Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Abordar o concepto do tempo adoita esixir unha mirada á física, á astronomía, á filosofía ou ás agullas do reloxo. No entanto, este texto non busca explorar a entropía nin a relatividade, como tampouco repasar as ideas que, desde Aristóteles e santo Agustín ata Einstein, intentaron descifrar a estrutura da realidade.
Desde a miña perspectiva, o hipocampo, a amígdala e a cortiza cerebral teñen moito máis que ver co tempo que as agullas do reloxo ou o movemento dos astros no firmamento. O meu obxectivo aquí é máis limitado, máis básico, pero tamén máis radical.
O tempo, no seu sentido puramente físico, é só cambio e entropía: partículas movéndose e enerxía dispersándose. Con todo, o tempo humano é outra cousa: fluxo e dirección —pasado, presente e futuro—, semente e experiencia. É, en esencia, un suco que se abre na leira da memoria.
O interese desta reflexión céntrase en explorar a raíz mesma do tempo, revelando a súa esencia, buscando a súa orixe e situando a memoria humana como o seu fundamento substancial. Visto así, podemos contemplar a vida como un terreo fértil sobre o cal o tempo abre sucos nos que imos sementando vivencias ao longo da nosa existencia. Ao cabo da nosa vida, todo ese percorrido transfórmase nunha historia privada, vitalmente integrada polos recordos e aprendizaxes que prosperaron e nos axudaron a triunfar. O silo que garda esa colleita habita no noso interior, blindado cun seguro a todo risco contra os embates do tempo newtoniano, einsteiniano, termodinámico, cuántico ou similares.

Intento sustentar aquí que o tempo non é un obxecto físico -como as agullas do reloxo ou o movemento dos astros-, senón unha vivencia creada pola conciencia humana. A memoria rescátanos da fugacidade do efémero instante, achegando ao devir unha certa consistencia, continuidade e sentido. Sen esa ancoraxe do recordo, a percepción do tempo disólvese nun baleiro sen un antes nin un despois. A través deste enfoque trato de reflexionar penetrándome no paradoxo do tempo vivido, onde lembrar é a única forma de habitar o fluxo das horas e onde o esquecemento non representa un simple descoido mental, senón a desaparición da nosa estrutura e natureza temporal. A memoria permítenos sementar nos sucos labrados polo tempo as nosas ideas, emocións, cultura e vivencias, para que nelas xermine a nosa propia identidade.
Con todo, este proceso de labranza vital áchase permanentemente exposto a unha ameaza destrutiva que conduce á erosión e ao desmantelamento dos sucos. Na época actual, esa devastación toma a forma do mito homérico dos lotófagos encarnada en dúas realidades devastadoras: as adiccións e a irrupción do Alzheimer.
A illa dos lotófafos
Neses días de agosto, de tórrida e sufocante calícula, chegou ás pantallas cinematográficas españolas a Odisea de Homero, adaptada por Christopher Nola. Nela, o director angloamericano desviou o doce e anestésico loto da illa dos lotófagos aos poderes da feiticeira Calipso, modificando así a versión orixinal homérica. Na versión orixinal, Homero narra así a chegada de Ulises (Odiseo) á illa dos lotófagos:

Alí os lotófagos non tramaron a morte dos nosos compañeiros, pero déronlles a comer loto; e calquera deles que comía o saboroso froito do loto non quería xa levar noticias nin volver, senón que desexaba quedarse alí entre os homes lotófagos, comendo loto e esquecer o regreso. Eu conducinos ás naves, obrigándolles a ir; e, chorando, arrastreinos e atei debaixo dos bancos, nas cóncavas embarcacións. E aos demais compañeiros exhorteinos a embarcarse a fume de carozo nas rápidas naves, non fose que algún, comendo loto, se esquecese do regreso. Eles embarcáronse enseguida e, sentándose por orde nos bancos, bateron cos remos o espumoso mar (Homero: Odisea. IX, liñas 92-102).
Para a tripulación de Ulises, o froito do loto actúa como un anestésico da memoria. Ao consumir esa planta, os homes non sofren unha amnesia violenta, senón un adormecemento do desexo de volver a Ítaca. Ese episodio dos lotófagos do canto IX da Odisea funciona como unha alegoría sobre como a memoria e o esquecemento configuran a nosa percepción do tempo e da propia identidade.
