A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Faro de Vigo

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Hai unha semana asistín ó acto cívico de despedida do que fora alcalde de Allariz  Francisco García. Foi unha homenaxe pública na que a palabra dos oradores transmitía emoción, paixón e cariño  cara unha persoa que deixou unha fonda pegada nese concello. E diante o cadaleito coa praza ateigada de xente  as emocións estában moi presentes. Mais houbo unha frase que un lider nacionalista dixo e  que me chamou moito a atención, pois fíxome  reflexionar e incluso comparar a situación xeral  da xuventude de hai trinta ou mais  anos  coa do tempo  presente.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O persoeiro  viña a dicir: “Eramos moi novos, eramos  un rapaces que soñabamos con cambiar Galicia e o mundo. Con todo cambiamos Allariz.” Despois de pensar no que alí escoitei, viñéronme á memoria os tempos da mocidade e da transición política e lembrei  as gañas que daquelas tíñamos  de saír da escuridade da ditadura.

Pois algo semellante do que pasou no concello citado aconteceu en moitos máis concellos e lugares de Galicia. Pois ate pasou no lugar onde vivo amo e sinto. Polo que  os  recordos  axiña avivaron  á miña memoria. Ano de 1976 un grupo de mozos e mozas en Seixalbo comenza a bulir e as inquedanzas fan que organizado por aquel  Teleclube, na praza do lugar, chea de xente,  represéntase unha obra de teatro dirixida pos Santiago Pereira. 

Un  tempo despois nace na rúa de Amendo número 6 á Agrupación de Danzas Populares Castro Floxo; Tamén nese tempo, despois dunha misa na Capela de Santa Ádega na que, acompañados por un Harmonio que houbo que subir por aquela empinada costa, nace Coral Agromadas,  hoxe Asociación Cultural. Tamén lembro as xuntanzas en Seixalbo dos pedáneos do rural ourensán pedindo a volta dos autobuses urbanos, pois non queríamos os chamados  Cercanías que non cumprían co servizo. 

Anos despois nace a Asociación de Veciños Sam Breixo. Asociación que levou ese nome pois no Goberno Civil pra legalizala pediron o nome dun padroeiro.  E aínda que as comparación ás veces non son acaidas non podo máis que cotexar a enerxía e compromiso da mocidade daqueles anos coa  situación que vive a maior parte da mocidade de hoxe.

Daquelas todos tiñamos  gañas de facer actividades e participabamos  en todo o que se organizaba. Lembro tamén as asembleas  na praza  onde, subido as escaleiras do Cruceiro,  trataba de convencer á xente  de que había que  mellorar o lugar onde viviamos e que a asociación era unha boa ferramenta. 

Son moitas as cousas que quedan no tinteiro. E son moitas as cousas que mudaron para ben. Mais hoxe percibo un mundo moi distinto. Pois  vexo a unha xuventude e mocidade un tanto desligada dos problemas sociais  e moi pouco participativa na vida comunitaria.  E moito  menos comprometida cos problemas da sociedade.

Cantos mozos daquela loitaron e soñaron con cambiar o mundo. E aínda que non o acadaron, o seu traballo pola sociedade, polo común, fixo que o lugar onde viven hoxe mellorara e moito. Os concellos de hoxe nada teñen que ver cós deses anos.  Polo que a frase que se dixo nese acto de despedida dun bo veciño, dun loitador polo común e por Galicia en xeral, deixou un arrecendo de agradecemento público cara unha persoa que como moitos daquel tempo, en toda esta terra   traballaron por unha sociedade mellor. Todos daqueles anos soñamos con cambear o mundo, non o acadamos, máis con  esforzo  melloramos a vida dos nosos  pobos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------