O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Máximo Huerta, o que fora ministro por moi escaso tempo no goberno de Pedro Sánchez, na presentación da súa novela “Mamá está dormida” emprega unha metáfora na que di que as sociedades que esquecen axiña o pasado, a súa historia e a cultura, perden a memoria colectiva e camiñan cara o esquecemento dos valores fundamentais que as conforman.
Hai uns días suspendeuse un encontro de políticos, escritores e xornalistas para falar da pasada guerra civil. As causas parece que son discrepancias porque no paquete de asistentes ían políticos e non historiadores e xente de letras. Mais todo indica que falar dese asunto despois moitos anos manca e moito. Hai tamén uns días nun programa televisivo sobor da opinión do franquismo que del teñen un de cada tres españois, unha moza que consideraba os anos da ditadura como algo positivo, ó preguntarlle o entrevistador que lle parecía a presencia dos emigrantes en España e despois de escoitar a súa opinión pouco favorabel, o reporteiro díxolle si sabía que España tamén fora un pais de millóns de emigrantes.
A rapaza díxolle que non, que o descoñecía. Polo que da resposta, quítase unha conclusión que sinala que o que lle contaron a esa moza e a moitos máis dos anos da ditadura foi unha historia manipulada segundo lle conviña ó relator. Ou sexa: branqueáronlle a figura do ditador, e agocharon un tempo de miseria e represión. Pois descoñecía que fomos un pais de emigrantes e outros acontecementos que marcaron moito a vida dos nosos pais e avós.
Polo que escoitar a mozos falar das vontades do franquismo sen vivir ise tempo sona a descoñecemento da realidade e a ignorancia. Eso fala do que non se fixo a partires da transición nas casas, nas escolas nin nos institutos. Polo que dá a sensación que se quixo esquecer a aposta falar dese tempo escuro da historia deste pais. As consecuencia vémolas agora. Pois moitos mozos saen branqueando un tempo no que cren o que lle contan persoas que andaban a tunear a figura de Franco e uns anos escuros da nosa historia colectiva.
Mal saben estes mozos e mozas que as liberdades que hoxe teñen non as terían nos anos da ditadura. Maximo Huerta co titulo da súa novela ven a dicirnos que o que esquece e opina sen saber, e cre o que lle contan sen contrastar cae no erro de ser manipulado ó antollo de intereses que, á larga, van contra el. E iso é o que lle pasa a moitos mozos e mozas deste tempo. Cren o que lle contan sen escoitar opinións serias e diferentes.
En fin, esto que pasou neste Estado acontece e moitos máis lugares do mundo. Non soamente pasou en España. Polo que semella que o mundo non só esta dormido, ten alzheimer. Pois esquece que nos anos corenta do século pasado houbo unha confrontación mundial, e que en Europa ó nazismo e o fascismo, ese mesmo que hoxe puxa disfrazado de demócrata falando de liberdade, trouxo represión, morte e miseria. E hoxe agocha que na segunda guerra mundial houbo millóns de deportacións e mortos. Polo que sería bo que moitos abran o ollos pra non seren enganados.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















