Non chove auga…

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Setembro  sempre foi un mes de seca, mais neste  ano o estío chegou a outubro e segue. Os encoros están moi baixos e hai que enchelos e a choivas fanse de rogar. Vivimos un tempo que se aveciña longo e atípico. Quen o diría! Segundo os meteorólogos a temperatura da terra segue a medrar e os fenómenos naturais como as danas son moito máis insistentes e perigosas. E aínda que  polo noroeste sempre veñen as baixas presións  estes últimos  anos veñen moi secas. Mais a escaseza de auga pra encher os manantiais e os pozos   ven acompañada dunha seca que na política amósase na escaseza  de propostas pra sopesar e discutir asuntos  sen exabruptos  nin  barbaridades. Os problemas da sociedade de hoxe reclaman solucións. Ou sexa: facer propostas pra  sopesalas e se son boas levalas a cabo. Con todo, levamos un tempo onde a polarización, sobor de todo dos que hoxe están na oposición ó goberno,  faixe con moitas saídas de ton e con moi escasos argumentos. Vivimos un tempo onde seica todo é corrupcion. E eso amosa que moitos representantes públicos están entregados ó tu máis e o  aplauso chocalleiro  cando os seus líderes lanzan ó vento verbas que, nalgúns casos, son insultos á intelixencia. Polarizar é o obxectivo, pois de como vai a vida e os problemas nada se di. Soamente se fala das corruptelas do adversario e, como di o manual,  esquécese da propia. Levamos un tempo, máis de dous anos, no que falar e berrar, como di o refrán,  non ten cancelas. E con esa  linguaxe medrando escóitanse verbas que arrepían o corpo de calquera persoa sensata.  Porei algúns excesos recentes: España é unha democracia fallida, é un narcoestado;   vivimos nun guerra civilismo, etc.  E todo  pra rematar con que na miña comunidade non acato a lei do Estado. Esas e o  pin pan pun que ninguén pronunciou marcan o nivel dos  debates.  Todo xunto con  outras lindezas  que di a presidenta madrileña e que  os seus deputados aplauden a rabiar. O obxectivo é desprestixiar as institucións e a quen as goberna. Polo que o  nivel que amosa certa clase política comenza a dar vergoña,  dado que sigue enrocada facéndolle xogo á extrema dereita, cando  debía xogar a converterse nunha dereita europea e xogar a ser centrista de verdade. Polo que prefire seguir na broca fuxindo  de falar da economía, do paro, da vivenda e de moitos problemas  que deberan centrar o debate político. E todo isto comenza a cansar á cidadanía e a producir un efecto rebote que xa se nota nas enquisas. Ou sexa: unha oposición que perde fol. As eleccións neste pais gaña que é capaz de conquistar o centro político, e os socialdemócratas  están ben postos  no camiño. Pois xa son o centro social deste estado.  Polo que mentres Madrid mande nos resto dos populares  da península,   percibo que Feijoo camiña sobor de  areas movedizas e veremos o que dura.

En fin, setembro sempre foi un mes seco. De feito  temos os manantiais moi  escasos de auga e os encoros tamén; o dito de que sempre é tempo bo cando non chove, é unha   cantinela   da que falan  soamente  os urbanitas. As xentes do rural entenden o tempo doutra maneira.  Polo que compre que chova para que os nosos eidos se fornezan de auga. E no canto da política tamén precisamos que chova e  mudando as formas; que  paren o insultos á intelixencia,  e que remate a seca de propostas. Necesitamos  debates sosegados sobor de moitos asuntos. Xa está ben de tanto berro e insulto. Pois cando  unha oposición soamente berra, insulta,  cada día que pasa perde forza, dado que o  insulto soamente leva ó odio e o odio ó enfrontamento. E a gran maioría da xente  non ve con bos ollos que un partido con aspiracións de goberno siga ise camiño.

Manuel Herminio Iglesias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------