Manuel Herminio Iglesias
Despois do acontecido no Festival de Eurovisión, onde as ameazas prohibindo insinuar textos ou bandeiras polo que pasa en Gaza ou en Ucraina, non me queda outra que criticar un acordo que foi un erro a todas luces. O silencio agochando o que acontece nunha parte do mundo é dun fariseísmo que arrepía. Pois a realidade manca e moito a millóns de seres humanos que asistimos a un exterminio, e en certa medida, con ise silencio facémonos cómplices do que ali acontece.
As actividades dos humanos, en calquera sociedade, nunca estiveron ó marxe das expresións artísticas e do acontecer diario. Mellor: as expresións artísticas de todo tipo sempre sinalaron e reflectiron o momento social e político. Pensemos nas pinturas negras de Goya ou no Guernica de Picasso. Impedir que a xente exprese os sentimentos, sitúanos nos países con ditaduras que afogan e sancionan a creatividade. E, pola contra, o silencio axuda e moito ós gobernantes que fan todas esas atrocidades, como é o caso de Rusia con Ucraina e Israel cos gazatíes. O silencio, o mirar pra outro lado é facerse cómplice, pra axudar que se invadan países ou se cometa un xenocidio como acontece en Gaza. O mundo artístico, aínda que sexa nun festival un tanto chusco, no que a posta en escena ten máis valor co contido das letras e a calidade da música, non é alleo ó acontecer do presente. E o seu silencio é unha tristura que nos afoga. Por eso ó falar deste acontecemento véñenme á memoria o gran traballo dos cantautores no réximes de ditaduras como Victor Jara en Chile que o pagou coa súa vida; e no caso do noso pais todos aqueles músicos e poetas que ergueron, con textos e cantigas, a súa voz contra a ditadura franquista. Non, as actividades humanas todas están enclavadas en accións que son política, política que nace na sociedade. Outra cousa e que sexa política partidaria, eso é unha cuestión ben distinta. O silencio converte en cómplice da barbarie a quen se agocha e branquea ós que executan ou mandan executar. O silencio diante os feitos bárbaros que hoxe están acontecer en moitas partes do planeta son un lastre que nos implica a todos como seres humanos. Obvialos mirando pra outro lado dálle oxixeno ós asasinos que amparados nesa complicidade pisan as leis internacionais como a dos dereitos humanos e incluso as da guerra. Leis que impiden empregar a fame como arma nun conflito. Non, e non, no Festival de Eurovisión xa non debía esta Israel. A cultura, e todas as expresións artísticas, non poden calar diante a inxustiza e as barbaridades que acontecen en calquera parte do planeta. A cultura, e neste caso a música, nace no seo da sociedade xunto á política e ambas van ligadas da man. Polo que, o que aconteza nesa sociedade aínda que non nos guste, sempre marcará a existencia, o compromiso e o saber estar do ser humano. Pechar os allos diante a represión xa non serve para á convivencia social. Censurar, unha frase cunha lenda a prol dos pobo palestino, foi un erro que desprestixia a un festival que esmorece ano tras ano coa manipulación do televoto.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?