Foto: Faro de Vigo
O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Parece unha comparación esaxerada. Mais penso que algo en común hai pois no fondo relacionase co que vou expor. Non hai moito tempo políticos españois louvaban a este inmenso pais como unha democracia modelo, pois era madura e celosa dos seus principios e liberdades colectivas e individuais. Mesmo a presidenta madrileña catalógaa hoxe como o Faro da liberdade. Estoume a referir ós EE.UU. Mais a medida que pasan os días percibimos con moita claridade que non é o paraíso democrático que nos queren vender. Todos sabemos como naceu este imperio. Todos lembramos as películas do oeste onde os brancos eran os bos e os indios os salvaxes. Todos vimos como loita a loita se foron machacando as nacións indias por emigrantes, a maioría europeos, e dese xeito conquistaron as terras das nacións indias.
Tamén lembramos a escravitude, a guerra entre os americanos do norte e os do sur. Igualmente o atentado contra un barco que desencadeou a guerra contra España pra que deixara Cuba. Polo que dedúcese que na poboación dese grande estado habita unha parte guerreira que leva á nación americana a considerar que o mundo conquístase sempre pola forza; que pensan que son superiores ós demais cidadáns do planeta, e que por iso sempre están cheos de razóns pra actuar militarmente en calquera pais da orbe. Mellor onde lles pete. Pode que sexa unha minoría a que así actúa, pero hoxe son os que mandan.
Co que partindo de esa áurea de superioridade, os seus mandatarios entenden que son os donos da terra e que poden intervir en calquera parte libremente, pois teñen a forza e actúan como hai miles de anos o facían os espartanos. A vella Europa, espazo xeográfico no que aconteceron mil conflitos bélicos, con un chisco máis de experiencia e saber, foi o berce de grandes filósofos e homes de ciencia. Persoas que, con mil atrancos, trouxeron progreso no mundo. Vamos, algo semellante a Atenas grega da que somos herdeiros. Ali a democracia, o saber e a reflexión foron o punto de partido do mundo occidental.
Polo que hoxe temos por un lado a lei da forza e a imposición, neste caso apoiándose nun grande exército que necesita conflitos para manterse economicamente, e polo outro un mundo máis comedido e respectuoso cos dereitos dos humanos. Por eso a todos nos choca nestes días ver ós matóns de Trump machacando á xente e aplicando o dito: primeiro dispara e logo pregunta. E con esas imaxes tan ferintes ímonos decatando que o que acontece no país das barras e estrelas non é tan fermoso como o pintan algúns dos líderes que andan polo noso Estado.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Se os espartanos eran xente unicamente preparada para a guerra; os atenienses eran todo o contrario. Pois ben, hoxe, no coloso americano, chegou ó poder un representante dos poderosos; dos que queren gobernar o mundo coa tecnoloxía fabricando medias verdades e mentiras. Dos que queren mandar sen contar coa masa social á que pretenden manipular nas súas redes coa intelixencia artificial. Polo que, atención: estamos nunha loita entre os herdeiros dos espartanos e dos sucesores dos antigos gregos. E o malo é que toda esta loita faise en nome da liberdade. E ate a señora Ayuso actúa depreciando o valor das medallas da comunidade que goberna e dálle unha distinción ós ianquis, pois seica son o faro do que lea entende por liberdade. En fin, cousas veredes.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















