Nas mans de ególatras e imperialistas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cando na política se elixe ós que propoñen solucións sinxelas e radicais a problemas moi complexos, hai que pórse en garda, pois seguro que axiña a maioría social sentirase defraudada  e enganada. Un dito moi noso sentencia, que a xente mídese polos feitos e  non polas verbas que di cando promete a solución a todos os problemas que hai na sociedade, e por extensión no mundo. Ou sexa: valórase por como actúa e non polo que di ou promete tal o cal fulano, pois maiormente todo remata de  moi distinta maneira á imaxinada. 

Coa chegada das novas tecnoloxías sementar medias verdades e  trolas, e todo   coa intención de crear modificacións e tendencias no pensamento  dos electores,  ven sendo  un obxectivo para os novos salvadores da humanidade.  Os moitos medios que a IA hoxe lles facilita axudan é moito. E nese eido está o dominio desas empresas que controlan as redes sociais,  onde  cada quen   desbarra e di o que lle peta sen  ter ningunha responsabilidade á que aterse.

Hoxe en día vivimos un tempo onde todo, incluíndo a orde mundial, semella que está a ser derrubado polas ansias imperialistas dunhas persoas  ególatras que se consideran pouco menos ca  unha casta superior; unha casta  que está chamada pra gobernar o mundo. O imperialismo sempre estivo presente nas nosas vidas. Pois dende a escola sempre foi un referente, dado que deixou moitas  sinais da súa existencia. E cando se falaba da historia dun pais sempre se mencionaba ás súas leas, vitorias e conquistas.. Polo que as  conquistas eran algo semellante a relatar unha fazaña  da que nos sentíamos  moi  orgullosos.

Mais,  que se agocha tras do imperialismo? Pois tras del está o poderío dun estado e das súas xentes que se senten superiores ós dos países que non pertencen a ese imperio. Pero no fondo de todo,  está o poder de mandar sobre a vida dos demais e de imporlle  a outros países cargas co afán de sometelos a súa forma de ver  e gobernar o planeta.

Pois ben, pasado o tempo do entroido onde todo, ou case todo, está permitido, volvemos o pesadelo pois o   Trump e todos os seus seguidores comenzan a aplicar as súas maneiras de gobernar. E comezamos a aceptar  que o da guerra de Ucrania vai acabar pouco menos que  con un pacto de rendición ate o imperialismo ruso; que os israelitas seguen machacando ós palestinos, e que esta vella Europa cada vez esta mais soliña. Polo que ten que pórse as pilas pra seguir sendo o espazo xeográfico  onde mellor se vive e onde campan as liberdades. Esta é a realidade deste tempo. Polo que, como a necesidade obriga veremos como cantan os líderes das distintas forzas políticas  no tema do armamento, e, sobor de todo,  aquelas formacións  políticas  que teñen certo favor a prol do réxime de Putin.  A ver que é o que fan os que  pensan que as invasións se paran con palmadas no ombreiro, ou con posturas e testemuñas  que non vale pra nada. Chegou o tempo de ser ou non ser pra este vello continente. Pois os ególatras e narcisistas  que ameazan coa motoserra séntense fortes e soñan con solucións que van contra os dereitos das persoas  pra decidir que facer coa súa vida, pois son os que  corren perigo. Vivimos tempos de incerteza. Tempos onde un populismo chocalleiro invade a sociedade e pretende  marcar o devir do mundo, diante a pasividade de moitos que descoñecen ou ignoran o pasado recente da segunda guerra mundial. Polo que preocupa que  moitos mozos abrazan e xustifican, non so comportamentos machistas e ditatoriais, se non que apoian as teorías de grupos que defenden o Trumpismo e o imperialismo. En fin, todo pinta moi escuro. Estamos no tempo onde trunfa a egolatría e o narcisismo; estamos nas mans de ególatras que queren impoñer un   imperialismo rancio, agresivo que coarta as liberdades. De pena. Esperemos acontecementos e iremos vendo.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas