A historia lémbranos que moitas veces as sociedades no seu devir político camiñan dun extremo ó contrario. Exemplos temos de abondo. A Alemania que pasou dun réxime democrático ó nazismo e a Cuba que pasou de ser o país máis avanzado do Caribe a un comunismo que, co paso dos anos, levou á que en tempos foi antiga provincia española, a un estado onde os cubanos están a sufrir mil estreiteces. E poderíamos seguir con máis exemplos.
Vivimos un tempo onde semella que a historia pode repetirse tamén neste noso Estado. Ben sei que a racionalidade e o sentido común cando se axita ás masas procurando inxectar odio pode levarnos a caer na trampa do argumento populista e sinxelo que di que o que temos é unha merda. Polo que hai que derrubalo. E o máis tristeiro disto é que sempre se fala en nome da sacrosanta liberdade. A maneira de axitar ten moitas formas e estamos a velo dende hai uns anos. A primeira é non recoñecendo a un goberno que nace dun acordo parlamentario. A segunda é cando se lle chama radical comunista, cando de comunista nada de nada. A terceira é falsear a realidade histórica contando trolas e medias verdades dun pasado ditatorial. Porei un exemplo do que lle dicía nun colexio público unha profesora ós seus alumnos falando do Franquismo. A docente dicíalle que si naquel tempo non te metías en problemas non tiñas por que temer ren. Ela referíase a cuestións políticas e reivindicativas. Esa e o silencio que imperaba nas familias, incluso despois de chegada a democracia, axudaron a que moitos dos nosos fillos e netos descoñezan moitas cousas negativas do noso pasado recente. O silencio era a maneira de agochar as tristes e arrepiantes miserias dunha época escura. Manipular a xente moza que non viviu nin coñece o que foi a ditadura nin as consecuencias e carencias que viviron os seus avós e pais antes da chegada da democracia sempre foi o obxectivo. E as consecuencias afloran agora, polo que moitos mozos e mozas danlle creto o que din certos apóstolos que non fondo apoian e queren un réxime como o da longa noite de pedra. Miguel Roca, un dos pais da actual constitución, di que o Franquismo, as súas consecuencias e barbaridades nunca foron explicadas nas aulas, e nas familias sempre se gardou silencio como se o que pasara neses anos fora unha vergoña que había que agochar. E se preguntabas a resposta era: diso mellor non falar.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A sociedade actual ten moitos problemas. Mais tamén estou convencido de que moita xente nova, sen entrar nas cuestións políticas referidas ás liberdades, descoñece como se vivía en moitas zonas do estado onde carecíase dos servizos básicos para unha existencia con dignidade. A maioría dos concellos por non ter, nin tiñan casa, nin ofrecían servizos para os cidadáns. Buscar comparacións dunha época coa presente case resulta imposibel. Mais a lei do péndulo volve a andar rondando a nosa sociedade e ameazando con un retroceso social e moitos dos logros da sociedade do momento. Pois o péndulo non permite a racionalidade. E coa súa forza quérenos levar dun extremo a outro. Polo que os que propoñen solucións vellas para un tempo moi distinto ó de hai cincuenta anos, eses soamente amosan unha faciana que non é nin máis nin menos que unha careta que agocha ás súas verdadeiras intencións: levarnos cara un tempo escuro e non democrático. Coidarse dos falsos apóstolos da liberdade tería que ser o obxectivo da xuventude deste momento. Reivindicar e poñer sobor da mesa os seus problemas e fiarse menos de charlatáns que agochados baixo a faciana de demócratas son verdadeiros ditadores que queren desfacer a democracia na que vivimos. En fin, a lei do péndulo coa súa forza lévanos a cometer erros xa vividos. Lévanos dun extremo ó outro. Busquemos a racionalidade e abramos os ollos nun tempo onde as trolas e mentiras son o pan de cada xornada.
Manuel Herminio Iglesias
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?
















