Vivimos no tempo das trolas e das medias verdades. Mentir, salvo diante a xustiza, seica non é delito co que todo sinala que xa perdemos a vergoña de soltar ó vento algo que non é verdade. De neno escoitaba que ser un mentirán era un pecado. Daquelas se contabas unha mentira poñíaste roxo e perdías o creto diante os compañeiros e tamén escoitabas unha rifa dos maiores. Non se pode contar mentiras dicían, vas a ir ó inferno!!, e facíano cunha expresión moi seria. Agora, de maior, se lle contas a alguén algo que non é verdade xa a ninguén se lle pon a faciana vermella. Polo que a mentira, a parte de gañar peso, pra moitos persoeiros e xente da prensa tomou carta de obriga. Tomou carta de venialidade e de despiste intencionado. Vamos, que normalizouse a mentira na sociedade. Ou sexa, as trolas e pegotas tan propias do 28 de Nadal, cada día son máis frecuentes na política e na vida cotiá. Non nos chega co día dos inocentes.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Pois, día a día, cóntanse tantas trolas e prométense tantas cousas que xa ninguén se ruboriza. E xa case é moi difícil separar a palla do grao. “Lo mío no es información, tengo el pelo blanco. Lo mío es intuición…” dixo un tal MAR diante a xustiza. Ou sexa que ese señor ten poderes de pitoniso, dado que o que lle é unha sospeita e unha intuición dálle rango de verdade. Está claro que me refiro o asesor da señora Ayuso. Logo o medio que o publica non contrasta a nova, e sae ó vento como se fora unha realidade incuestionabel. Despois, a xustiza sempre tan prudente e tan lenta, nalgúns casos non o valora como trola, e o asunto sigue para adiante. Que prudentes son as institucións de xustiza para algunhas causas e que axiña se actúan noutras. Ás veces lembro que todo depende do cristal ideolóxico por onde se mira. Vivimos nun tempo onde os cidadáns teñen moi complicado distinguir entre o que é información e o que é unha opinión persoal. E os profesionais da información saben moi ben distinguir unha cousa da outra pero, certos medios sabedores do asunto e de que o que se publica é unha carallada, danlle rango de noticia e de veracidade. Mais cando os medios sensacionalistas están tan aferrados ó poder económico do que maiormente dependen, as veces mesturase a posta a información coa opinión, polo que é moi sinxelo picar. Mais esta é a sociedade actual na que nos movemos. É na que nos tocou vivir. Polo que admitindo que as trolas, mentiras e medias verdades están ó día, e viven con nós, teremos que andar con moito ollo pra que non nos metan gato por lebre. O periodismo actual entrou nunha fase de falla de credibilidade. As tendencias políticas sempre as houbo, mais sempre dentro dunhas normas rexidas pola ética profesional. Mais agora é moi frecuente escoitar na rúa dicir: O xornal tenche mau do que alí pon, nada máis.
No tempo da intelixencia artificial e de tantos medios técnicos, os cidadáns no tema, non só da política se non na vida real, temos que abrir ben os ollos pra non lle dar creto a tantas trola e medias vedades que circulan polas redes sociais e algúns medios, pois agora por mentir xa ninguén se po roxo nin é reprendido. A conciencia e a ética é, como me dicía un compañeiro de traballo xa finado, ancha segundo a comenencia e o momento. Polo que os máis novos e tamén os maiores moitas veces picamos no anzó de crer moitas trolas que se publican, pois mentir fora da xustiza, seica non é delito.
Manuel Herminio Iglesias
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?
















