Agochar o que non gusta da historia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cal será a razón polo que moitos políticos, case sempre  conservadores,  queren borrar ou agochar os episodios escuros que tivo o pais que eles gobernan? Semella que teñen medo a que saían á luz as barbaridades que fixeron a maioría dos seus antecesores. Digo isto, pois hai uns días un xornal publicou que o presidente Trump   mandara agochar no almacén do museo de EE.UU todo o referido á escravitude no pais das barras e  estrelas. Eliminar parte do pasado e escondelo pra esquecer e borrar  da historia os acontecementos máis negros tivo ese pais,  e todo   para  que os visitantes  e as novas xeracións  descoñezan as calamidades da escravitude. Ise   parece ser o obxectivo. Vamos,  aparentar e airear as virtudes  mentres se agochan, que non son poucas,  as  miserias. Esa maneira de actuar tráeme lembranzas do que tamén a dereita española e algún académico escritor  din aínda hoxe  con insistencia. Pois queren borrar da historia recente, propondo pasar páxina dos feitos escuros da ditadura franquista.  Non hai moito tempo  voceiros  conservadores e  ultras arremetían contra a lei de memoria democrática, dicindo que “la guerra del abuelo a nadie le interesa,” ou andar desenterrado a los  muertos no procede”.  Esta forma de falar amosa  moi pouca sensibilidade cos familiares de moitos represaliados,  non só na guerra, se non  nos anos posteriores  da longa noite de pedra como lle chamou  Celso Emilio Ferreiro.  Sempre se di que cando se descoñece o pasado vólvese a pegar contra a mesma pedra e cometer os mesmos erros. E na nosa sociedade soamente se nos ensinou a historia dos vencedores daquela mal chamada cruzada. Todas as sociedades humanas  teñen episodios escuros no devir da súa existencia. Pero que o ególatra,  belicoso e  narciso presidente americano, pretenda  que  lle  dean o premio nobel da paz, mentres tenta  agochar unha historia escura do seu pais. Borrar o pasado pra branquear a un estado  que gañou espazo físico e vital a golpe de sangue e chumbo  machacando as tribos indíxenas,   e que  agora pretende  agochar a  triste páxina do escravismo,  parece  un sarcasmo monumental. O mundo  actual esta gobernado por persoas con moi pouca humanidade  e moito egocentrismo. Estas persoas que chegaron ó poder por teren moita labia e que agora arremeten, como é o caso de Trump, contra dereitos básicos das sociedade son un tanto noxentas. Persoas que actúan como incendiarios e que agora queren aparecer como bombeiros pedindo cordura.  Camiñar pola vida con tanta  prepotencia; pretender que o departamento  de defensa  se chame da guerra;  ir  contra as normas electorais pra tentar perpetuarse no poder e culpar á esquerda do asesinato recente dunha persoa con moito predicamento e  unha chea  de cousas que fai este supremacista  asusta ás persoas sensatas. Polo que esa maneira de actuar é un indicativo da catadura e as ansias de poder que encarna este señor e outros semellantes que tamén mandan nos  imperios do planeta.

Vivimos tempos  onde a lei da forza vale pra alterar fronteiras, pisar dereitos e impoñer normas e caprichos; vivimos nun tempo se derruba e mata a tripulacións sospeitosas de tráfico de drogas, no canto de detelas e xulgalas.  Semella que xa todo está permitido.  A foto de Trump nunha cadeira máis alta detrás dunha mesa e os demais presidentes europeos sentados en semicírculo  en cadeiras máis baixas, recorda  escenas do gran ditador de Chaplin. Pero o máis triste desta comedia é que  dentro da vella Europa  e neste estado o Trumpismo ten seguidores. Incendiarios verbais que asustan cando falan. En fin, agochar  as miserias pra que non se vexan é un obxectivo que seguen a practicar moitos dos que mandan hoxe. Cara onde camiñamos vendo a moita mocidade insultando e buscando salvadores onde non hai sustancia e manda a intolerancia. Semella que non coñecen a recente e  triste  historia da vella Europa e  tamén  deste pais. De pena.

Manuel Herminio Iglesias


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------