Arredor dos incendios

Manuel Herminio Iglesias

Despois de coñecer o número de hectáreas arrasadas polo lume este ano,  e de ver ós presidentes das comunidades afectadas culpando ó goberno central do asunto, lembro a pouca memoria que temos;   pois os incendios no monte veñen de  moi vello. Non é un asunto de hoxe. E aínda que  neste ano a virulencia foi maior ca en anos anteriores, non podo menos que lembrar cando Feijoo estaba na oposición e mangueira   man criticaba o bipartito que daquelas gobernaba en Galicia. Logo, despois daquelas eleccións nas que os seus  lanzaron moitas mentiras e falsidades,  chegou ó poder, e os incendios seguen ano tras ano  queimando moitas hectáreas de monte e tamén arrasando pobos e aldeas. Polo que toda persoa un chisco sensata, si, sensata,  sabe que o dos incendios teñen moitas causas pero a maior está no abandono do sector primario e a desvalorización do medio natural. O demais, como as propostas que fixo  Feijoo,  son medidas para a galería que nunca van arranxar o problema. Nos veráns do sesenta do século pasado, os poucos incendios que había eran provocados polas máquinas do tren ou un raio. O monte estaba coidado,  pois era unha fonte de vida e cartos que axudaban a feble economía familiar. A madeira tiña moito valor. E en cada vila había, polo menos,  un aserradeiro funcionando e a madeira tiña un bo prezo.  A partires desa década foi cando apareceu, aínda que lentamente, a industrialización e a mellora en servizos. E moita xente dos pobos e aldeas optou, ou por emigrar a Europa, ou por traballar nas industrias ou ir ó sector servizos nas cidades. E dende aqueles anos o rural perdeu poboación dunha maneira continuada sen que ningunha administración lle puxese remedio o tema.   Hoxe, despois de moito tempo o  mundo rural,  maiormente nesta provincia de Ourense, está en ermo e nel  campan os toxos e as silvas. Pode que haxa quen lle plante o monte ou cometa imprudencias. Pode que haxa  incendiarios, pero o tema hai que velo e interpretalo, pois  moitos destes lumes son protestas encubertas pola situación de esquecemento dese sector primario.  Polo que, despois de décadas gobernando o PP nesta terra,  o fondo do problema  sigue sen atallarse, e soamente se apaga o monte cando arde preto das vivendas e edificacións agrarias.   Outra cousa non se fai.   Polo que  lembro cando o  bipartito, sendo conselleiro Alfredo Suarez Canal,  propuxo  medidas concretas pra salvar e reactivar o mundo rural. Estou a falar das areas de protección de vivendas e edificacións; estou a falar dos polígonos agro forestais onde  pretendíase ordenar o monte e valorizalo,  e onde quen tivera o acordo do 51 por cen dos propietarios  desa área  podería obrigar os demais a poñer en producción ese espazo. Lembro tamén o Banco de Terras etc.  Pois ben, daquelas os populares, os que repiten que a culpa desta vaga é do goberno central,  opuxéronse nunha campaña moi dura contra  esas novas. E fixérono argumentando que eran unha expropiacións encuberta das terras. E desta maneira segue a acontecer que o monte arde máis ca nunca. Entendo que en casos moi concretos fan falla as queimas controladas; tamén entendo que hai  que investir en prevención,  pois hai que facer corta fogos e limpezas  cerca das vivendas e edificacións. Mais pensar que sen facer unha reestruturación a fondo pra poñer en valor o mundo rural,  o abandono de aldeas  e as terras seguirá medrando, e todo o que se gaste en apagar lumes dará moi pouco froito, pois repetirase verán tras verán. Esta é  traxedia. Polo que Feijoo pode dicir misa, pois non ten creto, dado que  os feitos  cando  estivo gobernando déixarono coas témporas o ar.  Con todo o dito, deixo unha pregunta: Poden arranxar un problema estrutural os que negan o cambio climático e non cren no rural? En fin, aínda que non o pareza, hoxe precísase un gran pacto pra atallar a morte dese mundo rural do que sempre se fala e non se fai nada.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------