A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Resultan penosas as imaxes que saen nos medios  de comunicación e nas redes sociais  da situación que na actualidade vive  Cuba. O lixo nas rúas e as vivendas moi desfeitas sinalan que, a pesares do que digan aínda os que defenden a ditadura dos Castro, o sistema no que o estado é o dono de todo, ou si prefiren a chamada Revolución comunista, colapsou e foi na súa totalidade  un fracaso total.

Falando con algúns cubanos que andan por estes lares comprobei que descoñecían moitas cousas do pasado da illa e polo tanto da situación de  antes da chegada de Fidel e os seus acólitos ó poder. Tamén deducín que a estes  roubáronlle ou agocháronlle unha parte importante da historia da súa terra, pra logo venderlle as marabillas do comunismo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pois non sabían que Cuba antes da independencia era unha provincia de ultramar con representación política nas cortes e cos mesmos dereitos que os españois da península, aínda que neses anos  moitos vían a illa  e actuaban  como se fora unha colonia.  Tamén que a illa tiña un nivel de vida moi superior ó actual antes da revolución dos Castro. Cuba tiña unha moeda que se equiparaba ó  dolar americano e moitos máis temas positivos que, por espazo, non vou sinalar.

Incluso, na época de Batista, con todos os defectos e tiranías,  o nivel de vida era moi superior ó de hoxe.  A deriva ó comunismo non foi nada máis ca unha fuga que levou á illa cara a situación actual. Situación  hoxe máis  agravada polos derradeiras decisións do ególatra, narcisista  e aspirante a ditador Trump.

Con todo,  o  certo é que a illa máis grande do Caribe  viviu dende hai moitos anos coa cantinela do bloqueo que non era nada máis ca un embargo por non pagar as expropiacións que Fidel lles fixo ós americanos.  Máis como iso xa é auga pasada, compre centrarse no presente. Polo que hai que  deixar claro que Cuba sempre estivo suxeita  ás axudas que lle daban países que tiñan un enfrontamento co xigante americano.

Pero, dende a  caída ou desfeita da Unión Soviética e o camiño que  tomou Rusia cara a economía de mercado, Cuba non soubo camiñar cara unha socialdemocracia e buscou outros amigos que lle axudaran a seguir sobrevivindo. Un deles foi Chavez. Mais as cousas trocaron coa caída de Maduro e hoxe a situación levou ó pais  a un  estado penoso e  lamentabel.

Non comparto as accións do caprichoso  Trump, mais estas sacaron  á luz o estrepitoso fracaso  e a  precariedade na que viven os cidadáns da illa. Diante esta encrucillada, sabedores de que a oposición, pola cerrazón, a represión e a fuga do pais de millóns de cidadans  non ten capacidade pra  forzar e asumir un cambio político, e  todo queda en mans dos que mandaron ate de agora.   E por iso  diante das contrariedades a illa atópase nun canellón sen saída.

Polo que pode que aconteza algo semellante ó que pasa en Venezuela e o réxime teña que autoinmolarse e comenzar a facer reformas que deixen no esquecemento unha historia que empezou no 1959. Os tempos de que o estado sexa o dono de todo ou actúe como un capitalista que acorda coas empresas estranxeiras pra que invirtan no pais, e logo lle pague el os empregados xa non valen.

Mais para que  todo eso mude  compre que os cubanos deixen no pasado  a súa maneira de pensar.  Pois todas as ditaduras o primeiro que fan ó tomar o poder  é adulterar a historia debuxando un mundo feliz que despois de tantos avatares e mentiras  levou a este estado a un deterioro que custará  anos revertir.

Culpar ós demais de todos os males, e agochar a incapacidade dunha clase dirixente preñada de favores pra controlar ó resto dos cidadáns, axudou a que un réxime utópico vivira sempre atado á resistencia. En fin, Cuba atópase nunha encrucillada da que soamente ten unha saída: deixar atrás o fracaso dun réxime que, ano tras ano,  empobreceu e levou ó pais á situación actual.  Esperemos acontecementos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------