A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Todos camiñamos á espera de como irá esa guerra que comezou Trump e  Netanyaju. Eles coas súas paranoias  comezaron este lío pra defender os seus intereses económicos e abriron  un tempo cheo de incertezas que veremos como remata.

Debe quedar moi claro que o réxime teocrático iraní é unha ditadura en toda regla. Tamén que as súas barbaridades contra os dereitos humanos e contra as mulleres  son inxustificables. Tamén debe quedar moi claro que no mundo hai moitas máis ditaduras ás que se lle rende boato e non se atacan.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Vivimos tempos nos que moitos patriotas de  bandeira e pulseira, ós que se lle enche a boca o falar de España, hoxe xustifican esta guerra e  actúan como vasalos do ególatra, narciso e caprichoso presidente  dos ianquis e tamén do guerreiro israelí. Con todo, falando destes que apoian a agresión,  compre lembrar algúns feitos históricos que din,  que  o amor que lle teñen á este pais ten máis de interese económico que doutra cousa. 

Vexamos: as bases americanas parten dun tratado que Franco, o ditador, fixo cos americanos pra esquivar a fame que veu como consecuencia do golpe de estado contra a república e a posterior guerra civil. Entendo que moitas persoas da miña idade lembraran que, despois de asinado o convenio cos ianquis, chegou o leite en po, o queixo amarelo ás escolas e tamén  uns fusís cetme  xuntos cuns coches vellos para o exercito.

E todo a cambio  dunhas bases que hoxe seguen operativas e nas que mandan  e moito os americanos.  Ise foi o trato: vender parte da soberanía a cambio de matar a fame naqueles tempos e manter o ditador  no poder. Digo isto pra refrescar a memoria deses rapaces novos que abrazan doutrinas moi perigosas para a sociedade democrática. 

Mais agora estamos noutra tesitura dado que  rematada a segunda guerra mundial as nacións sinalaron uns principios  que as grandes potencias dende hai un tempo  vulneran ó seu antollo e fano unicamente  segundo  os seus intereses económicos. E nesta situación estamos. Pois,  si pra xustificar e  levar a cabo esas guerras hai que saltar as leis e hai que empregar termos bíblicos  e oracións relixiosas mal imos. A imaxe de Trump cós representantes relixiosos danos unha idea de como camiña este mundo cheo de contrariedades.

O belicosidade  sempre tivo o silencio, cando non o  apoio,  das relixións, o  que non deixa de ser unha forte chata entre o que predican e o que fan. Curros xa o dicía nun dos seus poemas cando Deus ollaba o mundo que el creara: Si este é o mundo que eu fixen que veña  o demo  e me leve.

Vivimos tempos que non auguran nada bo pra a humanidade. Os intereses estratéxicos dos  imperios, que o final non son máis que económicos,  pesan e moito. Pois no noso Estado hai predicadores chamados patriotas que apoian esta guerra. Xente que di que camiñamos polo  vieiro errado e que sempre hai que estar cos poderosos,  aínda que estes violen as leis internacionais  e nos traten como subditos. En fin: esperemos acontecementos e o tempo será o que dea ou quite razóns.

Con todo,  se aspiramos a que o mundo non estea gobernado pola lei da selva, non queda outra que respectar as normas internacionais  que os estados puxeron en vigor, e tamén desenmascarar a ises falsos profetas. Pois camiñar cara unha confrontación bélica, ou se o prefiren, cara a terceira confrontación mundial,  levaranos  un fracaso colectivo no que todos sairemos perdendo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------