As adiccións:
1.- A droga
A droga é o loto do século XXI. Quen queda na illa das adiccións abandona o arado do tempo e descoida a terra en cuxos sucos habería que sementar. Os estupefacientes -o loto da Odisea-, mediante a anestesia do recordo e a anulación das expectativas, prometen un alivio inmediato fronte ao esforzo da sementeira, ofrecendo unha evasión da dureza do tempo. Os sucos abertos quedan abandonados nun presente perpetuo e baleiro. Ao anestesiar a memoria para esquivar a responsabilidade do pasado, o adicto destrúe a semente do mañá. A súa leira carece de coidado permanente sen chegar a dar ningún froito, mentres a súa historia privado se interrompe polo impulso ditatorial do instante narcótico.
A droga é o loto que conduce ao esquecemento do presente e ao baleiro onde o tempo se detén, anulando así a identidade, ese atributo humano que soamente a continuidade da memoria pode soster.
Onde está hoxe o Ulises capaz de arrincarlles aos drogadictos a flor das mans, de arrastralos contra a súa propia vontade fóra da illa e atalos ao temón da súa propia vida?
Penso que a educación e a formación son verdadeiras candidatas para asumir ese papel.
2.- As novas tecnoloxías
As pantallas e as redes sociais son a versión dixital do loto homérico. Se na Odisea o froito doce provocaba o esquecemento de Ítaca e a renuncia ao regreso, hoxe os desprazamentos constantes de contidos nas pantallas (scroll) e o bombardeo incesante de alertas estrondosas producen unha anestesia similar da atención e do tempo privado. As novas tecnoloxías ofrecen un refuxio pracenteiro para escapar das esixencias privadas, do esforzo e das tensións da vida cotiá. Os actuais lotófagos dixitais habitan as redes sociais e os medios de comunicación sensacionalistas, que despois de comer o loto da noticia do instante pasan a comer a seguinte esquecéndose da anterior.
Do mesmo xeito que os compañeiros de Ulises, os usuarios dixitais experimentan un letargo dos desexos e das iniciativas de futuro. O pracer inmediato xerado polos algoritmos actúa como o “doce e anestésico loto”, retendo a mente nun presente perpetuo de estímulos breves que desconectan ao individuo dos seus proxectos e da súa propia memoria histórica. A tecnoloxía pasa así de ser un instrumento de comunicación, a converterse nunha illa de loto onde a vontade queda cancelada e a realidade sofre un ruinoso abandono.
O Alzheimer
Se as adiccións representan o consumo voluntario do loto, o Alzheimer é a imposición obrigada e tráxica dese mito. Esa enfermidade desmantela progresivamente a memoria, comezando polos recordos recentes e retrocedendo cara á infancia, esgazando vertixinosamente a estrutura do eu.
O Alzheimer é a erosión máis devastadora da mente, un terremoto que empuxa a quen o padece a comer, sen desexalo, o loto, a froita da desmemoria. A persoa atrapada nesta enfermidade ve como as súas vivencias, a súa identidade e os rostros dos seus seres queridos se desvanecen. Non se trata de descoidar a leira da memoria de forma deliberada, senón que aparece un tsunami neurodexenerativo que borra os lindes e soberanía da terra.
Conforme a deterioración se acentúa, a mente renuncia aos seus froitos un a un, iniciando esa renuncia coas colleitas do presente ata chegar a erosionar as raíces da nenez, achandando ao seu paso os sucos marcados polo tempo. Cando alguén esquece a súa meta e os seus recordos, non só perde datos do pasado, senón tamén os cimentos da súa propia identidade. A vida biolóxica continúa, pero a historia privado desaparece por completo.
Cando a memoria se fractura, ben sexa polo consumo voluntario de estupefacientes, pola anestesia das novas tecnoloxías ou pola perda involuntaria da memoria, o ser humano queda reducido ao seu mero tempo biolóxico, pero a súa vertente mental do tempo se extingue, roubándolle a súa historia e a súa identidade. Sen o recordo, o equilibrio psíquico colapsa e a historia privado bórrase. Perder a memoria non é un simple fallo cerebral, é sinxelamente baleirar por completo a propia existencia.
