Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
Sempre imitando aos máis fortes, aos que imperan, como fan os nenos, os pobos inmaturos, en vez de facer valer o seu, en crear e re-crear sobre os seus produtos xerando economía. Sabendo que a universalidade está construída de unidades na diversidade. Pois velaí que o Samaín gaélico e mais o Halloween americano son implantacións moi recentes, coincidentes en Galiza con ritos tamén de herdo celta e romano en relación coa entrada no tempo escuro e coa morte, novembro. Celebracións que un desaforado consumo converterá en perversións entroideiras temáticas, arredor da tortura, do crime e da morte. Algo que nunca superará a crueldade vivida e televisada nestes mesmos tempos. Ruín contribución á educación. Depravacións que se queren facer tradicionais e que tamén invaden as fogueiras botellonizadas nas praias na noite do San Xoán, cando faltan das campas se fan solares.

Dende o Neolítico os seres humanos aprenderon a esconxurar a morte coa ansia de renacer, creando ritos e mitos de iniciación, de pasaxe, os que mudarán co devalar do tempo. Asuntos que garanten a vida de tantas relixións. Cambios agora máis visibles co imperio da sociedade de consumo, dos medios de comunicación, os que trastornarán o vagaroso ritmo da transmisión das tradicións, perverténdoas e uniformándoas na globalización.

Pois velaí un novo entroido americanizado co nome de Halloween ( do inglés All Hallows’ Eve= véspera de Santos) e detrás unha longa historia que tamén lle toca a Galiza, o país das benditas ánimas, a que presume de herdos célticos, prerromanos, tan de raiceira oriental: onde os mortos se fan espíritos buscadores da lux perpetua polos galácticos vieiros do cosmos. Tempo pois de festa e feira que tamén axuda a desestacionalizar. Mentres que Samaín ou Samhaín (de San-Fuín= encontro do tempo soleado) é verba do gaélico antigo que significa festa, recuperada pola ansia independentista dos románticos irlandeses. Encontro que o mundo anglosaxón, especialmente en América do Norte, Estado Unidos e Canada se bautiza como o devandito Halloween, con celebradas horas na noite que une outubro con novembro. Mes que en Galiza corresponde co tempo da castañeira, a recollida no souto e dos ourizos as castañas, todo un símbolo, como froto e semente. Primeiro día de grandes feiras, como a de Monterroso ou a de Chaves, abrindo a tempo de Santos, Defuntos e Magostos, cristianizado polo santo cabaleiro Martiño de Tours (sc. IV) que co seu homónimo e paisano o de Dume (Sc. VI) cristianizarán, un a Galia céltica e o outro a Galiza non menos céltica.
Primeiros días de novembro, os da celebrada entrada no tempo escuro
No mundo céltico británico e mais aínda na Irlanda, tan coidadora das súas tradicións célticas e cristiáns, en novembro é cando Dagda – o deus patriarca dos Tuatha de Danann, dos que segunda as lendas ben sabía e cos que se atopa no seu periplo de conquista Breogán de Brigantia – se casa coa deusa das pantasmas, Morrigan, señora das profundidades telúricas, co don da rexeneración, como as sementes, como a árbore, símbolo moi socorrido no panceltismo, na comuñón de nacións célticas. Divindades gaélicas asociadas coa batalla de Mag Tured e as míticas paisaxes irlandesas das ribeiras do río Unius en Connaught, coas Pedras dos casados ( Lige ina Lanonmhou).

Teñen aparecido calendarios prehistóricos en relación co sol e coa lúa, entón co ciclo agrario, como mesmo a Laxe das Rodas (Serres, Muros), o disco de bronce atopado na acrópole do Castro de Chao Samartin ( Grandas de Salime) , o de Nebra, Alemaña…. Aínda que o que nos interesa aquí é o calendario de Coligny (Aín, Francia) atopado no 1897: táboa de bronce moi enaquizada, crebacabezas datada no cambio de era: sesenta verbas en latín que nos remiten a un calendario céltico galo, de sesenta e dous meses lunares… E con mención aos samonios (días de novembro) e velaí de onde o romanticismo céltico toma e reaviva o nome de Samhaín , festas de tres noites en relación cos defuntos . Cesar, na súa Guerra das Galia refírese aos saberes esotéricos dos druídas, cargados de poesía, máis que de exactitude.
O mestre e amigo Rafael López Loureiro, entrando no fin do segundo milenio, nas terras de Cedeira, retomou o senso de celebración, incidindo nos calacús… e o asunto callou, como non podía ser doutro xeito coas tradición. E o celtismo desbordado acolleu tamén a denominación gaélica, sepultando a de Defuntos e Magostos… de fogueiras, castañas e visitas a cemiterios…

