O rei do mundo

 Hai uns días a señora Ursula Von der Leyen  asinou un acordo comercial  co narcisista e ególatra, mellor co neofascista que algúns queren propoñer para o Nobel da paz, e que é o   presidente dos EE.UU. A vella Europa, segundo algúns mandatarios dos estados integrados.  asume unha baixada de pantalóns diante as aspiracións deste Ianqui neto de emigrantes e que xa actúa como un sátrapa.. Dende que chegou este   mandatario ó poder, e despois de escoitar as súas pretensións e bravatas, os dirixentes  da UE semella que asumen con certa resignación unha boa parte das súas políticas,  e achántanse diante a súas  ameazas.  Co que a  tan cacarexada idea de colocar a Europa como unha potencia económica  que negocie en pé de igualdade coas demais potencias mundiais, despois deste acordo,  queda moi debilitada. O Trumpismo dende que aterrou por segunda vez, trocou e anulou boa parte das leis internacionais é está a levar o mundo a unha situación de dimensións descoñecidas. Este mundo de hoxe xa non é o de antes de chegar este estirado e presuntuoso persoeiro á Casa Branca.  Si despois da segunda guerra mundial se acordaron importantes leis e principios que eran asumidos pola gran maioría dos  estados da orbe, na actualidade moitos dos principios que recollían esas leis esborralláronse e caeron ó chan  como se fosen castelos de naipes. E co actual panorama mundial son moitas as preguntas que os cidadáns cada  nova xornada nos facemos. Non poucas veces penso que ós réximes democráticos teñen moitas debilidades. Pois cando se asenta entre os cidadáns un populismo que soamente ten como obxectivo falar do que lle gusta á xente e engaiolar a esas masas tocándolle a fibra do sentimento,  e pola contra actua  agochando as verdadeiras intencións, caer nesa trampa é moi sinxelo. Logo veñen as sorpresas que, xeralmente, van contra esas masas de votantes que non ven máis alá da súa propia sombra. A vella Europa unida que soñou Robert Shuman, na actualidade, ten dentro da súa estrutura  voces discrepantes que aceptan e miran cara o déspota americano aceptando de bo grao os seus mandatos. E no noso estado son a dereita extrema e seguíndolle ós pasos os populares.  Vivimos nun tempo onde un señor actúa como se fose o rei do mundo. Un rei sen coroa que se semella  un abusón de patio de colexio; que trata os demais pobos e xentes soamente dende o principio dos intereses económicos  e que ten unha falta de humanidade que a todos nos arrepía. Un señor que pasa polo arco das súas entrepernas as leis actuais americanas e que xa soña con modificar esas  leis pra volver presentarse á reelección.  Hai uns días un mozo nunha cadea de TV dicía: a única esperanza que teño é a do partido da extrema dereita,  pois é o que me pode dar traballo. Pois si: supoño que aceptará de bo grao currar nos invernadeiros do levante por soldos moi cativos. E seguro que tamén é dos que din que os emigrantes lle quitan o traballo.  O mundo, este mundo onde vivimos,  ó revés camiña  e faino sen que milleiros de persoas teñan a conciencia  de que ameazan tempos escuros. Esta España que derrubada a constitución de 1812 e aclamou a Fernado VII,  chamado o desexado,  e que foi un déspota que instaurou de novo a inquisición. Esta terra na que  despois de derrubar á II república sufriu ós militares que  trouxeron 40 anos de ditadura,  agora apoia unha conxura pra derrubar a quen goberna sen que os propoñentes  fagan ningunha proposta do que se farán dende o poder. E asiste atónita a un espectáculo triste e escuro cando insulta ó presidente chamándolle fillo de puta. De pena.  En fin: aínda que pareza un sin sentido, xa temos no mundo mandando a un rei sen coroa  e partidos deste noso  Estado aplaudíndolle.

Manuel Herminio Iglesias


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------