O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Non sei se rir ou chorar, aínda que prefiro rir polo menos é máis san. As imaxes de ver a todo un ex presidente e a secretaria xeral dun partido de goberno contestando con evasivas e monosílabos diante un tribunal, ou dicindo que aquelo e o outro é falso, pra logo acudir á manida resposta de “non me acordo” lémbrame ás persoas que sofren unha patoloxía e teñen unha amnesia de comenencia. Ben, que o se ventila nese xuizo é o asunto de espiar a adversarios políticos, asunto que agora naide mandou facer resulta ser un delito moi grave nunha democracia.
Mais ó lembarme do caso dos sobresoldos que cobraban en b os ministros, non podo esquecer como actuaba aquel xuíz dicíndolle ó avogado da acusación que tal ou cal pregunta non procedía. Polo que con iso xa todo me queda moi claro. Pois ben, algo semellante aconteceu cando a D. Mariano Rajoy lle preguntaba a avogada da acusación, á que axiña a xuíza, que presidía a sesión, cortábaa dicindo que non procedía tal ou cal pregunta pois xa fora contestada ou non entraba na causa.
Que casualidade, facía igualmente co xuíz do caso dos sobresoldos onde niguén sabía nada nin quen era un tal M.R. Pero o máis chocante deste asunto é que un presidente dun partido e a súa secretaria xeral parece que apenas se vían e que apenas falaban. Vamos, como se fosen dous descoñecidos que soamente andaban á procura dos millóns de euros que o tesoreiro Bárcenas tiña, ou aínda ten, agochados. Ou sexa: cartos que viñan desa contabilidade en b, e que segundo din as malas linguas, supostamente eran aportacións por supostos amaños en concesións e obras moi importantes.
Ai se aquil disco duro, escarallado a golpes, falara, outro galo cantaría. O espectáculo que deu, e segue a dar a xustiza deste país, nestes asuntos importantes que afectan á xente que ten ou tivo poder, demostra que esta xustiza está cega do ollo dereito e soamente ve do lado esquerdo. Polo que aínda que no xuízo salgan todos estes persoeiros ben, que vai ser así, deste esperpento quen sae perdendo é a imaxe da xustiza. Si, esa xustiza que soamente vale como dixo un presidente do tribunal superior, “para o rouba galiñas.” Pois neste xuízo xa ninguén pode crer que a policía comeza unha investigación de motu propio sen ordes darriba.
Tampouco que lle pon o pillo do tesoreiro un policía de chofer de confianza pra que o investigue, ou que un falso cura entra no domicilio dos Bárcenas pra buscar unha libretiña e outras cousas. “Algo cheira a podre ó noso arredor” dicía unha cantiga Folk Cantigas, grupo ourensán de grato recordo nos anos setenta do século pasado. Pois esa xustiza que debe ser imparcial e actuar con firmeza diante os atropelos que fan os que teñen o poder camiña, nas súas máis altas instancias, de erro en erro. Primeiro foi o caso dos fiscal xeral do Estado, logo os retrasos permanentes nos casos como o referido ó comenzo e outros, 13 anos de espera, pra logo rematar todo nunha pantomima que arrepía e que deixa a esta xustiza diante os cidadáns nunha situación de desconfianza e desprestixio total.
En fin, cada día que pasa os cidadáns percibimos que un dos piares do estado de dereito, nas grandes alturas, está moi desprestixiado e móvese por intereses superiores que non son outros que os de determinados poderes fácticos. Polo que, diante determinados casos que vulneran a lexislación, todos os que delinquen continuadamente cando están dentro e fora do poder, teñen un bo amparo. Dado que todos estes casos semellan unha parodia con final feliz para os encausados.
Polo que en certos ambientes da xudicatura ate parece que está compinchada algunha parte do poder político e o xudicial. Como conclusión, é moi triste e moi pouco edificante ver ás persoas que foron máximas autoridades de goberno e de partido que, non sei se intencionadamente ou aposta sofren unha amnesia que lles impide lembrar o que facían cando estaban no poder. E mentres os segunda fila dese partido din que fale a xustiza sabedores do que dixo un deles: “controlamos por la puerta trasera el tribunal superior.”



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