Pois así é que novembro encétase celebrando a Santos e Defuntos. Entón, dende as espadanas dos templos as campás fan dos seus os badalos bagoas a chorar, alternando femininos sons cos grosos masculinos. Días de converxencia da parroquia dos vivos coa dos mortos nos camposantos, a limpar as campas, a darlle vida con lámpadas, flores, verde …incluso adornadas con cunchas, símbolos de Venus e do renacer. E na noite polos camiños e sobre os valados poranse os calacús baleirados, con vela dentro, a alampear, lembrando ás têtes coupées célticas. Xornadas nas que non faltan na mesa os confitados ósos de santo, como mazapán, quizais tamén unha lembranza a máis antigas antropofaxias, teorías haber hainas.

O panceltismo abre a novembro con fogueiras, cabazas, castañas , noces, abelás e doces…
Festa de Santos e Defuntos que celebra así a entrada no tempo chuviñoso e do letargo, a que a mitoloxía recuperada e avivada polos románticos do panceltismo, asociaba coas celebracións druídicas. Encontros en interacción cos Catro Elementos, fundamentalmente acendendo fogueiras nas campas abertas, co fin de arredar aos espíritos ruíns. Celebracións avivadas e prolongadas polas saturnais romanas, as que corresponden co tempo de Nadal, tamén en conexión cos espíritos, coas sombras da morte, ás que o maxín daba as formas horribles e ás que, para apouvigalas se lle deixaba na mesa doces, castañas. Saturno era representado como señor do tempo, cuberto branco, cargando ao lombo coa simbólica e afiada gadaña . Días para ritos de iniciación vida-morte , esa morte de sombras, de santas compañas, vestidas de branco, de luz, entre silencio, arrecendo a crisantemo, cera e incenso… agora de gadañas, puñais, motoserras, sangue, tripas… dando renda solta ao máis gore, alimento dunha estética gótica, inspirada na arte fúnebre, cunha importante parte culta que tamén sabe expurgar e comedir. Agresivo Halloween que interfire no ritmo da normalidade, na noite, petando nas portas, atrancando as rúas, tentando sementar medo, con retrousos represores da creatividade, o Trato ou truco… sepultando a tradición no panteón da globalización.

Dias de novembro cando se esconxura o descoñecido, a morte, clamando pola luz que se reflicte nas fogueiras, na vida que renace das sementes, as que garda unha cabaza, como un ovo cósmico, ou unha simple castaña protexida polas espiñas dun ourizo… Elementos cos que adornar a casa, colares de castañas, zonchos ensarillados, antes cocidos en auga, sal e anís, cos que se adornarán os nenos e a casa, conxugando ansias de futuro… Días cargados de simbolismo , como o dos gatos, en relación co máis alá, coa ancestral sabedoría herdada, considerados seres reencarnados, o que ben sabía Vicente Risco… Símbolos con tanto valor poético, artístico, entre rituais de pasaxe, cun valor de uso e nunca como un valor de consumo ao que se reducen hoxe todas estas festas tradicionais, cun forte impacto comercial para gloria do Gran Bazar Chinés. Variado mercado de disfraces tan influídos polos films e os programas de terror, tan arredados do sentir orixinal, tradicional galego, a morte representada por estadeas brancas e de luz, si acaso en Santa Compaña … nunca de gadaña, iso si, coa luz na man…Nunca os clásico da etnografía galega aplicaron nomes foráneos, nin dos seus irmáns célticos, para suplantar os nomes e os ritos e mitos tradicionais.

Hispanoamérica e máis México, nun singular sincretismo, hibridación de herdos e tamén da emigración galega, celebra o Día de Mortos, tendo como escenario elemental os camposantos para banquetes, cores, música… na busca da vida, do fantástico, do sobrenatural, do sedutor misterio…
——————————————————————————-
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “Outeiros sacros na paisaxe e para a paisanaxe galega”
Felipe Senén: “Setembro das vendimas, a posta en valor da cultura do viño en Galiza”
Felipe Senén: “Trasalba e a Casa Museo de Otero Pedrayo para enxergar Galiza”
Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”
Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”
Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas
Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”
Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”
Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

