A escritura como semente no suco da memoria
A vida humana desenvólvese entre dous puntos que marcan o inicio e o fin ao longo dun fío temporal irreversible. O pasado é irrepetible, pero actúa como o compás que orienta o noso mañá. É imposible albiscar o futuro sen mirar atrás, pois só entendendo de onde vimos podemos saber cara a onde nos diriximos. No entanto, é certo que o pasado nunca volve?
No Fedro, diálogo de Platón, o aristócrata ateniense Fedro pídelle a Sócrates que lle conte o que oíu dos antigos. E Sócrates relátalle entón unha conversación entre o deus exipcio Theuth e Thamus, rei de Exipto:
Foi Theuth quen, primeiro, descubriu o número e o cálculo, e, tamén, a xeometría e a astronomía, e, ademais, o xogo de damas e o de dados, e, sobre todo, as letras {…} Theuth achegouse a Thamus, e mostrándolle as súas artes dicíalle que debían ser entregadas ao resto dos exipcios. Pero Thamus preguntáballe cal era a utilidade que cada unha desas artes tiña {…} Cando chegaron ao das letras, dixo Theuth: “Este coñecemento, oh, rei, fará máis sabios aos exipcios e máis memoriosos, pois se inventou como un fármaco da memoria (Platón: Fedro; 274c-277a).

Neste texto platónico emerxe o papel da escritura como un eficiente fármaco da memoria, recurso mnémico milagroso que rescata o pasado do esquecemento. E, mentres a voz morre co paso do tempo, a escritura perdura fixada no papel ou na pantalla LED liberándose desa capitulación verbal. Esa mesma función utilízaa o tocadiscos cuxa agulla camiña sobre os sucos do vinilo no que se atopa o pasado das voces que se actualizan no presente de cada xiro.
No entanto, nun determinado episodio do mito compróbase o escepticismo do rei Thamus respecto a ese fármaco prodixioso da memoria que con tanto entusiasmo lle describía o deus Theuth:
Oíndo moitas cousas sen aprendelas, parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos casos, totalmente ignorantes.
Estas palabras reflicten o receo do rei ante a escritura, insinuando que o seu uso despraza o esforzo mental da persoa favorecendo, en cambio, a comodidade de replicar experiencias pasadas sen ningún tipo de exame crítico.
Desde o meu punto de vista, Thamus critica a escritura considerándoa un plaxio, pois reproduce simplemente o que din e pensan outros, e iso non se pode comparar ao mérito e á orixinalidade de pensar e de reflexionar por un mesmo.
Creo, con todo, que a proposta do deus Theuth máis ben suxire un intento de apresar o máis exactamente posible o tempo na memoria. Está fóra de toda dúbida que toda palabra pronunciada éo soamente nun presente -que é instantáneo e efémero-, pero unha vez emitida se esfuma no pasado. En cambio, a palabra escrita permanece, resultando ser un verdadeiro alivio da memoria. Por tanto, vista desde cada presente, a escritura é memoria, e grazas a ela podemos regresar ao pasado, pois se fai presente sempre que o lector a le.
En definitiva, o tempo humano non se mide no reloxo nin no movemento dos astros, senón nos sucos que a memoria logra labrar na nosa conciencia. Fronte ás ameazas do noso tempo —xa sexan a fuga voluntaria das adiccións, o sopor dixital do scroll ou a tráxica erosión involuntaria do Alzheimer—, o ser humano corre o risco constante de quedar reducido a unha mera existencia biolóxica baleirada de identidade. Ante este esquecemento, a palabra escrita eríxese como un verdadeiro fármaco da memoria que rescata o efémero da voz. Escribir e ler non son un exercicio de plaxio, senón un acto de resistencia, xa que nas letras a agulla volve percorrer os sucos do pasado para revivir a nosa historia, dándolle sentido, continuidade e futuro á nosa propia existencia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “En defensa da dignidade docente”
Avelino Muleiro: “Benvido, Daniel, a este lado da vida”
Avelino Muleiro: “As trampas da dialéctica”
Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”
Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”
Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”
Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”
Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”
Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

















