Soamente unha visión: a  económica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hai uns días alguén dixo que chegaba ó poder unha tecnocasta. E pode que teña moita razón, pois maiormente, os  que rodean o ególatra e narcisista Trump son  soamente xente con negocios  en grandes plataformas de comunicación que amasan moreas de millóns en beneficios.  Pra eles o mundo só é un negocio.  Son xente que teñen unha visión unicamente empresarial, e que como todos teñen grandes fortunas carecen da sensibilidade social pra entender que, no  planeta terra,  a parte social que é a gran maioría,  é  o motor  que  move o planeta e  ten unha dobre función: ser a man de obra e, á par, ser  consumidores do que se fabrica ou obtén nesas grandes corporacións. Polo que estes  endiosados persoeiros   pensan que soamente lles compete a eles  ditar normas e impor leis pra protexer os seus privilexios. O capitalismo de pequenas empresas. Aquel que estaba máis preto  do traballador, que en moitos casos coñecía a todos os empregados,  coa chegada desas multinacionais,  os consellos de dirección e os bufetes de recursos humanos,  pasaron  a  manexar soamente números  e deixar de entender que detrás deles  hai persoas e familias. Polo que ise troco  trouxo unha deshumanización das relacións laborais. Hoxe, nesas grandes corporacións,  soamente se buscan resultados económicos. O demais  non importa. O factor humano soamente é un número sen nome nin problemas. É un peón que  vive ó marxe desa empresa e que como tal trátase.

Pois ben, coa chegada o poder deste presidente dos EE. UU   rodeado de xentes que dominan a maior parte das redes sociais, e sabedores da súa influencia na poboación,  o perigo que se asoma para a sociedade  e o mundo  no seu conxunto é realmente importante.

Todo o mundo sabe que  coa aparición das  redes sociais onde cada quen pode dicir o que lle peta, abriuse unha vía pra que nelas se conten trolas, medias verdades  que inflúen nos procesos electorais tanto internos como externos.  Polo que, non pórlle cancelas pra evitar este desmadre por parte desas plataformas, lévanos a que    estas mentiras e medias verdades para moitos  teñen máis fiabilidade que moitas novas contrastadas e verdadeiras que aparecen nos demais medios de comunicación.  Pedir que non existan filtros antes de publicar unha nova neses medios paréceme un disparate e un agravio contra os xornais e demais medios  que si contrastan as noticias,  e tamén contra  a profesión xornalística. Polo que lanzar o vento mentiras e medias verdades sen que haxa un responsable que as  comprobe e as  asine,  esta elevando  á mentira e ó bulo á unha categoría de verdade,  polo  que préstase á  manipulación ideolóxica e política. E por ise lado é cara onde imos. Pois os donos desas redes, que teñen tras de si millóns de seguidores, exercen unha influencia social desmedida á hora de tomar decisións como a de emitir o voto. E ese é o grande perigo nos tempos actuais.

En fin, os donos  destas grandes empresas achéganse ós gobernos pra aumentar, máis se cabe, a súa influencia social e así amasar as maiores fortunas  económicas. E a cambio darlle ós gobernantes o  apoio lanzando as súas ideas pra que as convertan  na doutrina dominante. Ideas que teñen como obxectivo controlar o poder económico partindo da base dun capitalismo sen faciana humana.  Un capitalismo moi diferente ó das pequenas empresas, moitas familiares, onde existe unha relación máis  social e humana entre o traballador e o xefe. A clasificación que seica fai da xente entre traballadores e vagos o sr.  Elon Musk é unha boa sinal do que el  entende como relacións humanas e laborais. Semella pois, que ó haber soamente unha visión económica das relacións humanas, camiñamos cara un tempo de retroceso social que traerá  moitas convulsións políticas no mundo.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas