Venres negro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa todo estaba disposto. As luces iluminaban de mil cores  as rúas e prazas das cidades. Ate no meu barrio do rural ourensá  ó concello puxo unhas luces na entrada que serven para calquera festa do ano, pois o importante é facer que se fai, ou se o queredes mais fino: dar o pego.  Pero si, todo estaba disposto pra ise Black Friday  do ano 2025. Ise invento  que os americanos nos mandaron e que nós como papanatas acollemos ser dicir ren. Sí, para que  andemos mirando escaparates e piquemos nesas rebaixas encubertas  que incitan ó consumismo acrítico, pouco reflexivo e polo tanto  impulsivo. Pois nin por casualidade lle chamamos Venres Negro, dado que  preferimos seguir a copiar o que nos mandan dende o pais do Tio San. A verdade e que dende que Franco  se aliou cos americanos permitindo poñer as bases,  a cambio da leite en polbo, o queixo e uns  vellos fusiles chamados Cement,  todo foi mudando e agora somos uns copións  do que inventan nos EE.UU. Vivimos tempos onde todo se globalizou e a diversidade ideolóxica e cultural tamén. Polo que  camiñamos cara un consumismo sen ningún tipo de miramento e culturalmente cara un monocultivo falando en termos agrícolas. A verba que máis se escoita é: consumir o  que o mercado demanda.  Polo que non me extraña  que agora uns rapaces que non  viviron os anos desa leite en polbo, nin daquel queixo amarelo que viña en latas redondas,  falen  ben do Franquismo e descoñezan as súas miserias e a fame que se pasaba. Por eso din que non foi tan mala aquela época,  e andan a branquear aquel tempo do   “Generalísimo por la Gracia de Dios”  Pois ben,  dende aqueles anos non paramos de ser uns copións  do que nos mandan dende os EE.UU. Mellor, de copiar a maneira e a forma de vida que alí teñen como se fora un bo exemplo a seguir, pois soamente falta que podamos acadar e andar con  armas de fogo sen ningún control.  Ate algúns partidos políticos, onde  están os patriotas de pulseira e bandeira furada sen escudo,  din que hai que seguir as andanadas dun tal Trump.  Pero,  volvendo o motivo do comenzo,  pregúntome por que somos tan belixerantes coas linguas propias que hai dentro do Estado, coa nosas formas de vida,  e nin temos a habilidade de traducir tantos termos que veñen do inglés os nosos idiomas.

Vivimos un tempo onde todo camiña a moita velocidade e como non hai espazo para o pensamento reflexivo, cousa que se da máis na xente madura, camiñamos un tanto apapaostiados seguindo o que nos ven dese continente ó que tanto admira unha importante  masa social.

Supoño que calquera día aparecerá unha nova ocorrencia  e inventarán outra carallada pra que nós a copiemos sen miramentos e a aceptemos como se fora un mandato divino.  Polo que de seguir ese camiño logo acolleremos cos brazos abertos a comida lixo, aceptaremos o sistema sanitario que alí todo é privado e seremos algo semellante a unha colonia ianquí do outro lado do atlántico. En fin, que somos, sen pretendelo,  un chisco parvos, pois desprezamos o noso e aceptamos o que nos mandan dende o outro lado do charco. Que lle imos facer, non temos remedio.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Manuel Herminio Iglesias


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------