A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

O 2026 comezou coa detención de Maduro e o seu traslado a unha cadea dos EE.UU. pra ser posto disposición da xustiza americana.  Todo baixo a artimaña do tráfico de drogas e terrorismo.  Trump, o supremacista branco, quere  deixar moi claro que dende Terra de fogo ate  Groenlancia, manda el. Polo que aplicando a doutrina Monroe 1823, “En  America mandan os americanos do norte”, doutrina  que  foi o preludio pra  botar a España de Cuba en 1898 lanza ameazas ós países que non  fan o que el quere. 

Polo que no mundo, con esta acción de parte,  ábrese un novo e incerto tempo.  A vella Europa diante as esixencias  deste  persoeiro terá que comezar a forxar a súa propia seguridade militar, dado que nos atopamos diante  un novo reparto das áreas de influencia baseados  no poder de tres potencias imperialistas.  Estamos diante  un  novo orde mundial que se fundamenta no control desas  áreas de influencia  sen que ningunha das tres potencias  se meta no que cada unha  faga no seu patio traseiro. Diante este  trío que pretende  gobernar o planeta,  os interrogantes que se abren son moitos. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O egocéntrico e narciso Trump pisa as leis internacionais e aspira a pasar á historia como o salvador da humanidade, como o home da paz que emprega a forza pra acadar os seus obxectivos económicos. Grande  contrariedade.  Putin, outro ditador e invasor, soña con recuperar a influencia en todos os países que conformaron a antiga URSS.  E o Chino, hierático  de sorriso amable e paso tranquilo, aspira a ser o que controle o mundo do comercio e parte da tecnoloxía.

Os tres están a impor  e levar ó planeta cara un novo mapa de control territorial. Un orde onde a  forza das armas é a lei. Mentres a vella Europa segue a dar tombos  e camiña sen facerse valer nun tempo cada día máis convulso.  Trump, cunha xustificación burda arremete contra o  que considera parte  do seu imperio e ameaza a outros países soberanos con impor  algo semellante ó que fixo en Venezuela. E faino  a golpe de petardos pra acadar o petroleo  e, de paso, derrubar o goberno do  ditador, autócrata e  charlatán Maduro. O ruso, antigo coronel da KGB,  invade Ucránia e síguelle furtando terra, como si non lle chegase a extensión actual  de Siberia. 

E o chino quere someter a Taiwan e controlar non só o  comercio do mundo se non parte de Asia. As leis e principios das nacións unidas que xurdiron despois da segunda guerra mundial xa non se consideran. Non valen; son ignoradas. Agora volve  mandar a forza dos grandes que non dubidan en apoiarse nunha panda de ricachóns pra facer o mundo ó seu antollo. Si, un mundo onde manda o capitalismo máis salvaxe. E neste noso Estado hai quen lle sigue a corrente e os  apoia.  Igual acontece  dentro da U.E.   Veñen malos  tempos para a lírica e para os dereitos humanos. Malos tempos para as minorías e os diversos colectivos sociais. 

E con esa espada sobre todos pregunto: E todas estas xentes que apoian a estes persoeiros  dentro do noso Estado saben realmente a quen apoian? Non se estará a repetir algo semellante a loucura  do que aconteceu na Alemania dos anos 40 do século pasado? O asunto ben merece unha fonda reflexión,  pois  o que acontece neste planeta pode levarnos cara un belicismo de tristes consecuencias. Ás veces matino que o mundo camiña cara ó seu colapso.

Que a avaricia dos humanos non ten límites, e que imos por moi mal camiño. Tamén penso que sen unha guía ética e moral a ambición dos homes, neste caso destes líderes,  é ilimitada. Non ten freo.  En fin, que comezamos un ano e semella que vai ser moi quente tanto a nivel mundial como en cuestións que afectan o  noso Estado. Camiñamos sen freo cara un mundo onde a lei do máis forte  imponse. Polo que teremos que irnos adaptando ós tempos, pero reflexionado no que ofertan todos pra  illar ós  falsos apóstolos e os cantos de serea que son moitos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------