Manuel Herminio Iglesias
A morte do Papa Francisco, abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.
As relixións, e neste caso a católica, cos seus erros que non foron poucos, e tamén coas súas virtudes, actúa como unha guía espiritual e moral para millóns de persoas. Mais a evolución da sociedade cos seus avances e conflitos saca a luz as contradicións de todas as institucións, e a Igrexa non é allea a ese tema, pois como é sabido as relixións son moi lentas e contrarias a mover moitos postulados, aínda que a sociedade xa os ten aceptados e son seguidos pola maioría social que se define como cristiá.
Francisco no seu papado tentou mover a estrutura eclesiástica e modificar asuntos moi importantes dentro da institución. Buscaba unha igrexa que lle dera contestación a moitos retos sociais do tempo no que vivimos. E aínda que en moitos casos non o acadou, si que deixou a porta aberta a debates e problemas que o sucesor de Pedro terá que darlle resposta no futuro máis inmediato. Pois é sabido que todas as relixións, polo menos é o que predican, pretenden a felicidade da persoa mediante a forza espiritual e tentan darlle contestación ós problemas éticos e morais e incluso sociais que na sociedade existen. Mais cando a sociedade ve que a doutrina non responde ós retos do presente, as contrariedades afloran e a sociedade vai por un camiño e a relixión por outro distinto, ou esta queda moi descolocada. Tamén inflúen neste tema os avances científicos e a situación política que acontece nos diferentes estados e nacións do mundo. E isto lévanos a que cando a sociedade xa ten asimilados temas que afectan á moral e a ética, aparece a relixións sin dar un paso adiante e poñerse ó día nestes asuntos. Os tempos que corren, polo menos en accidente, para a relixión, aínda que non o pareza, son críticos. Pois son moitos os conceptos que a sociedade asumiu como normais, caso do divorcio, das relacións pre matrimoniais, o tema das leis que non obrigan como a morte asistida e o aborto, a superación do matrimonio relixioso como modelo pra crear unha familia, o tema da homosexualidade que é considerada por sectores moi conservadores como unha enfermidade, os diferentes modelos de familia, e podería seguir enumerando máis. Noutro orde de cousas está o tema das guerras, entre elas o exterminio dos israelitas contra os palestinos, os problemas do medio natural, e as limitacións e normas a un capitalismo salvaxe. Polo outro lado está a aceptación dos curas casados, o celibato obrigatorio e o acceso das mulleres o sacerdocio. Son moitos os temas que a igrexa católica ten que afrontar si quere darlle respostas a todos estes asuntos. Pois os casos citados en occidente xa xon asumidos como normais dentro da sociedade, mentres dende a institución non teñen resposta ou son condenados de facto. Todas as igrexas ó longo da historia sufriron modificacións non seus postulados. Polo que hoxe, moita xente ve a relixión como algo anquilosado que segue con prédicas que teñen que ser revisadas pois resultan obsoletas, e xa din moi pouco. Moito ten que mudar á igrexa e mover ficha se quere seguir a ser un referente ético e moral para esta sociedade do século XXI. Polo que o vindeiro Papa ou sigue o camiño de Francisco e afonda nel ou, polo menos en occidente, ten un futuro gris e triste.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política