A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Sempre entendín que o ser humano persigue na vida por enriba das ideoloxías e crenzas  a felicidade. Tamén sei que a felicidade para unha persoa pode ser acadar un obxectivo  distinto ó de outra, dado que cada ser humano ten diversas visións do que é sentirse satisfeito e, en último termo, ser feliz. Neste noso tempo os obxectivos nunha sociedade que incentiva o individualismo son moi diferentes en cada  individuo. E como isto é así citarei un dito que nas persoas maiores, despois das experiencias e dos atrancos vividos, se escoita con moita frecuencia: ter saúde e o amparo dos teus. O demais, de maior,  pasa a un segundo plano. Como a sociedade camiña e non se para con ninguén, nos últimos tempos a velocidade semella que sempre é un termo a superar en todos os aspectos vitais. Desta maneira todos aspiramos a ter un coche  que corra máis; a ter un telefono que vaia máis rápido; tamén que o tempo de espera para calquera asunto sexa máis corto.

Vivimos no tempo do consumismo acrítico, do mercar por impulsos pouco racionais.  Aspiramos a que o tren corra máis como se estiveramos nunha competición deportiva permanente. Se saímos á rúa  vemos que a velocidade está metida no adn, na nosa  forma de vida. E polo tanto na  nosa existencia. Hai días na prensa apareceu a nova de que os trens de nova xeración   irán  á velocidade de 350 km hora. Eso será dentro duns anos. Ben sei que é unha meta que levará tempo, mais a pregunta sempre está esperando unha resposta. Será esa velocidade unha meta tan necesaria?  ¿Será tan necesario que todo o que facemos os humanos estea marcado por gañar uns minutos nunha viaxe? Na película de  Chaplin  Tempos Modernos  éste denunciou que o ser humano podería acabar  sendo esnaquizado pola máquina. De feito na película acaba sendo machacado por tanta innovación.  Ben sei que a mecanización é un avance e que é precisa en moitos aspectos da nosa sociedade.  Mais tamén sei que  debe se empregada para o preciso, non de maneira abusiva e banal para o innecesario. Pois aínda que non o pareza a máquina nunca poderá substituír a sensibilidade creativa dos humanos. Hoxe xa estamos no tempo da Intelixencia Artificial, mais hai quen di que esta pode facernos  un pouco idiotas. Polo que a día de hoxe estamos en moitos aspectos da nosa vida cotián  condicionados polo ritmo frenético da sociedade do momento. Hai que  di que o capitalismo levado ás máxicas consecuencias  ademais de ser unha guerra de todos contra todos e voraz. Non ten sentimentos.  Sí, temos autovías polas que imos a moita velocidade, eran necesarias. Mais xa non podemos desfrutar da paisaxe nin ver os pobos, pois imos a moita mecha. E como camiñamos de moita presa xa non falamos co veciño,  nin coñecemos a xente que anda moi perto de nós. O exemplo do tren a 350 km hora  pode valernos pra reflexionar sobre a vida axitada das nosas cidades.  Camiñamos sempre de presa, e facémolo case por imperativo da sociedade. E todo  baixo o nome da modernidade. E compre lembrar que nin todo o moderno implica que traia un progreso equilibrado e racional. Un progreso máis humano que poña por diante á persoa, os seus valores e sentimentos. E fuxa  da ambición desmesurada e cruel.   En fin, a sociedade actual camiña a moita velocidade e faino maiormente  considerando que somos números dunha estadística. Masa pra estudar e á que hai que venderlle un obxecto e convencela de que temos que andar a toda presa.  Non importa o custo. Polo tanto, tomemos a vida con máis sosego, consumamos con racionalidade, falemos co veciño, racionalicemos, poñámoslle freo a tanta velocidade,    e pode que, desa maneira, ate  sexamos máis felices. Feliz Nadal   e a ver se no 2026 ven cheo de cousas boas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------