios dos seus conselleiros e o goberno posterior que durou dous anos. As outras dúas frases que sinalo deixan un arrecendo que cualificaría de axitadoras dos que tiveron  poder. Pois  animan á xente que  actue contra ó goberno actual. Aznar co seu chamamento á rebelión contra un goberno que, segundo algúns dirixentes populares,  nunca debeu existir, daba un importante salto na escalada da confrontación política.  E a derradeira que citei,  dita por ese señor de pelo branco que intúe o que vai a pasar e inventa trolas, deixa ás claras a conivencia con algúns  sectores da xustiza que hoxe están nas esferas do poder xudicial. Pois aínda que non o pareza o que dixo e vaticinou foi o que saíu. E aínda que o asunto ten miga e veremos como remata dentro dun tempo, esa maneira de actuar  agocha que  existen conexións cos que ditan sentencias.  Ben sei que son frases que pasaran á historia dun pais onde non se fala e pola contra bérrase. Non se dialoga e ós adversarios políticos chámaselle inimigos.  Un pais onde o monopolio do que é España so o ten  unha parte. A outra metade son antiespañois que lle queren  mal a esta terra, que pensan diferente e que non se pode falar con eles.  Que tempo nos tocou vivir. Que tempo se aveciña onde as ideas máis retrogradas campan e os que se consideran españois de pura cepa préganse diante o Sr. Trump e a súa maneira de ver e mandar no mundo. Sempre se dixo que falar entre adversarios é positivo, máis hai momentos que, cando os que queren acabar coa democracia se agochan falándonos de que neste país goberna un autócrata e un ditador, chegou o momento de coidar e defender a  liberdade. E iso é o que hoxe está en xogo. Polo  que coidado coas frases  que van cargadas con moita retranca e intencionalidade antidemocrática como algunha das que sinalei. 

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Manuel Herminio Iglesias


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------