O devir da acción política sempre deixou frases que pasaran á historia non só polo que nelas se di se non polo que agochan e tamén polo que se intúe despois de escoitalas. Son frases moi pequenas mais levan dentro moita intencionalidade, incluso chaman e animan á loitar contra o que se considera un mal goberno como hoxe acontece. Supoño que moitos galegos lembraran unhas poucas, e xa que hai 50 anos da morte do ditador acórdome daquela que dicía: “todo queda atado y bien atado”. Tamén lembro outras que me veñen á memoria despois de que saíra á luz a sentencia contra o Fiscal Xeral do Estado. Citarei algunhas: a primeira é a do Senador Iglesias Corral cando foi a revolta contra o presidente da Xunta Fernandez Albor. Pois dixo: Aquí pasou o que pasou… Logo, achegándonos á realidade política do momento hai dúas que axudaron a incendiar o tempo no que a bipolarización política é moi evidente. “El que pueda hacer que haga” dixo o enfurruñado señor Aznar. E a outra: “El caso va pa lante,” referíndose ó fiscal Xeral agora condenado pola filtración de datos persoais dun presunto delincuente. Polo que estes ditos hoxe teñen moita actualidade e axudan a que reflexionemos sobor do que se di por certas persoas. Por iso falarei de todos un pouco. A primeira cita, a de todo queda atado e ben atado, que ía acompañada do testamento de Franco, deixa ás claras que a intención de Franco era que o seu legado e os seus principios do movemento perdurasen no tempo. Non foi así, pois o rei que xurou eses principios, e un falanxista como Suarez mandaron esas leis ó caixón das lembranzas, aínda que hoxe, algúns desmemoriados que non viviron a ditadura, as reivindiquen. A frase do Sr. Iglesias Corral, soamente aspiraba a que se esquecese o que pasara na Xunta que presidía o sr. Albor. Pois segundo se di o cargo íalle moi longo. E por iso veu aquela posta en escena de varios dos seus conselleiros e o goberno posterior que durou dous anos. As outras dúas frases que sinalo deixan un arrecendo que cualificaría de axitadoras dos que tiveron poder. Pois animan á xente que actue contra ó goberno actual. Aznar co seu chamamento á rebelión contra un goberno que, segundo algúns dirixentes populares, nunca debeu existir, daba un importante salto na escalada da confrontación política. E a derradeira que citei, dita por ese señor de pelo branco que intúe o que vai a pasar e inventa trolas, deixa ás claras a conivencia con algúns sectores da xustiza que hoxe están nas esferas do poder xudicial. Pois aínda que non o pareza o que dixo e vaticinou foi o que saíu. E aínda que o asunto ten miga e veremos como remata dentro dun tempo, esa maneira de actuar agocha que existen conexións cos que ditan sentencias. Ben sei que son frases que pasaran á historia dun pais onde non se fala e pola contra bérrase. Non se dialoga e ós adversarios políticos chámaselle inimigos. Un pais onde o monopolio do que é España so o ten unha parte. A outra metade son antiespañois que lle queren mal a esta terra, que pensan diferente e que non se pode falar con eles. Que tempo nos tocou vivir. Que tempo se aveciña onde as ideas máis retrogradas campan e os que se consideran españois de pura cepa préganse diante o Sr. Trump e a súa maneira de ver e mandar no mundo. Sempre se dixo que falar entre adversarios é positivo, máis hai momentos que, cando os que queren acabar coa democracia se agochan falándonos de que neste país goberna un autócrata e un ditador, chegou o momento de coidar e defender a liberdade. E iso é o que hoxe está en xogo. Polo que coidado coas frases que van cargadas con moita retranca e intencionalidade antidemocrática como algunha das que sinalei.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Manuel Herminio Iglesias
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















