A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Sempre houbo persoeiros, todos moi famosos, que mantiveron unha imaxe cara o exterior que era admirada por milleiros de persoas; mais dentro da súa vida privada, ou se o prefiren de portas a dentro da casa, actuaban como xente con moi poucos límites morais e éticos. Ou sexa, tiñan e vivían con dúas imaxes contrapostas. Poder e fama sempre foron xunguidos e, cando levas moito tempo desfrutando deles, pensas que es un deus intocable e pásanse da raia.

Nestes días que afloraron unhas denuncias por supostos abusos sexuais contra o cantante de música lixeira Julio Iglesias. E sen entrar no asunto desas denuncias, o certo é que o coñecido cantante nunha cantiga expresaba moi claramente como era a súa forma de vida e o que lles gustaba. Soy un truhan soy un señor… Yo amo a la vida, amo el amor… Me gustan las mujeres me gusta el vino y cuando puedo bebo y olvido”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta peza que escribiu Ramón Arcusa define perfectamente a esa estrela aínda que iso non implica que cometera delito algún. Julio acadou unha popularidade en todo o mundo vendendo millóns de copias dos seus discos. Ate esta parte pouco hai que dicir. Todos foron éxitos, premios, nome de rúas e prazas, contratos con diversas entidades políticas vendendo as fermosuras desta terra e doutras, e un longo etc. Mais despois das cousas que se escoitan nos medios sobor de supostas cuestións coas mulleres do seu servizo domestico, queda moi claro que este famoso vive nun tempo moi distinto o presente.

Pois se hai 50 anos ser un ligón e ter mulleres coas que facías e desfacías ó teu antollo, era un éxito e estaba ben visto dado que era aceptado dándoche unha áurea de triunfador. Nos tempos actuais as cousas, e consecuentemente a lexislación, mudaron e moito. Vivir tendo arredor ós que te louvan e te aplauden axuda a que perdas ó concepto da realidade social e sexas moi laxo nuns principios éticos que xa esqueciches, pois o éxito axuda a que vivas fora do acontecer no mundo.

Estou convencido que este asunto que afecta tamén a algúns políticos e a moitos máis artistas, e que está aínda moi agochado, co paso dos días sacará á luz moitos máis casos. Con todo, non importa que a xustiza española de inhiba por non ter xurisdición no asunto, pois seguro que na vida deste cantante, de agora en adiante, todo será distinto.

E aínda que non o queira, parte da súa personalidade queda un chisco tocada. A sociedade mudou na súa forma de pensar e de comportase coas mulleres; e por moito que diga o implicado ou por moitos capotes que lle lancen os amigos das farándula, de agora en adiante, todo será doutra maneira, dado que presentarse como un golfo xa non vende como nos anos setenta do século pasado. Posiblemente Julio debera tomar nota doutros cantautores que deixaron textos e cantigas con moito máis contido e calidade cás del, e que nos fixeron reflexionar sobor de moitos aspectos da nosa existencia. E estes músicos sempre levaron unha vida pública moi discreta e arredada dos focos e dos bicos roubados e forzados.

En fin, a faciana exterior dos deuses mediáticos agocha unha imaxe para o consumo moi distinta da real. Non todo é o que parece. Seguro que, co paso do tempo, sairán á luz moitos máis persoeiros que na súa vida teñen unha dobre faciana e derrubaranse imaxes e modos de vida que semellaban seren modélicos


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------