A opinión de Manuel Herminio: “Esparta e Atenas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Faro de Vigo

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Parece unha comparación esaxerada. Mais penso que algo en común hai pois no fondo relacionase  co que vou expor. Non hai moito tempo políticos españois louvaban a este inmenso pais como unha democracia modelo, pois era madura e celosa dos seus principios e liberdades colectivas e individuais. Mesmo a presidenta madrileña catalógaa hoxe como o Faro da liberdade.  Estoume a referir ós EE.UU. Mais a medida que pasan os días percibimos con moita claridade que non é o paraíso democrático que nos queren vender. Todos sabemos como naceu este imperio. Todos lembramos as películas do oeste onde os brancos eran os bos e os indios os salvaxes. Todos vimos como loita a loita se foron machacando as nacións indias por emigrantes, a maioría europeos, e dese xeito  conquistaron as terras das nacións indias.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén lembramos a escravitude, a guerra entre os americanos do norte e os do sur. Igualmente  o atentado contra un barco que desencadeou a guerra contra España pra que deixara Cuba. Polo que dedúcese que  na poboación  dese grande estado habita unha parte guerreira que leva á nación americana a considerar que o mundo conquístase  sempre pola forza; que pensan que son superiores ós demais cidadáns do planeta, e que por iso sempre están cheos de razóns pra actuar militarmente en calquera pais da orbe. Mellor onde lles pete. Pode que sexa unha minoría a que así actúa, pero  hoxe son os que mandan. 

Co que partindo de esa áurea de superioridade, os seus mandatarios  entenden  que son os donos da terra e que poden intervir en calquera parte libremente, pois teñen a forza e actúan como hai miles de anos o facían os  espartanos. A vella Europa, espazo xeográfico no que aconteceron mil conflitos bélicos, con un chisco máis de experiencia e saber,  foi o berce de grandes filósofos e homes de ciencia. Persoas  que, con mil atrancos,  trouxeron progreso no mundo.  Vamos, algo semellante a Atenas grega da que somos herdeiros. Ali  a democracia, o saber e a reflexión foron o punto de partido do mundo occidental.  

Polo que hoxe  temos por un lado a lei da  forza  e a imposición, neste caso apoiándose nun grande exército que necesita conflitos para manterse economicamente,  e polo outro un mundo máis comedido e respectuoso cos dereitos dos humanos. Por eso  a todos nos choca nestes días ver ós matóns de Trump machacando á xente e aplicando o dito: primeiro dispara e logo pregunta.  E con  esas  imaxes tan ferintes  ímonos decatando  que o que acontece  no país das barras e estrelas non é tan fermoso como o pintan algúns dos líderes que andan polo  noso Estado.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Se os espartanos eran xente unicamente  preparada para a guerra; os atenienses eran todo o contrario.  Pois ben, hoxe, no coloso americano, chegou ó poder un representante dos poderosos; dos que queren gobernar o mundo coa tecnoloxía fabricando medias verdades e mentiras.  Dos que queren mandar sen contar coa masa social á que pretenden manipular nas súas  redes coa intelixencia artificial. Polo que,  atención: estamos nunha loita entre os herdeiros dos espartanos e  dos sucesores dos antigos gregos. E o malo é que toda esta loita faise en nome da liberdade. E ate a señora Ayuso actúa depreciando o valor das  medallas da comunidade que goberna  e dálle unha distinción ós ianquis, pois seica son o faro do que lea entende por  liberdade. En fin,  cousas veredes.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------