Se non fora porque o tema ten o seu aquel, podería ser semellante a ise chiste que, con certa frecuencia, fan algúns cando lle preguntan se soben ou baixan e se atopan no medio dunhas escaleiras. Mais o asunto ten moito máis alcance. Moito máis, pois trátase da morte e o arrasamento de vidas humanas. Polo que as declaracións xenéricas, ou moi ambiguas, teñen moi pouca xustificación. Polo que parece que nestes tempos quen pretende ser a guía da ética e moral neste mundo, non está, non se escoita cando tiña que erguer a voz. O asunto atinxe a milleiros de persoas que nos escandalizamos coas imaxes ferintes que saen nos medios de información, polo que o silencio neste tema resulta moi chamativo.
Vivimos un tempo político e social onde o silencio fainos cómplices; onde manter a equidistancia e tanto como mirar de esguello ou non querer ver. Logo, cando nos toque a nós e queiramos sacudirnos porque nos mancan e nos machacan, xa nos poremos farrucos e o denunciaremos berrando ben alto. Un señor do meu pobo xa fenecido, con moito saber e experiencia, díxome con contundencia: a maior parte das veces esa institución relixiosa actúa como se fora un partido político. Ademais, os seus membros viven atados a uns principios que lle impiden ver máis alá do do seu arredor. O asunto do que falo trátase de humanos, non de animais nin de extraterrestres. Trátase de familias, de seres que son tratados como parias nun deserto sen auga e sen os mínimos medios pra existir e vivir con certa dignidade. Polo que a condena ós que os obrigan a fuxir do seu espazo vital tiña que ser contundente e clara. Arredar da súa terra á xente, amparándose de cando en vez en cuestións bíblicas resulta repugnante. Estou convencido de que se estivera vivo o Papa Francisco a condena sen medias tintas sería espallada por todas as igrexas e recintos sacros; e dende os púlpitos diríase algo máis do que se di hoxe. Mais o silencio é atronador e amosa complicidade por pasividade, pois son xente doutro credo e sempre estiveron en liortas. Son persoas, din os invasores, que ampararon o terrorismo. Son terroristas, afirman. E eu pregunto: todos son terroristas? O terrorismo pola matanza que fixo Hamas todos o condenamos. E dende o Vaticano semella que teñen medo mancar a quen pretende ser o rei sen coroa do mundo. Sí, a ese supremacista que mira ós demais por riba do ombreiro e que actúa e nutre de armas ós que bombardean sen piedade á xente indefensa. Non, non é unha guerra. Non. Non hai dous exércitos loitando uns contra os outros. Trátase dun pais que quere expulsar ós gazatíes da súa terra. Trátase dun pais, Isarael que día si e día tamén soña co gran Israel e que os seus colonos expulsan ós palestinos da súa terra creando asentamentos co amparo do gobernos sionista. Trátase de xente á que lle rouban a terra e a dignidade de persoas. Por iso, que o xefe da Igrexa católica non faga unha condena contundente contra este exterminio, resulta demoledor. Polo que moitos facémonos está pregunta: Que temos de mais valor que a propia vida humana? Navegar, camiñar na ambigüidade, poñerse de perfil resulta esclarecedor para os que vemos unha igrexa pouco comprometida coa paz e que se cala diante semellantes atrocidades. Unha igrexa que fai chamadas xenéricas: pola paz no mundo; pero que non condena con contundencia o xenocidio en Gaza. Xa sei que son doutras relixións…Pero son seres humanos. En fin, neste tempo, sen pretender ferir a ninguén, a Igrexa actual a moitos xa non nos gusta, pois diante barbaridades como as que vemos día tras día, garda un silencio que a delata. Garda un silencio como se actuase de parte. De pena.
Manuel Herminio Iglesias
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?